[Pontevedra] Acción solidaria cos 3 de Lleida

AlferRecibimos no correo electrónico e espallamos:

Onte pola noite (do 17 ao 18 de abril) atacamos con pintura o local da Academia Alfer na rúa Arcebispo Malvar de Pontevedra, a carón da Subdelegación do Goberno. Para a acción empregamos tarros de cristal que reciclamos do lixo e que enchemos de pintura para logo lanzalos contra a fachada do local, escachando os botes e liberando a pintura que quedou espallada pola vidreira. Pensábamos rachar coa vidreira a marteladas tamén pero o ruído alertounos de que viña alguén (preguntámonos que facía alguén pola rúa a esas horas!) que escoitara o barullo dos botes contra a fachada e tivemos que liscar. Outra vez será…

Eleximos este obxectivo porque a Academia Alfer dedicada á formación profesional ofrece diversos cursillos entre os cales están os cursos para preparar as oposicións a Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local e mesmo garda de seguridade privada ou axudante de Institucións Penitenciarias. Os seus carteis publicitarios anunciando estes cursos infestan a cidade, tentando á xente desesperada polo paro e a precariedade a procurar a solución aos seus problemas de cartos enrolándose nas filas do inimigo. Para nós, a policía é unha institución que representa todo o que odiamos e non existe xustificación algunha para pensar sequera en ser un deles, pero igualmente danos noxo ver como hai quen todavía presume de facilitarlle á xente o convertirse en mercenarios… Son os defensores do sistema de privilexios e miseria, de poder e opresión que vivimos obrigadas a soportar todos os días, e o brazo armado que permite ao Estado manter e impoñer a súa hexemonía e facer cumprir a toda costa as súas leis e normas. Para nós a Academia Alfer forma parte deste entramado represivo e lúcranse coa represión e a tortura nas rúas e cadeas do Estado español. Por este motivo foron atacados.

Queremos encadrar o ataque na Semana de solidariedade cos 3 compañeiros de Lleida que serán xulgados próximamente por amosar a súa solidariedade coa loita das persoas presas contra os malos tratos nas cadeas. A semana comeza hoxe (18 de abril) así que animamos a todas á realización de accións descentralizadas. Faixas, cartaces, pintadas, ataques, concentracións, actos para recaudar diñeiro para gastos xudiciais ou de posibles multas… que non se sintan sós!

Tamén saudamos a Mónica e Francisco, a Nahuel e á compañeira detida estes días en Barcelona. Cariño, ánimo e apertas!!

Que o medo non nos paralice! A acción libera!
Por unha primaveira chea de flores…

Merodeadoras Noctámbulas.

Advertisements

Unha resposta to “[Pontevedra] Acción solidaria cos 3 de Lleida”

  1. […] das persoas presas contra os malos tratos nas prisións españolas (dúas, que nós saibamos, un ataque con pintura contra unha academia que ofrece cursos de formación policial en Pontevedra e unha folga de fame de 3 días do preso en loita Juankar Santana) súmanselle as seguintes mostras […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: