Prohíbenlle a Noelia Cotelo ler un libro de Emma Goldman por “razóns de seguridade”

As denuncias de vulneracións sistemáticas dos dereitos humanos dos presos e presas no Estado español transcende as fronteiras e é recollido por organizacións e movementos de dereitos humanos, neste caso de América Latina. O xornalista arxentino, Óscar Castelnovo, director da Axencia Para A Liberdade, recolle a denuncia sobre Noelia Cotelo e publícaa no seu medio de comunicación. Agora, nós recollemos de Portal Libertario Oaca, traducimos e difundimos.

Solidariedade con Noelia e con todxs xs presxs en loita! Abaixo os muros das prisións!noelia_cotelo_liberta78

A militante anarquista Noelia Cotelo, cautiva en Topas, Salamanca, leva máis de 8 anos de cárcere. Marchou presa para cumprir só 1 ANO e MEDIO DE PRISIÓN. O tempo restante corresponde a causas internas por non mostrar submisión ante as brutais vulneracións de dereitos que desprega, profusamente, o fascismo español nos sitios de peche. A súa rebeldía e a actitude fronte aos torturadores xeraron un vendaval de solidariedade en diversos sitios do mundo. Recentemente, os carceleros prohibíronlle o ingreso do volume “Vivindo a miña vida”, de Emma Goldman, quen naceu en Lituania e foi unha muller adiantada á súa época. Desde a súa chegada a Nova York como costureira aos 20 anos de idade procedente da Rusia zarista ata o seu paso polos enclaves socialistas do Lower East Side de Manhattan, consagrou a súa vida ao activismo e a axitación pública. Tivo unha influínte presenza en distantes acontecementos políticos tales como a Revolución Rusa e a Guerra Civil española. “Vivindo a miña vida” é unha das grandes biografías do século e un fascinante relato dunha época de turbulencias políticas e ideolóxicas. Os seus escritos e conferencias abarcaron unha ampla variedade de temas, incluíndo as prisións, o ateísmo, a liberdade de expresión, o militarismo, o capitalismo, o matrimonio, o amor libre, o control da natalidade e a homosexualidade; desenvolvendo mesmo novas maneiras de incorporar a política de xénero no feminismo e o anarquismo.

A dispersión, coñecida como “a calesita” na Arxentina, levou a Noelia a estar detida en varios cárceres do Estado español. Entre elas, Teixeiro, en Galicia, Brieva, en Ávila, Picassent en Valencia, Albolote, en Granada, Soto del Real en Madrid, Mansilla de las Mulas en León e Topas en Salamanca. Nunha delas, o Centro Penitenciaro de Brieva, un carceleiro rompeulle a boneca en 2013. Coa boneca rota, medicada con psicofármacos e esposada á cama, durante a madrugada, outro carcelero chamado Jesús, que participara na agresión anterior, tentou abusar sexualmente dela. Noelia denunciou estes feitos, pero este carceleiro, ao verse sorprendido polo balbordo ocasionado entre as demais internas, puxo unha contradenuncia na que aseguraba que foi ela quen tentou agredirlle. A denuncia desta violación só conseguiu que se agravase a súa situación dentro do cárcere, someténdoa a un illamento máis estrito e repartindo entre as demais internas as súas mantas e roupa de abrigo. Foi entón que, Noelia, pola súa denuncia destas violacións e torturas, foi trasladada o penal de Albolote (Selecta), a máis de 1000 km. da súa terra, Galicia. Logo comezou outra folga de fame como forma de loita ante os ataques que estaba a sufrir en Albolote relacionados co trato irrespetuoso dunha carcelera, problemas co carteo e sancións sen sentido

Ante os reiterados ataques á vida de Noelia a través de golpes, a medicación forzada con metadona, desatención médica e sometemento ao Ficheiro de Internos de Especial Seguimento (FIES), tortura máis intensa e illamento estrito, desde as Colectivo Mulleres Libres de CNT Zaragoza, esixiron:

– Que se investiguen os abusos sexuais sufridos por Noelia no cárcere de Brieva, así como as lesións e torturas ás que foi sometida e que se depuren responsabilidades.
– Que non haxa carceleiros homes nos módulos e cárceres de mulleres para que non se volva a repetir nunca ningún episodio de violencia machista, vexación nin ningún ataque sexual máis.
– Que se termine coa impunidade e complicidade de médic@s, xuízas/ces, psicólog@s, asistentes sociais e demais funcionariado acólito destas prácticas.
– Que se terminen dunha vez por todas os malos tratos e as torturas como instrumento sistemático e cotián empregado polos carceleros para facer funcionar a maquinaria penal.
– Que se termine coa dispersión como forma de extorsión da política fascista do Estado español.
– Que desaparezan os cárceres e o sistema penal que o sustenta como castigo punitivo do Estado ao servizo do réxime de dominación e explotación capitalista.
– A inmediata posta en liberdade da compañeira Noelia Cotelo.

O fascismo segue vivo en España

Sobre a prohibición do libro, a nai de Noelia, Lola Riveiro Lois, afirmou: “Non entendo como nun Estado democrático, como din que é España prohíbenlle axs presxs ter libros para poder ler, hoxe devolvéronme un libro e no cal poñen “POR RAZÓNS DE SEGURIDADE”. Están a anular totalmente axs presxs, eu pregúntome isto é democracia ou é máis tortura?, quero darvos as grazas a todxs que con gran esforzo fixéchesme chegar eses libros, xs carceleirxs agora están a exercer de xustizeirxs . Son a xustiza, fan o que lles dá a gana. Eu non entendo se os libros teñen depósito legal por que non se poden ler?”.

As prohibicións de aparencia absurda. As leis represivas, a persecución a loitadorxs, sindicalistas, xornalistas e os cárceres de mala morte en España, exhiben que o fascismo continúa robusto exercendo toda a súa crueldade co pobo máis vulnerable. A Noelia castígana pola súa loita inclaudicable contra o réxime monárquico-capitalista, onde os reis, políticos e xuíces conforman unha clase parasitaria e opresora. Asasinan elefantes e devastan seres humanos. Por iso resulta perigoso o libro de Emma Goldman en mans dunha loitadora como Noelia. Porque foi Emma quen dixo: “Un cambio social real nunca foi levado a cabo sen unha revolución. Revolución non é senón o pensamento levado á acción”.

Liberdade a Noelia!

Óscar Castelnovo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: