Ence fóra da Ría! Comunicado da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra

Anda Elnosa, nas últimas semanas, a explicarnos vía publicidade para que se emprega o cloro. Parece que algún xenio da comunicación e publicidade corporativas chegou á curiosa conclusión de que a veciñanza dos concellos da Ría é un tanto ignorante e descoñece os usos que o cloro ten, e quizá deduciu desa precipitada conclusión que esta ignorancia é a causa do rexeitamento á presenza de Elnosa en Lourizán.

Na APDR consideramos que Elnosa erra o tiro, as veciñas e veciños de Pontevedra, de Marín, de Poio… sabemos de sobra para que se usa o cloro. Mais non seremos nós quen aconsellemos unha empresa tan nociva e perigosa para o entorno no que a ditadura a ubicou…

Dá a impresión de que Elnosa quere imitar as artimañas da súa irmá máis grande, Ence, e tenta un lavado de cerebro colectivo a base de diñeiro nos medios de comunicación. É unha pena que estes esforzos non vaian encamiñados a buscar unha solución ao erro que supón ter esta quimiqueira no corazón da Ría de Pontevedra.

E é que hai uns anos Elnosa deu a entender que aceptaba, por fin, o seu traslado e que iniciaba unha negociación co goberno autonómico para buscar unha ubicación mais adecuada e racional. Lamentabelmente todo era un “paripé” da empresa que verte mercurio á Ría. Elnosa, tan vinculada por lazos familiares á Xunta do PP como Ence, nunca se caracterizou por ser unha empresa socialmente responsábel, e neste momento menos que nunca.

Porque Elnosa tiña unha boa oportunidade para buscar unha ubicación consensuada, nun emprazamento que non fose un perigo para as persoas que viven nas súas proximidades, garantindo a continuidade dos postos de traballo e mudando a súa tecnoloxía obsoleta e altamente contaminante (como obriga a UE).

Mais a esta empresa irresponsábel e prepotente nada lle importan a seguridade, o traballo ou o medio ambiente. Os seus directivos deberon “razoar” deste modo: para que imos procurar unha solución satisfactoria para todas as partes se podemos tentar impor os nosos intereses particulares por riba do ben común aforrando uns cartiños que nos veñen moi ben para repartir entre nós? E deron comezo a unha campaña de chantaxe e propaganda na que tampouco dubidan en utilizar como carne de cañón as e os traballadores.

Desde a APDR queremos insistir en que Elnosa, que ten que rematar a súa actividade este ano, ten que sair de Lourizán xa. Contamina a Ría con mercurio, a súa ubicación é un perigo real demostrado en máis dunha ocasión e forma parte do mesmo problema que Ence supón para a recuperación ambiental da Ría e para desenvolvermos un modelo económico racional baseado nos recursos que a Ría ofrece.

Sabemos que pretenden pasar por riba da oposición veciñal e das atribucións do Concello de Pontevedra e non o imos consentir, tanto ten os trucos ou as amizades políticas que tente utilizar no seu favor, a mobilización e a presión en todos os frentes conseguira que Elnosa abandone a Ría. Podería ter sido polas boas, mais Elnosa non quixo, o problema é seu…

Elnosa e Ence fóra da Ría!

Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, abril de 2016

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: