[Grecia] Reivindicación de ataque incendiario contra vehículo diplomático por “Marxistas Indomables”

Recollemos e traducimos dende o inglés publicado en Act For Freedom Now! esta reivindicación do ataque incendiario contra un vehículo diplomático no barrio de Pagrati, Atenas, o pasado 29 de marzo. O acto reivindícase en solidariedade co anarquista membro de Loita Revolucionaria Nikos Maziotis e cos compañeiros Giorgos Petrakakos e Antonis Stamboulos xa que os tres foron condenados recentemente a novas sentencias no segundo xuízo contra Loita Revolucionaria (Stamboulos e Petrakakos negan a súa pertenza á organización pero foron condenados igualmente coma presuntos membros da mesma) e coa anarquista prófuga e tamén membro de Loita Revolucionaria Pola Roupa, quen intentou sen éxito liberar a presxs políticxs anarquistas mediante un asalto en helicóptero á prisión de Koridallos

BALTIMORE, MD - APRIL 27: Two cars burn in the middle of an intersection at New Shiloh Baptist Church on April 27, 2015 in Baltimore, Maryland. Riots have erupted in Baltimore following the funeral service for Freddie Gray, who died last week while in Baltimore Police custody. (Photo by Andrew Burton/Getty Images)

Na madrugada do martes 29 de marzo, no barrio de Pagrati na rúa Nikosthenous incendiamos un coche diplomático con matrícula DS-66-8. O vehículo foi completamente destruido e o noso acto foi completamente ocultado polos medios policiais.

Este acto é unha mínima resposta ás conviccións dos nosos compañeiros, Nikos Maziotis, Antonis Stamboulos e Giorgos Petrakakos, dende a corte especial de Korydallos. As sentencias exterminadoras impostas sobre eles teñen un dobre propósito, por unha banda rachar a moral combativa dos nosos compañeiros e pola outra aterrorizar a partes do movemento que actúan ou pensan en actuar fora do marco da legalidade burguesa.

Na actual coxuntura, onde partes do movemento defenden as súas estructuras por todos os medios contra o capital “legal” e “ilegal”, as intencións iniciais do réxime caeron xa en oídos sordos. Nós continuamos e organizámonos en unións, estructuras solidarias, colectivos, grupos de acción directa para a defensa dos intereses da nosa clase.

SOLIDARIEDADE COA REVOLUCIONARIA POLA ROUPA!
LIBERDADE AXS PRISIONEIRXS POLÍTICXS!
LOITA POLA REVOLUCIÓN SOCIAL POR TODOS OS MEDIOS!

Marxistas Indomables.

PD: No que respecta ao dano material causado aos dous coches que estaban aparcados enfronte e detrás do vehículo diplomático, aclaramos que algo coma iso nunca foi a nosa intención…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: