Sobre os acontecementos actuais na cuestión migratoria

Texto da Asemblea de Anarquistas para a Intervención na Universidade (Grecia), publicado na súa páxina web.

A guerra que están a facer os soberanos do mundo para someter e saquear aos pobos do Próximo Oriente ten unhas consecuencias sociais e ambientais que son infinitas e irreversibles. Este feito leva grandísimas reclasificacións xeopolíticas, xa que poboacións enteiras vense obrigadas a vivir en condicións de pobreza, indixencia, enfermidades e morte, mentres que unha boa parte delas vese forzada a abandonar os seus fogares buscando unha vida mellor no interior do «paraíso capitalista» das sociedades occidentais. Así que se crean masas de persoas indixentes que se dirixen ao oeste e ao norte de Europa. Moitas destas persoas nunca logran chegar ao interior da Europa-fortaleza, xa por ser asasinadas nas súas fronteiras férreas, xa por afogarse ao naufragar os barcos lixo que tratan de atravesar o Exeo ou o Mediterráneo. Por suposto, os que conseguen chegar a Europa, rápido danse conta de que o paraíso co que soñaban non é máis nada que un inferno de explotación cruel, represión, racismo e morte, xa que son usados como man de obra barata nos calabozos laborais do Capital.

A imaxe dos estados-nacións modernos lembra parcelas rodeadas de aramados, exércitos e medios de vixilancia avanzadísimos, as cales son accesibles aos inmigrantes perseguidos segundo as necesidades dos patróns e segundo as correlacións políticas e económicas. A historia ensinounos que cando o Capital necesita man de obra barata para conseguir baixo custo de produción, as fronteiras están abertas para os inmigrantes (o caso dos Xogos Olímpicos, o caso dos invernadoiros e as plantacións de Manolada, o caso da Copa Mundial de Fútbol, etc.), mentres que cando deixan de ser útiles son conxestionados, a modo de mercadoría excedente, en hotspots-campos de reclusión, ou son enviados aos seus países de orixe.

Na conxuntura actual os patróns dos estados europeos, tendo á súa disposición a cantidade necesaria de proletarios procedentes de varios países, seguen unha estratexia de frear os fluxos migratorios cunha serie de pactos (acordos) interestatais anti-migratorios. Co peche definitivo dos camiños de entrada balcánicos por parte dos estados dos Balcáns (facendo caso omiso da decisión da conferencia cume da Unión Europea), creouse un ambiente de tensión máxima, cunha orientación claramente anti-migratoria: Desde as fragatas da OTAN navegando no Exeo para mandar aos refuxiados á costa turca, e a negativa de recoñecer aos afgáns como refuxiados, ata o tratado entre a Unión Europea e Turquía, a creación de quince novos hotspots, e os últimos atentados terroristas de ISIS en Europa.

É crucial o papel do Estado turco, xa que segundo o tratado que asinou coa Unión Europea, os refuxiados que soliciten asilo político, permanecerán en territorio europeo como reféns en campos de reclusión (concentración). A recompensa polos servizos que presta á Unión Europea é recibir moitos fondos, o apoio militar da Unión Europea e da OTAN na guerra que está a facer para reprimir a resistencia kurda, así como o intercambio dos que solicitan asilo político cos refuxiados que xa se atopan nos campos de reclusión turcos. Polo outro lado, os últimos atentados de ISIS van crear en Europa un estado de emerxencia de alto nivel de alerta, o cal será insoportable para a cotidianidade de nativos e inmigrantes. Estes atentados reforzan á clase podente, xa que son os puntos de arranque para o inicio de campañas «anti-terroristas», en nome da súa seguridade e do restablecemento da orde. A aplicación de leis antisociais e anti-obreiras extremas, a forte presenza militar nas rúas das metrópoles, a mellora dos mecanismos represivos e os medios de vixilancia, e as novas políticas anti-migratorias, son unhas mostras da índole desapiadada do estado de emerxencia que viola todos os dereitos conquistados e calquera sentido de liberdade.

Nós, como parte dos de debaixo da pirámide social, habemos de mostrar a nosa solidariedade de clase cos inmigrantes e os refuxiados, dunha maneira organizada e na práctica, recoñecéndoos como compoñente integral da nosa clase. Tendo como medios desta solidariedade as iniciativas auto-organizadas e horizontais (okupas de teito, colleita de artigos de primeira necesidade, ambulatorios sociais, e.tc.) e demandando fronteiras abertas, a libre circulación e «papeis» para todos os que queiran instalarse permanentemente, non debemos deixar a ningunha persoa oprimida sen axuda, soa en mans do Estado. A nosa resposta a todos os patróns ten que ser a colectivización das nosas respostas e a concientización dos nosos intereses comúns (entre nativos e inmigrantes).

As fronteiras da Europa-fortaleza están tinguidas co sangue dos inmigrantes. A organizar a solidariedade de clase cos inmigrantes e os refuxiados. Loitas comúns de nativos e inmigrantes contra a barbarie do Estado e do capitalismo.

Asemblea de Anarquistas para a Intervención na Universidade

Fonte: Verba volant

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: