A propósito do conflicto con Servicarne: CNT e o Especismo

Recibimos no correo electrónico e compartimos esta reflexión sobre a persistente actitude especista da CNT, a propósito da recente implicación deste sindicato na defensa das traballadoras e traballadores de Servicarne en Valencia:

—-

servicarne_ourense1_0Recentemente soubemos do conflicto que o sindicato CNT mantén contra a cooperativa de produtos cárnicos Servicarne, iniciado a raíz de que tres traballadorxs da cooperativa fosen apartadxs do seu posto de traballo en Valencia e trasladadxs a Ourense por mor da represión da empresa pola súa filiación e actividade sindical. Enterámonos a raíz das movilizacións que a decrépita CNT levou a cabo contra a empresa na pranta de Ourense.

Este feito non nos sorprende, xa que estamos ben afeitas a ver como na CNT se reproducen de xeito hilarante e vergoñento as dinámicas especistas. Dende a filiación de matarifes e doutrxs explotadorxs de animais ata a difusión de receitas de cociña no seu xornal nas que se alentaba o uso de produtos de orixe animal, pasando polo seu logo (do que parecen sentirse orgullosxs e que mostra a un home esganando a un león, representando no león aos explotadores das patronais, cando realmente o único explotador por excelencia neste planeta é o ser humano, contra o resto de animais, contra a terra e a natureza e contra a súa propia especie) o especismo desta (e doutras) organizacións que se din anarquistas (ou anarcosindicalistas) non é ningunha novidade, como tampouco o é a participación activa deste sindicato en folgas e conflictos laborais abertos contra empresas de explotación animal, non porque procuren a fin desa relación de dominación especista, senón exclusivamente en defensa dxs empregadxs humanxs, en moitos casos persoas cuxo “traballo” consiste en asasinar animais e/ou procesar os seus restos despois de mortos. No 2008 a CNT gaditana participaba tamén nas movilizacións en Chiclana contra a empresa Rafael Olías Fernández (proveedora das carnicerías dos supermercados DIA en Cádiz).

De feito, un dos eslóganes empregados no chamamento da CNT a esa folga de 24 horas e que copiamos textualmente en castelán para non alterar en absoluto a frase era “¡Estas navidades no hay jamón!“ como se pode comprobar na súa web (click aquí), amosando que a morte de milleiros de porcos para ser transformados en xamóns e filetes parecíalles motivo de brincadeira (e este eslógan, obviamente, non vai porque na CNT decidisen tomarse en serio as ideas antiespecistas, senón porque os que viven de acoitelar, desmembrar e procesar os corpos dos animais escravizados decidiran facer unha folga de 24 horas).huelga_carnicas_maxidia2

Alén, gustaríanos aproveitar estes feitos para reflexionar sobre o que para nós supón todo isto.

Cando falamos da necesidade dunha relación entre as loitas contra a escravitude asalariada do capitalismo e as loitas contra o especismo, a miúdo atopámonos con risas, burlas e outras reaccións inapropiadas e ofensivas que pretenden ridiculizar as nosas posturas. Sen embargo, foron varias as anarquistas que, co tempo, souberon identificar coma nós esas interseccións e readaptaron o seu discurso para incluir na análise aos animais non-humanos coma suxeitos explotados e escravizados, que merecen recibir consideración e que os teñamos en conta á hora de enfrontarnos a este sistema. Xa sen entrar a analizar ou revisar experiencias de loita clandestina contra o especismo coma a da Frente de Liberación Animal e outras que estiveron e seguen estando fortemente influenciadas polas ideas anarquistas en torno á liberación total, e por prácticas de acción directa como a sabotaxe ou a organización informal, podemos centrarnos na teoría e mencionar ensaios de lectura moi aconsellada dende o noso punto de vista coma “Os animais son parte da clase traballadora” de Jason Hribal (editado en castelán por Ochodoscuatro Ediciones de Madrid e disponible para a súa consulta e/ou descarga gratuita aquí) ou “Por enriba do seu cadáver: A economía política dos dereitos animais” de Bob Torres (tamén editado en castelán por Ochodoscuatro Ediciones e disponible para a súa consulta e descarga gratuita aquí) que demostraron eses nexos e perfilaron novas propostas para comprender o conflicto dende una óptica antidominadora na que de verdade podamos dicir que defendemos a liberdade e a fin de toda explotación “sen ter un cadáver na boca” coma diría Raoul Vaneigem (e neste caso, a expresión non podería ter máis sentido).

Partindo desta base, cústanos comprender por que a CNT continúa mantendo unha postura tan descaradamente especista, e o máis importante, preguntámonos como pode ser que todavía existan persoas veganas que respalden a esta organización ou mesmo militen nela.

Un dos argumentos empregados con mais frecuencia para xustificarse é que as persoas que traballan nesas empresas non deixan de ser traballadoras explotadas que sufren unha serie de abusos laborais e merecen polo tanto apoio e solidariedade. Non obstante, se o xustificante é a condición de asalariadas ou de traballadoras que se ven forzadas a desenvolver unha función (por cruel que sexa para outrxs) para obter cartos cos que vivir porque, simplemente, é o seu traballo, na CNT aceptarían e defenderían, por exemplo, a un sicario que gaña a vida asasinando a outros seres humanos por encargo? Para nós é exactamente igual. A condición de asalariadas non xustifica todo. Lembrámosvos que policías e funcionarios de prisións tamén reciben un salario polo seu traballo; de feito, ata os gardas que vixiaban os campos de concentración e exterminio nazis na 2ª G.M. recibían un soldo por gasear, disparar, aforcar ou escravizar ata o derradeiro alento a milleiros de persoas, e iso non xustifica nin fai menos condenables os seus actos).

Un dos deseños empregados na folga de carniceiros que a CNT gaditana respaldou en 2008.

Tamén se adoita recurrir ao argumento das loitas “prioritarias”, polo cal aquelas que repercuten negativamente sobre os seres humanos sempre estarían por diante de calquera preocupación polos padecementos de individuxs de outras especies. Para nós non existen tales prioridades, e aínda que somos conscientes de que cada momento histórico presenta unhas condicións e por tanto unha orde de cousas completamente diferente, temos claro que do mesmo xeito que non priorizaríamos a condición de traballador explotado dun violador ou dun asasino racista á hora de decidir se damos ou non a cara por él, tampouco pensamos que teñamos que obviar a condición de asasino especista, por exemplo, dun carniceiro, dun gandeiro ou dun matarife, á hora de movilizarnos para solidarizarnos con él. Entendemos como fundamental a INTERSECCIONALIDADE, é dicir, a comprensión da dominación como algo global, buscando, atopando e sinalando os lazos que conectan as distintas opresións, e que fan da dominación un Todo que debe ser entendido, cuestionado e combatido como unha totalidade, e nunca de xeito parcial ou fragmentario. Por isto, para nós, dicir que a loita contra a explotación laboral dxs traballadorxs de Servicarne (ou calquera outra empresa especista) é máis importante que loitar polo fin dos prexuízos e da cultura especista é igual que dicir que a loita contra a explotación laboral é máis importante que a loita contra o patriarcado e a súa normatividade ou contra o racismo. Non entendemos unhas opresións por enriba de outras; pola contra, sabemos que cada opresión atópase a un nivel distinto e debe ser analizada por separado, pero sen perdermos de vista a perspectiva global, pola cal o noso obxectivo non é un mundo con menos opresións, senón un mundo sen autoridade, sen gaiolas, sen amos nin escravas de ningún tipo, onde todas podamos ter a oportunidade de disfrutar das nosas vidas e de construir as nosas propias condicións de existencia libremente e sen ataduras nin barreiras culturais, morais, sociais, territoriais ou xerárquicas. Porque amamos a liberdade, e odiamos a quen nola quita, pero tamén a quen lla quita a outrxs individuxs que, coma nós, non desexan ser explotadxs.

A CNT, polo menos nalgúns puntos da xeografía ibérica incluída Galiza, ofrecían “opción vegana” nas súas comidas, algo que logo esgrimían a modo de escudo co que xustificar o seu especismo. Persoalmente, nunca gostei destas “opcións veganas” porque parécenme asquerosamente condescendentes, xa que mentras perpetúan o especismo pretenden contentarnos cunha “opción vegana” que como unha palmadiña nas costas, invítanos a quedar caladiñas mentras ao noso lado o festín cárnico continúa sen trabas.

Gustaríame citar, xa para ir rematando, uns párrafos dun texto que tamén falaba sobre este mesmo tema que estamos tratando pero que apareceu publicado anos atrás no fanzine “Insurrección Animal” (o feito de que anos despois escribamos isto e que os argumentos de entón conserven plena vixencia rebate o argumento, tamén habitual entre os ambiguos simpatizantes da CNT, de que a organización “vai medrando e actualizándose pouco a pouco” e que hai que “darlles tempo” para que incorporen as causas antiespecistas ao seu día a día):

“A CNT ofrece unha opción vegana nas súas comidas” comentan algúns, para rebatir as afirmacións de que a CNT é especista. Esta “defensa” é, en sí mesma, especista. Que pensaríamos se unha organización á que se lle acusa de ser racista deféndese dicindo “cando nos reunimos para unha festa, se alguén non quere participar nas malleiras a inmigrantes permitimos que non se lles pegue”?

Non se trata de que a CNT – nin ningunha outra organización – ofreza unha opción vegana. Trátase de que nin se lles pase pola cabeza a posibilidade de explotar animais para celebrar unha festa. Débese entender, dunha vez, que os demais animais non son comida. Os animais son individuos capaces de sufrir e disfrutar das súas vidas, ao igual que calquer humano, e como tales deben ser respectados. Ademáis deben ser respectados coa mesma intensidade coa que respectamos a calquer humano. Agardo que ninguén faga a demagoxia cutre de afirmar que quen defende a liberación animal loita porque os animais non-humanos sexan tratados igual que os humanos. Respectar por igual non significa tratar igual, a cada individux debe tratárselle en función das súas características e necesidades. Non é cuestión de ofrecer distintas opcións para demostrar que os organizadores (dame igual que sexa a CNT ou quen sexa) son persoas de mentalidade aberta e tolerante. Aínda que sexa algo socialmente aceptado falar de tolerancia, a tolerancia non é algo sempre positivo. Hai cousas que son intolerables, unha delas é explotar individuxs. Non importa se son mulleres, homosexuais, terneiros ou inmigrantes arxentinos.“

Quen isto escribe leva tempo distanciado da CNT e a miña afinidade con esta organización, cos seus propósitos, métodos, percorrido e prioridades é a día de hoxe realmente escasa. Sen embargo, este escrito pretende ser un “toque de atención” sobre a necesidade que o anarcosindicalismo ten de adoptar unha perspectiva interseccional e de revisar as súas propias formulacións, a non ser que pretendan continuar como no ’36, cando colectivizaban matadoiros.

Algunhas individualidades antiespecistas galegas.

logo_servicarne

Advertisements

4 Respostas to “A propósito do conflicto con Servicarne: CNT e o Especismo”

  1. Tanto é o que come coma o que mata Says:

    OK, mais con esa lóxica tampouco se poden aceptar nos distintos ambientes a xente que coma animais, ou que tome ovos ou leite. Non hai diferencia entre o carniceiro e o que degusta un filete, é todo parte do mesmiño.

    A CNT anda ao seu, e non está para decirlle que non a unha sección sindical de máis de 100 membros coma é a de servicarne.
    É sabido que na CNT milita xente que come carne, ao igual que nos CSOs, a mia proposta é expulsalos a todos e todas, e así poder facer xornadas de reiki e abrazar árbores tranquilas.

  2. Os autores do texto Says:

    Imos por partes:

    1 – Nos Centros Sociais Okupados dos que falas non se fomenta o consumo de carne. Dubido que poidas poñerme un só exemplo dun CSO galego onde se servira carne nas actividades, ou que nas súas actividades fomentase a explotación animal. A CNT continúa preparando comedores onde serven productos derivados da morte e escravitude de animais, e como di o texto, no seu xornal incitaban abertamente ao consumo de productos de orixe animal.

    2 – Os CSO de feito son dos poucos espazos políticos onde a cuestión do veganismo e da liberación animal trátanse en serio, e onde a comida é vegana, sexan comedores, petiscos etc. Isto pode comprobarse frecuentando calquer CSO (a ver se vai ser que non coñeces os espazos dos que falas…).

    3 – As persoas veganas que tomamos parte neses CSO a título individual ou dende os nosos colectivos somos autocríticas coas nosas propias prácticas para fomentar e desenvolver o antiespecismo no día a día dos espazos. Proba disto son os textos que as compas de Abordaxe publicaron neste mesmo blogue, reflexionando sobre os comedores veganos coma ferramenta e como alternativa. Como organización, a CNT non fixo a menor autocrítica neste tema, e continúan ignorando a cuestión deliberadamente.

    https://abordaxe.wordpress.com/2015/05/31/reflexions-sobre-os-comedores-veganos-mais-do-mesmo/
    https://abordaxe.wordpress.com/2015/05/31/reflexions-sobre-os-comedores-veganos-ii-conciencia-real-ou-asimilacion-forzosa/
    https://abordaxe.wordpress.com/2015/05/31/reflexions-sobre-os-comedores-veganos-iii/

    4 – Se ben é certo que tanto o productor coma o consumidor forman parte do mesmo proceso de mercantilización e explotación dos animais (non nos verás ás persoas que escribimos este texto agochar a responsabilidade individual de cada quen neste asunto), non podes poñer ao mesmo nivel ao matarife que ao que merca e come carne, porque iso é igual que comparar a unha persoa que un día mete un par de raias de farlopa ou a unha persoa politoxicómana cun capo do narcotráfico, ou a unha persoa que usa o Tren de Alta Velocidade cun directivo da empresa constructora do megaproxecto, VINCI. Aplicarías esa mesma lóxica no relativo ao racismo? Nos CSO fanse xornadas de solidariedade coas persoas migrantes, prohibímoslle a entrada a calquera que algunha vez voara con Iberia por dar cartos a unha empresa de aeroliñas que ofrece os seus voos para a deportación de persoas migrantes indocumentadas? Porque segundo ti, debe ter a mesma responsabilidade o fulano que colle un avión de Iberia que o empresario que firma un convenio co Estado para a deportación masiva de persoas en voos comerciais, non?

    Considerando a educación e a cultura que forman axs individuxs nesta sociedade, o 99% das persoas ven totalmente normal consumir productos derivados da explotación animal, e ven ás animais coma escravas. Nós mesmas éramos así fai uns cantos anos, e aprendimos grazas a coñecer o veganismo dende as okupas e dende a nosa militancia antiautoritaria. Por iso, non lle imos pechar a porta a ninguén por non ser veganx, porque pensamos que, de feito, é positivo que esas persoas poidan participar en espazos onde o veganismo é un mínimo básico e polo tanto coñecer outro xeito de alimentarse, e ter a oportunidade de replantexarse os seus hábitos. Se logo pasan do tema, polo menos nós non seremos as responsables, cousa que non se pode dicir da CNT, que ten a opción de ser parte da solución ou do problema, e vese que xa escolleron bando…

    5 – Ti mesmo o dixeches, “a CNT anda ao seu, e non está para decirlle que non a unha sección sindical de máis de 100 membros coma é a de servicarne.” Precisamente por iso os criticamos. O que non entendemos é que veñas ti a defendelos. Dis que “é sabido que na CNT milita xente que come carne” pero ese non é o problema. Xente que come carne vémola a diario, e con moitas desas persoas a pesares disto levámonos estupendamente. O problema non é que a CNT teña afiliadxs non veganxs, non… O problema é que a CNT como organización fomenta descaradamente o especismo e a explotación e escravitude de animais.

    6 – O de abrazar árbores… Convidámoste a chamarnos hippies ou comeflores e demáis gracias na rúa.

  3. Prefiro abrazar árbores, respectar a tódolos individuxs humanos ou non, liberar espazos, atacar estruturas do poder, superar os límites presupostos da propaganda, ou solidarizarme cxs caídxs na guerra social… Que claudicar por 100 filiacións, ver como supostos compañeirxs viven á conta da organización, ou facer concentracións tipo “Iglesia del fin del mundo”… Ten coidado non vaias ser ti o que acabes abrazado a unha ábore, vai pola sombra.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: