Comunicado sobre a última operación represiva en Barcelona

cartel

Comunicado sobre a última operación represiva en Barcelona e en solidariedade coa compañeira encarcerada na prisión de Soto del Real:

O pasado mércores día 13 de abril ás 5 da mañá iniciabase unha operación dos Mossos d’Esquadra na que se rexistraron dous domicilios particulares e un centro social do barrio de La Salut, «Los Blokes Fantasma», onde se retiveron durante doce horas a unha vintena de persoas que viven no edificio.

Ademáis do saqueo e destrución que acompaña a todos os rexistros policiais, na operación resultou detida unha compañeira que xa estivo encarcerada a raíz da Operación Pandora, e sobre a que pesaba desde o día 11 de abril unha orde de detención europea baixo a acusación de participar en expropiacións a entidades bancarias en territorio alemán.

Despois do seu traslado á Audiencia Nacional española, o xuíz Eloy Velasco ordenou o ingreso en prisión preventiva para a nosa compañei8ra, que foi trasladada ao centro penitenciario de Soto del Real. Dado que tamén está imputada no proceso Pandora (actualmente en fase de instrución) e que ela mesma manifestou a súa vontade de non ser extraditada, a nosa defensa pediu un “condicionamento” á orde europea de extradición, reclamando que cumpra prisión preventiva no Estado español a espera de celebrar o xuízo que lle agarda. Nun prazo máximo de 2 meses (prorrogable un mes máis), a Audiencia Nacional tería que resolver se suspende temporalmente ou entrega á nosa compañeira ás autoridades alemanas. A partir das novas publicadas na prensa alemana puidemos saber que se lle atribúe unha expropiación sucedida fai 2 anos na localidade de Aachen, durante a cal -sempre segundo a prensa- o grupo asaltante levouse unha importante cantidade de diñeiro da entidade bancaria sen causar ningún ferido nin dano persoal.

Sexa a que sexa a evolución do proceso xudicial, queremos amosar públicamente o noso apoio á compañeira, reivindicando como nosos os seus obxectivos políticos revolucionarios, a súa loita e a súa actividade militante. Quen a coñecemos ben sabemos que gañou a pulso a solidariedade de todas. Estamos falando dunha persoa loitadora e anarquista, activa desde fai anos en varios proxectos antirracistas, feministas e libertarios de Barcelona, sempre solidaria coas persoas perseguidas, sempre disposta a axudar onde poida facélo, sempre a pe de rúa, sempre xenerosa, alegre e sorrinte coas que ten perto, sempre intransixente e firme contra todo aquilo que percibe como inxusto.

O intento mediático de convertila nun perigo público non podería resultar máis perverso. Sobre todo cando esta operación de manipulación mediática implica presentar como vítimas aos bancos, nunha inversión total da realidad que dignifica a aqueles que nos rouban, exprimindo, estafando, desafiuzando e recortando impunemente durante anos, mentres criminalizan a quen se rebela contra a súa orde e se atreve a atacalos. Para nós é indiferente se a compañeira é realmente responsable ou non destes atracos. A expropiación bancaria es unha práctica éticamente xusta e políticamente lexítima, un método de loita que forma parte da historia de todo movimento revolucionario. En efecto, a pesar dos intentos constantes por parte do Poder de reducir este método ao ámbito do ”crimen común”, movido polo interese e a avaricia individual, o certo é que a expropiación aos lugares de acumulación de capital é unha constante na nosa historia: desde os grupos anarcosindicalistas que a principios do século XX roubaban bancos para soster as folgas ou axudar as familias das compañeiras presas, ata os diversos grupos autónomos dos anos 70-80 como o MIL, a OLLA ou a ERAT (formada por traballadores da SEAT) que desviaban o diñeiro acumulado por ricos aos varios proxectos das explotadas en loita, pasando polos grupos de maquis como os de Sabaté ou Facerías, que na posguerra praticaban atracos para financiar a resistencia ao réxime franquista. A expropiación, tanto na vertente de expresión táctica dunha loita política xeral, como na forma de bandidismo social na que se recupera aquilo que os bancos nos rouban para liberarse das cadeas da explotación laboral e do paro, non nos parece algo reprobable, senón máis ben todo o contrario. Que haxa xente que se farte de ser sistemáticamente mangoneada e exprimida pola mafia legalizada confirma que ”non somos mercadoría en manso de políticos e banqueiros” e que a condición humana resistese a aceptar sumisamente a ditadura do capital sobre as nosas vidas.

A cacería policial e mediática despregada a raíz destes atracos en Alemaña non nos ten que facer perder a perspectiva nin confundirnos de inimigo. O verdadeiro perigo público é o Poder representado por criminais como Wolfgang Schäuble e Angela Merkel, o Poder que non valeirou un par de caixas fortes, senón a riqueza social de pobos e territorios enteiros. Es el poder de las élites transnacionales que han abocado a millones de personas a la miseria para impoñer as medidas de austeridade funcionais ao seu proxecto neoliberal e imperialista. A detención da nosa compañeira é soamente un motivo máis para combatir a estas élites e o sistema que representan, un sistema únicamente movido pola acumulación de diñeiro nunhas poucas mans a expensas do sufrimento, a desposesión e a explotación do resto. Nin a persecución policial nin a propaganda masiva do réxime poden ocultar o que xa é evidente para todo o mundo, e é que, como dixo o poeta, qué delito é roubar un banco comparado con fundalo?

Liberdade inmediata para a compañeira!

Paremos o proceso de extradición!

Solidariedade co CSO Blokes Fantasma e con todas as loitadoras perseguidas!

Mentres exista miseria, haberá rebelión!

Compañeiras da encarcerada desde Barcelona
15 de abril del 2016

Advertisements

2 Respostas to “Comunicado sobre a última operación represiva en Barcelona”

  1. […] dias vim a saber (graças ás compas de Abordaxe) do caso dumha companheira anarquista residente em Barna que foi detida, há hoje umha semana, pola […]

  2. […] dias vim a saber (graças ás compas de Abordaxe) do caso dumha companheira anarquista residente em Barna que foi detida, há hoje umha semana, pola […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: