[Santiago de Chile] Breve relato do acontecido o “Día do Xoven Combatente” na rexión metropolitana de Pudahuel

Desde as entrañas da “pobla”[1], saímos a lembrar con acción violenta antipolicial á mocidade combatente caída en distintos anos e contextos. Axs irmáns Vergara Toledo, a Jhonny Cariqueo, ao Pelao Angry entre tantxs…

As conciencias antiautoritarias atopámonos na loita de rúa, difusa e multiforme, onde se extendía tamén a mocidade delincuencial encarapuzada procurando atentar contra o “paco bastardo”[2]. Na mesma trincheira, con clara distancia e diferencia con máis dalgunha, mantivemos a pelexa durante longas horas.

Desde a marxinalidade levantáronse barricadas de lume, arrasouse con propiedade pública e privada e xs policías sentiron como unha e outra vez eran atacados pola multitude desenfrenada na clásica esquina de Laguna Sur con La Estrella. As mesmas rúas que se encheron de sangue pola morte do “paco”[3] Cristian Vera no ano 2007. Ou acaso o esqueceron? Parece que estes cans do capital queren gozar da mesma sorte que o seu colega.

Xa culminou o 29 de marzo, é o noso deber continuar coa loita acotío. Nas vésperas, como no mesmo Día do Xoven Combatente demostrouselle ao poder e axs seus gardas que non poden ficar tranquilxs. Aínda que cada ano a prensa servil intente baixar o perfil dicindo a mesma merda de sempre, xs bastardxs saben que xs insurrectxs afinámonos máis en cada ataque, mentres a delincuencia descentralizada tamén os pon en xaque.

Alén de criticar, compartir e/ou rexeitar varias condutas e prácticas, así é a realidade, ninguén a pode ocultar, nin a pode negar.

Polxs caídxs de onte, de hoxe. Polxs que virán…
¡MOCIDADE COMBATENTE: INSURRECCIÓN PERMANENTE!

[1] NdT: refírense aos seus núcleos de poboación

[2] e [3]NdT: cando falan de “pacos” refírense a policías

 

Traducido por B. Castrón para Abordaxe

Fonte da nova: vozcomoarma.noblogs.org

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: