Comunicado de Nais Contra a Impunidade perante o proceso represivo por denunciar a morte de Diego Viña nun cuartel da Guardia Civil de Arteixo

11001882_357550627780195_7492744573080014277_n

Compañeiras e compañeiros, o mundo do revés, o xulgado leva ao banquiño a  Nais contra a impunidade. Queren condenalas por pedir xustiza e esclarecemento pola morte dun rapaz de vintedous anos no cuartel da guardia civil de Arteixo.

O xuízo terá lugar o 6 de xuño nos xulgados de A Coruña ás 10 da mañá. Contamos co voso apoio. Non se pode castigar ás nais porque estamos en todo o noso dereito de pedir xustiza.

Ao longo destes anos vimos denunciando as torturas e mortes de moitas presas e presos, isto non lles interesa e por iso fan esta persecución contra as nais, para meternos medo e que non volvamos facelo. Así que hoxe, aquí, pido a vosa solidariedade e apoio para ese día. Querennos sacar de circulación, pero antes daremos caña.

Nais contra a impunidade

2 Respostas to “Comunicado de Nais Contra a Impunidade perante o proceso represivo por denunciar a morte de Diego Viña nun cuartel da Guardia Civil de Arteixo”

  1. […] Xs compas do CSO A Quinta da Carmiña (R/ do Carme nº 1, Vigo) organizan esta primeira Xornada contra a Impunidade, toda unha xornada de solidariedade e tamén de festa en beneficio das compas do colectivo Nais contra a Impunidade, que pronto terán que afrontar un xuízo (onde arriscan cuantiosas multas entroutras medidas represivas) pola súa loita contra os abusos nas prisións, e neste caso contra a impunidade da Garda Civil e polo esclarecemento inmediato da morte de Diego Viña no seu cuartel de Arteixo. Para atopar máis info en Abordaxe do caso contra Nais contra a Impunidade podedes clickar aquí. […]

  2. […] que adicarei umha entrada em dias vindouros e do que podedes lêr seu comunicado nesta entrada da revista anarquista Abordaxe; e aproveito para dar pulo a jornada contra a impunidade e em solidariedade com elas que , compas […]

Deixar un comentario