[Francia] Disturbios en Montreal-Nord por un novo asasinato policial racista

Segundo informaron medios autónomos de Francia, a semana pasada Jean-Pierre Bony, un rapaz negro que vivía na zona norte de Montreal foi asasinado pola policía. Isto motivou diferentes protestas entre as cales destacou unha movilización o mércores pasado que derivou en ataques á policía, destrozos en comercios, bancos e unha comisaría, pintadas e vehículos incendiados. A continuación vai unha crónica do acontecido esa noite, tirada e traducida dende Montréal Counter-Information (a onde chegamos dende o blogue La Rebelión de las Palabras, que traduciu ao castelán):

::Carros queimados Montreal Nord

A semana pasada, a policía asasinou a Jean-Pierre Bony en Montreal-Nord, outra persoa negra máis asasinada polos axentes da supremacía branca. O mércores pola noite, a data do cumpreanos de Freddy Villanueva – asasinado pola policía en 2008 e vingado con dúas noites de disturbios en Montreal-Nord – unha manifestación en resposta ao asasinato de Jean-Pierre Bony convertiuse nuns disturbios contra a policía.

Coma se esperaba, os medios regurxitaron o mito dos “axitadores exteriores”, xusto como fixeron durante os disturbios por Oscar Grant en Oakland, e na recente rebelión en Ferguson, perpetuando a mentira da incapacidade das persoas negras para actuar por sí mesmas.

Estivemos rebosantes de alegría de ver á xente que vive en Montreal-Nord iniciar un fero ataque contra a policía. Furgonetas e cámaras dos medios foron esnaquizadas, e todo coche de policía á vista foi atacado con pedras, patas de cabra e bombas de fume. Cando a policía se estaba agochando, a xente decidiu ir á comisaría. Polo camiño, as vidrieiras de numerosos negocios así como dun banco foron escachadas (cun incendio máis adiante iniciado dentro) e a pracenteira destrucción da comisaría desenvolveuse durante vinte minutos. O posto foi evacuado preventivamente, e escoitamos á xente berrando “a policía ten medo de nós agora!!” mentras cada xanela da comisaría foi atravesada por pedras lanzadas contra ela.573f9fbf-3000-4218-9cd4-7bf4aa8e4b0d_ORIGINAL

Cando un policía antidisturbios solitario (non pillou a idea?) tentou intimidar á xente para non entrar no aparcadoiro, foi atacado e un martelo foille lanzado mentras escapaba, dando a cada unha carta branca para destruir todos os coches tamén.

Cando a policía antidisturbios moveuse a regañadentes para salvar o que quedaba da súa esnaquizada comisaría, foron recibidos con pedras e pirotecnia. Mentras a xente retirábase de novo cara as rúas residenciais, polo menos seis coches foron incendiados.

Coma anarquistas, participamos nestes momentos para apoiar estes valentes actos de raiba e rebelión. O que pasou a noite do mércores continúa volvendo ás nosas mentes, quentando os nosos corazóns e inspirando a nosa loita contra a policía nos nosos propios contextos. A complicidade que sentimos coa xente que nos atopamos nas rúas de Montreal-Nord chámanos a saír das nosas pandillas e sobrepasar as fronteiras formadas na nosa cidade e nas nosas cabezas pola orde social racista.

Así que esta noite escribimos o nome de Jean-Pierre Bony en varios paneis de publicidade xigantes na cidade xunto a imaxes de coches de policía ardendo, porque “a memoria está viva, e lista para golpear”.

Nunca olvidamos. Nunca perdoamos. O lume segue ardendo en nós.

Comisaría atacada Montreal Nord

Valla publicitaria 1

“Fode á policía / RIP Jean-Pierre Bony”

Valla publicitaria 2

“Descansa En Forza, Jean Pierre Bony / A memoria está viva e lista para golpear / Disturbios, non manifestacións”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: