[Compostela] Xornadas: Xogaches algunha vez a ser corpo?

O 1, 2 e 3 de abril terá lugar en Compostela as xornadas «Xogaches algunha vez a ser corpo» da man do colectivo Lésbicas creando. Máis info na súa web.

Cartaz Corpo


XORNADAS FEMINISTAS LGBTQI


XOVES 31
[18:30h – EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA]
RECUPERANDO A TEXTURA -VERÓNICA RAMILO GRAÑA

VENRES 1
[20:30h – EXPOSICIÓN CON PERFORMANCE INTERACTIVA] 
AULA DE DESENHO – DEDENDERA – FABÍOLA AUGUSTA

SÁBADO 2
[9:30h – OBRADOIRO]
A VOLTAS CO CORPO. OBRADOIRO VIVENCIAL DE CRECEMENTO PERSOAL DENDE O BO TRATO – BERTA VEGA VILLAAMIL
[12:30h – OBRADOIRO] CORPOS VIOLETAS. OBRADOIRO DE RESPIRACIÓN OVÁRICA E ARTE TERAPIA – VANE SOLO & SOL QUEIRO
[15h – PICNIC]
[17:30h – OBRADOIRO] CORPOS EN MOVIMENTO, VIVENCIANDO O PRAZER – MARI FIDALGO
[21:30h – SESIÓN DE TATUAXE] TATUAGEM – PIRATUM
[23h – PERFORMANCE] DESCONSTRUIR DAS DESPENTEADAS – GRUPO PERFORMATIVO PARA DESPENTEAR A FEMINILIDADE
[23:30h – PINCHADA CON PROXECCIÓNS] ELECTROQUEER VISUAL SESSION – PABLO ANDRADE
[01:30h – ESPECTÁCULO DRAG KINGS] DRAG KINGS – SHEDY BOY & JHONNY PISTOLAS

DOMINGO 3
[16:30h – PRESENTACIÓN DO LIBRO E CONVERSA] PRESENTACIÓN STOP GORDOFOBIA Y LAS PANZAS SUBVERSAS – MAGDA PYÑEIRO
[18h PECHE – PERFORMANCE] FEMINILIDADE – IMPOSIÇAO OU IMPOSTURA – MARIMANTAS



LÉSBICAS CREANDO
é un proxecto baseado no empoderamento, no que situamos as identidades que están nas marxes da estrutura social como o centro da acción, como o nexo que conecta persoas e procesos e como as voces que falan e fan en primeira persoa, visibilizándosee interpelando.

Creamos posibilidades e redes, partindo das alianzas prohibidas que establecemos na nosa cotidianidade. Estas xornadas están organizadas por LÉSBICAS+1, e co apoio de compañeiras a nivel afectivo, creativo, loxístico…

XOGACHES ALGUNHA VEZ A SER CORPO? é un convite, e crear posibilidades: para outros corpos e identidades, para darnos existencia, agarimos, benvida; corpo como xogo, como lugar que habitamos, como relación, como provocación, como lugar de poder e pracer, como campo de batalla. Corpo como identidade-transformación individual e colectiva.

 


INFORMACIÓN IMPORTANTE


As xornadas son autoxestionadas, polo que en todas as actividades haberá un bote solidario para que cada quen faga a aportación económica que poida e queira (agás na “Tatuagem”, que polas súas características ten prezo de 20€/media hora de tatuaxe). Esta é unha escolla consciente, a través da que queremos que as posibilidades económicas non sexan un impedimento para ter vivencias, para estar noutros espazos posibles, para empoderarnos xuntas. E tamén, porque queremos revalorizar e reforzar as redes de sostemento entre nóscomo fundamentais, para que poidamos seguir facendo o que facemos dignificadas, libres, agarimadas e co sostemento económico que precisamos.
A posibilidade de aloxamento solidario está aberta para xs que veñades de fóra de Compostela, e xestionámola no momento da inscrición.
Algunhas das actividades precisan de inscrición previa no mail delesbicascreando@gmail.com, xa que o espazo e contido ten número mínimo-máximo. Sen esta inscrición previa non podemos garantir que poidades asistir/realizar a actividade.
As xornadas son feministas, libres de calquera tipo de discriminación por razóns de xénero, orientación, corporalidade, pluma, funcionalidade, etnia, idade, situación económica… e libres de calquera outro tipo de violencia.
O xantar común do sábado é vegano.
O sábado será unha xornada de espazo propio*, reservada para persoas con identidade de mulleres/trans*/xénero fluído, de calquera orientación sexual.

 


ESPAZOS


Libraría Lilahttps://www.facebook.com/LiladeLilith/
CSOA Escárnio e Maldizer
– https://csoaescarnioemaldizer.wordpress.com/onde-estamos/
Burgo das Nacións – http://www.burgodasnacions.com/p/enderezo-contacto.html
Parque do Auditorio (ao lado do Burgo das Nacións)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: