A Audiencia Nacional declara o sobreseimento libre da causa por posesión de explosivos con fins terroristas contra Adrián Mosquera e Hétor Naia
A Audiencia Nacional decretou o sobreseimento libre da causa para os dous acusados de posesión de artefactos explosivos con fins terroristas, Adrián Mosquera e Hétor Naia, tras apreciar a excepción de cousa xulgada ás defensas. Esta excepción foi formulada pola defensa mediante un artigo de previo pronunciamento ante a Sala do Penal, Sección Primeira, tras ter recibido o demoledor escrito da acusación polo cal a Fiscalía pedía unha pena de oito anos de prisión, nesta nova causa aberta a raíz dunha testemuña oral de Xurxo Rodríguez a petición da fiscalía(cabe lembrar que Xurxo Rodríguez é a única persoa que afirmou formar parte da organización “Resisténcia Galega”, a cambio dunha rebaixa da condena).Tras unha breve vista na que a defensa ratificou o seu escrito e rebatiu a impugnación da Fiscalía, o 30 de marzo a Sala comunicou a estimación da cuestión de previo pronunciamento. En consecuencia, Adrián e Hétor non poderán ser procesados por este delito nunca máis, manténdose as condenas que xa pesaban sobre eles.
Informan:
Colectivo de Apoio a Senlheiro
Abril 5, 2016 ás 9:43 am
[…] soubem da feliz notícia publicada ontem em Abordaxe e assinada conjuntamete polo Colectivo de Apoio a Senlheiro e mais o Colectivo Hip Hop Ateneu (do […]
Abril 5, 2016 ás 8:38 pm
[…] publicada ontem em Abordaxe e assinada conjuntamete polo Colectivo de Apoio a Senlheiro e mais o Colectivo Hip Hop Ateneu (do que Senlhe forma parte) segundo a qual a AN nom lhe quedou outra que decretar o sobrestamento […]