Stop Desafiuzamentos A Coruña apoia a Nicanor Acosta no seu xuízo por unha concentración ante a sede do PP

STOPCabeceraDende Stop Desafiuzamentos queremos amosar o noso apoio ao compañeiro Nicanor Acosta que o vindeiro 4 de Abril terá un novo xuízo. Por este motivo, imos concentrarnos diante do Edificio Proa as 10.00 da mañá e animamos a todos os colectivos sociais a que tamén acodan. Entendemos que o proceso ao que se enfronta o noso compañeiro é absurdo xa que se lle acusa de ser líder e convocante dunha acción, que tivo lugar o 9 de abril de 2013, e que se sabía que formaba parte dunha campaña convocada pola PAH con carácter estatal para reclamar ao PP que tramitase a ILP de 2013. 

Esta Iniciativa Lexistativa Popular, que foi asinada por 1.402.854 persoas, reclamaba a dación en pago retroactiva, a paralización dos desafiuzamentos que afecten a vivenda habitual e que as afectadas puideran seguir na vivenda en réxime de aluguer social. Esta proposta foi modificada polo goberno do PP ata facela irrecoñecible (sen recoller plenamente ningunha das propostas da PAH, limitándoa en gran medida e introducindo un gran número de inconvintes para dificultar o acceso das persoas a estas medidas)

Pola nosa banda, continuamos a crer que as multas e os xuízos son outra forma máis de represión por parte da Subdelegación do Goberno na Coruña que teima acusar e sinalar as persoas que reclaman o cumprimento dos dereitos de todas. No momento no que o noso compañeiro foi acusado e multado chegamos á conclusión do que realmente se estaba penalizando foi a vitoria conseguida no caso de Aurelia Rey (só catro meses antes destes feitos) Nesa época eran xa 17 as persoas que acumulaban propostas de sanción introducidas baixo subxectivos e ambiguos epígrafes como o de “instigar ás masas”, “alterar a seguridade cidadá” ou “desobediencia”. Queremos ademais expresar o noso acordo coa iniciativa Amnistia Social Xa! Derogación das Leis Mordaza que pide que cesen as represalias contra as persoas que demandan os seus dereitos básicos na rúa (sanidade, educación, vivenda, liberdade de expresión, de concentración, de folga, e manifestación e pola dignidade humana. Con isto todas nós estamos a sufrir non só a falta de dereitos senón a rigurosidade das leis vixentes e a desproporcionada actuación dos corpos de seguridade.

Agora as sancións impostas aos activistas do colectivo ascenden xa a 15195 euros e constatamos que, coa entrada en vigor da Lei Mordaza, a represión a través de sancións se ten endurecido e é aínda máis arbitraria. Lembramos tamén que xa que se teñen legalizado prácticas comúns da policía como as listas negras con datos de activistas que non son identicados e son acusados de organizar protestas convocadas a nivel estatal como sucedeu na pasada manifestación contra a Lei Mordaza onde se desencadeou a violencia policial. Varios dos nosos compañeiros foron xa sancionados por ser convocantes e líderes desta protesta cando novamente estaba convocada con carácter estatal.

SÓ A LOITA FAI XUSTIZA!

NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: