[Francia] Cartaz “Contra o seu mundo de escravas e miseria… envolvámonos no camiño da revolta!”

Por considerar que fai unha reflexión interesante sobre a sociedade capitalista e o noso papel como explotadas dentro da mesma, e sobre o traballo e a obediencia, a falta dunhas semanas para un novo 1 de maio recollemos e traducimos o seguinte cartaz publicado orixinalmente en Indymedia Nantes e que foi difundido e colado nas rúas de Besanzón (Francia) o pasado 9 de marzo, no contexto das movilizacións populares contra a nova “Lei de traballo” (unha reforma que está causando intensas tensións sociais ao longo deste último mes que tradúcense en enfrontamentos coa policía, masivas manifestacións e actos descentralizados de sabotaxe contra institucións do goberno, das patronais ou de responsables da economía).

::::

image-1

CONTRA O SEU MUNDO DE ESCRAVAS E MISERIA…

Fronte á nosa pasividade e a nosa resignación, o Estado está a preparar sempre máis proxectos desagradables e humillantes. O soño dos ricos e daqueles que aspiran a un mundo de riqueza e explotación é vernos escravizándonos sen pestañear para o seu beneficio, nós, que somos obrigadas a aceptar calquer traballo para sobrevivir. Traballando da man cos xefes, o Estado quere facernos esta “vida” aínda máis insoportable.

As varias leis que o poder busca facernos tragar apuntan a alienarnos aínda mais e obrigarnos a aceptar a fundación da súa podre sociedade baseada na explotación e a guerra de todas contra todas: entre aquelas que traballan e aquelas que non; as pobres desempregadas e aquelas sen papeis fuxindo das guerras e da pobreza, liberándose de fronteiras ultra-seguras e enfrontándose aos cans gardas do Estado. Todas estas divisións entre explotadas, un mero reflexo deste mundo-prisión competitivo polo que o Poder traballa cada día, son todas barreiras que rachar.

Fronte á humillación diaria e a miseria deste sistema, algunhas absorben montóns de drogas, legais ou ilegais, ou suicídanse para fuxir das condicións de sumisión e opresión nas que a dominación nos mantén. Con todo, a gran maioría cumpre con esta noxenta existencia lambendo o cú dos propietarios ou bebendo os seus valores (chivateo, diñeiro, propiedade, racismo etc…), outras rebélanse individualmente ou coma unhas poucas, atacando e destruíndo parte do que constitúe a riqueza dos explotadores.

Continuaremos agachándonos, seguindo coma ovellas o máis leve asubío dos sindicatos, primeiros socios (colaboradores!) do Estado, sempre negociando con que salsa seremos servidas? Marchando unha e outra vez detrás de faixas e eslógans reformistas, ao longo dunha ruta completamente trazada pola policía?

Non hai maneira de ficar no lugar, dende o noso fogar á rutina, das estacións de tranvía aos supermercados e aos centros comerciais, todo no medio dun urbanismo acuartelado baixo os ollos de policías pagados para controlarnos e arruinar a nosa existencia. Deixemos de sufrir de tranvía en tranvía diario. Bloquemolo todo.

Se nós saímos ás rúas non será só para opoñernos a unha lei que consolida as cadeas que conectan ás explotadas e oprimidas cos xefes e amos deste mundo. Nun momento no que o Poder está cubrindo todo o territorio cos seus uniformes cada vez máis fortemente armados, agora é o momento de saír ás rúas para rexeitar ser reducidas á condición de escravas

É inútil meditar e queixarse, incluso nas nosas propias áreas ou nas redes sociais. É hora de actuar, organizarnos por nós mesmas, sempre tendo en mente facer o maior dano ao inimigo, é necesario permanecer impredecibles, espontáneas e incontrolables.

Renovemos as vellas prácticas revolucionarias que abandonamos durante tanto tempo: A folga salvaxe, o bloqueo, a sabotaxe e se cadra mais…

Ningún compromiso con aqueles que nos declaran a guerra!

… ENVOLVÁMONOS NO CAMIÑO DA REVOLTA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: