Comunicado dxs organizadorxs do Encontro anarquista do libro de A Guarda

Recibimos no correo e espallamos esta nota do colectivo organizador do Encontro anarquista do libro de A Guarda, informando de que este ano, tristemente, o evento non terá lugar, ou polo menos, non na súa data habitual:

Boas a todxs!niña leyendo

Moi ao noso pesar dende a organización do Encontro anarquista do libro de A Guarda (Galiza) lamentamos informarvos que este ano non se vai celebrar o encontro, ou polo menos, na súa data habitual. Non é debido a falta de ganas, senón máis ben intentando facer un traballo interno de revisión das nosas forzas e coidados, tentando crear un encontro máis consciente en futuras edicións.

Iso si, podemos dicir que dende o noso punto de vista consideramos este tipo de encontros moi interesantes e frutíferos para a creación e mellora das nosas relacións e para o “pobo” en xeral, e sobre todo, o poder sacalos á rúa para saír do “ghetto” aumentando se cadra así, a súa influencia. Como acostumabamos salientar cremos que “representa unha ferramenta necesaria para a difusión do ideal antiautoritario e o intercambio de material ideolóxico e persoal, contribuíndo á destrución das relacións de dominación e explotación que actualmente rexen as nosas vidas”.

Polo demais, só comentar que cando fai catro anos decidimos comezar con este evento, polas nosas testas rondaba a idea de facer que cada ano se fose movendo por diferentes vilas e cidades, polo que se algún colectivo ou grupo de persoas se vise con forzas, estaremos encantadxs de botar unha man á hora de organizar e currar para que todo saia o mellor posible.

Estade atentxs a próximas comunicacións, e coma sempre, sabedes que existe a posibilidade de aportar propostas de mellora, posibles cambios, críticas, recomendacións, temas a tratar, posibles presentacións ou palestras e todo tipo de colaboracións.

Contacto: acarosbaixominho@riseup.net

En liñas xerais estamos satisfeitxs co desenvolvemento dos encontros que se foron levando a cabo e coa asistencia aos mesmos, creando e fortalecendo lazos entre todxs. Sen máis, unha forte aperta a todas as persoas que pasaron por A Guarda e botaron unha man para que todo saíse o ben que saíu. Vémonos nas rúas!

Advertisements

3 Respostas to “Comunicado dxs organizadorxs do Encontro anarquista do libro de A Guarda”

  1. Cando as palabras máis que aclarar, retorcen as cousas Says:

    Pufff, máis que aclararme deixame dúbidas.

    “Non se vai facer, pero se vai facer”. “Estamos intententando crear un encontro máis consciente, pero igual nos da que o fagan outras”. “Temos ganas de facélo pero convidamos a quen queira que o faga e botamos unha man…”

    Desculpade a molestia, ao mellor é que ando moi lenta, pero fáiseme un tanto ambigüa e contraditoria a vosa comunicación.

  2. Igual somos nós, que este tipo de comunicados nom se nos dam mui bem hehe.
    Nom se vai fazer, polo menos em abril, tampouco se descarta a possibilidade de realiza-lo máis adiante, aínda que pessoalmente nom creio.
    Abrimos a posibilidade (como quando iniciamos) de que calqueira coletivo ou individualidades asuman a súa organizaçom, e neste caso estariamos encantadxs de botar umha mao. Nós, nom o fazemos nom por falha de ganas, senom porque carece de sentido realiza-lo sem ter um trabalho interno antes no que se deixem claras as nossas inquedanzas. Fazer as cousas por fazer melhor nom, nom?
    Agardo ter aclarado as túas dúvidas. Um saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: