Solidariedade cos acusados da folga do 29-M en Barcelona! // Semana de Loita contra El Corte Inglés 28 de marzo-3 de abril

Recollemos e traducimos o seguinte comunicado sobre o vindeiro xuízo contra dous compas anarquistas de Barcelona polos feitos da folga xeral do 29 de marzo de 2012, cando na cidade condal numerosos piquetes e grupos autónomos desbordaron os cauces sindicais e atacaron as estructuras e símbolos da oligarquía estatal e financieira, sendo o centro comercial El Corte Inglés unha das empresas mais perxudicadas, polo seu cotidiano ataque á clase traballadora, a súa publicidade misóxina e homófoba, o seu acoso ás empregadas e a desigualdade salarial por razóns de xénero, ou o feito de que a empresa El Corte Inglés se atope dirixida por un coñecido concelleiro falanxista.boicot_elcorteingles6

O xuízo terá lugar os días 25 e 31 de maio, e por mor disto as compas chaman a unha Semana de loita contra El Corte Inglés do 28 de marzo ao 3 de abril, para amosar a solidariedade cos compañeiros imputados.

Fai uns días recibimos a nova de que xa temos nova data de xuízo contra os compañeiros acusados de desordes e danos tras a pasada folga xeral do 29-M de 2012. Finalmente o xuízo será os días 25 e 31 de maio do presente ano. Neste sentido convocamos unha semana de loita entre o 28 de marzo e o 3 de abril, que será o relanzamento da campaña contra El Corte Inglés.

Lembramos que neste procedemento xudicial, ademais do Estado a través da fiscalía, tamén participa a empresa El Corte Inglés coa esixencia aos folguistas dun pago de 8500 euros como compensación polos destrozos e sabotaxes recibidos durante aquela xornada. Para aquelas persoas que descoñezan a historia que hai detrás desta acusación, así como a participación do Corte Inglés na represión ás traballadoras e folguistas, a continuación explicaremos en que consiste todo isto.

De onde ven todo? O 29-M de 2012

O pasado 29 de marzo de 2012 produciuse unha xornada de folga xeral en todo o Estado español como resposta á reforma laboral impulsada polo goberno. Dita reforma supuso un duro golpe ás condicións da clase traballadora. Coa excusa da crise, dende o goberno e a patronal impulsáronse numerosas medidas destinadas a abaratar o despido, precarizar aínda máis os contratos de traballo e abaratar sustancialmente os gastos en “man de obra” mediante a disminución dos dereitos laborais.

A reforma laboral, sumada á oleada de recortes a servizos básicos, a sucsión de ERE’s e desafiuzamentos, xeneraran un clima de crispación social que se viña materializando en protestas multitudinarias ao longo e ancho do Estado. Concretamente en Barcelona estas protestas acadaran certa seriedade e contundencia en episodios como a folga xeral do 29 de setembro de 2010, as protestas derivadas do 15-M como a acción de “Aturem el Parlament” de 2011 ou as manifeastacións anticapitalistas dos diversos 1 de maio.

Neste contexto, a folga do 29-M en Barcelona tivo unha incidencia considerable. Decenas de miles de persoas organizáronse ao marxe dos sindicatos oficiais (CCOO, UGT) e levaron a cabo multitude de piquetes, cortes de estrada, sabotaxes e accións, cuxo resultado foi a paralización, ou polo menos unha interrupción moi notable, da actividade laboral na cidade. As accións tiveron o seu momento álxido na manifestación da tarde, tremendamente multitudinaria, a cal, tras duras cargas policiais, derivou en horas de disturbios e enfrontamentos coa policía.

Ao longo da xornada de folga moita foron as empresas atacadas e sinaladas polas súas prácticas escravistas cos/coas traballadores/as. Entre elas, El Corte Inglés, rodeado sempre por un cordón de antidisturbios coma se fosen un exército privado, pero que ese día non puido evitar que se sinalase á archicoñecida empresa coma un niño de precariedade e machismo.

Tras as protestas, como ven sendo habitual, veu o saldo represivo: centros de persoas detidas, algunhas delas meses despois da folga, froito dunha actividade policial sen precedentes cercanos na que se utilizaron listas de militantes, webs con fotos de folguistas para que se realizaran denuncias anónimas ou redadas por barrios nas que se chegaba incluso a preguntar aos/ás veciños/veciñas pola súa ideoloxía política. Dúas destas persoas foron acusadas de desordes públicos e danos polo acontecido no Corte Inglés, e tras un longo sumario, pídenselles 5 anos de prisión e 8500 euros de responsabilidade civil.

Por que o Corte Inglés?

Esta empresa sempre é un dos grandes obxectivos en calquer protesta. Isto é debido á súa política tanto dentro da propia empresa coas/cos traballadoras/es como fora dela cara a sociedade en xeral.

Se algo caracteriza a El Corte Inglés é a súa especial fixación coas mulleres. Dende fai moitos anos acumula sentencias por discriminación salarial. Os casos de acoso laboral con connotacións de xénero están á orde do día. Ata fai poucos anos os traballadores homes de El Corte Inglés non estaban obrigados a vestir uniforme de empresa, mentras que as mulleres sí: minisaia e camisa ceñida. Ademáis, a súa política de ventas danos unha idea do concepto que teñen sobre a muller e o seu papel na sociedade. Non se conforman coa “cosificación” da muller en todas e cada unha das súas campañas de moda, relegándonos a un papel de obxecto sexual, senón que directamente chegan ao extremo de vender productos con eslóganes misóxinos e insultantes. Non fai moito tempo tiveron que retirar das súas tendas, polo escándalo que supuso, unhas camisolas infantiles con rótulos como “intelixente como papá” e “bonita como mamá”. Tamén saíron á luz fotografías que demostraban que nalgunhas tendas clasificáranse os productos de limpeza como artigos “para elas”. A isto hai que sumar as ventas de libros misóxinos e homófobos así como incontables exemplos de machismo que nunca verán a luz polos sólidos vínculos da empresa cos medios de comunicación.

Outra das características máis peculiares do Corte Inglés é o seu acervado antisindicalismo. Para a plantilla da empresa non está permitido sindicalizarse, salvo que sexa nun dos dous sindicatos que a propia empresa creou: FASGA e FETICO. Este modelo, cuspidiño ao sindicalismo da dictadura, serve para evitar a proliferación de queixas e conflictos sindicais. Á súa vez, xeneran dentro da compañía unha “microsociedade” na que é a empresa a que se fai cargo de todo, e se fomenta ata o extremo o corporativismo ou “patriotismo de empresa”. E todo/a aquel/a que non demostre sumisión cega aos valores do Corte Inglés, será despedido/a ou acosado/a ata que abandone polo seu propio pé o centro de traballo.

Os parecidos entre a política de empresa do Corte Inglés e o fascismo non son casualidade. Dase a circunstancia de que o director xeral da compañía, Dimas Gimeno, é coñecido por presentarse en diversas eleccións en listas de Falange Española Independiente, ao igual que o seu irmán Miguel Ángel Gimeno. Poderíase dicir, por tanto, que a empresa defensora dos valores familiares por antonomasia está dirixida por unha familia de falanxistas, feito que explica en parte o seu rancio extremismo dereitista.

A nivel laboral, El Corte Inglés é unha das principais empresas impulsoras da precarización extrema das condicións de traballo no sector do comercio. Calqueira que teña coñecemento deste sector sabe cal é a evolución das condicións laborais: festivos laborais, xornadas parciais, disponibilidade absoluta, modificacións de horarios, xornada á carta para a empresa, despidos por quedarse embarazada ou por pertencer a un sindicato… Estas condicións laborais son o froito das presións da patronal de comercio na que se atopan especialmente situadas empresas como El Corte Inglés e outras como MERCADONA, que teñen medrado no sector grazas á escasa implantación de sindicatos de clase verdadeiramente combativos.

Ademáis, é coñecida a complicidade de El Corte Inglés con altos mandos  políticos, policiais e xudiciais. Non fai moito saiu a relucir polas redes sociais o caso do ascenso a Xefe Superior de Policía da Comunitat Valenciana a José Javier Causante, quen era coñecido por alardear en Alicante dos agasallos que recibía de El Corte Inglés, coma cestas de nadal e botellas de viño valoradas en máis de 600 euros. Feitos coma este explican que sexa a única empresa que conta con cordón policial “feito a medida” en folgas e manifestacións.

Pero non contentos con sobornar “ás autoridades”, directamente ponas en nómina. Son varios os xuíces destacados que traballan para El Corte Inglés: Juan Moral de la Rosa (ex-fiscal da Audiencia Nacional, actual asesor xurídico de El Corte Inglés e íntimo amigo de Soraya Sáez de Santamaría, vicepresidenta do goberno), Jose Luís González Armengol (xuíz decano de Madrid durante 10 anos, hoxe abogado de El Corte Inglés), Ismael Moreno (maxistrado xuíz da Audiencia Nacional e director de carreiras no Centro de Estudos Universitarios Ramón Areces CEURA, propiedade de El Corte Inglés). Tamén contratan destacados policías, como Catalina Polan, contratada polo Xefe de seguridade de El Corte Inglés e actualmente con cargo de directivo na empresa.

Outras institucións de ética cuestionable tamén están relacionadas con El Corte Inglés. A Igrexa Católica, por exemplo, ten a esta empresa coma un dos seus principais colaboradores no Estado español, dispostos tanto a proveer grandes eventos relixiosos como o caso das JMJ de 2011 en Madrid, con visita do Papa incluída, así como a financiar a beatificación do dirixente do Opus Dei Álvaro del Portillo. Outra institución relacionada coa empresa é o cárcere, sendo El Corte Inglés quen xestiona dende os economatos a parte do traballo dos presos, pasando por fabricar os uniformes dos funcionarios de prisións.

Por último gustaríanos explicar a ausencia de novas que destapen a multitude de escándalos que rodean a esta empresa. A explicación é moi sinxela: El Corte Inglés é o maior anunciante do Estado español. Dicir que esta empresa ten a todos os medios comerciais comprados non é esaxerar, é literal. ANONYMOUS publicou unha parte das contas de El Corte Inglés nas que se demostraba que ademáis dos millóns de euros que invirten en publicidade, teñen en nómina a coñecidos e influíntes xornalistas: Fernando Ónega, Isabel Durán ou Jaime González, por exemplo. En resumen, teñen asegurada a boa prensa nos medios, xornais, radios e canais de televisión máis influíntes do Estado: desde o diario Público ata INTERECONOMÍA.

Que queremos conseguir?

A raíz do xuízo contra estes dous compañeiros, desde Acció Llibertária de Sants e a CNT-AIT de Barcelona lanzamos unha campaña con varios obxectivos:

  1. Desenmascarar a El Corte Inglés como unha empresa machista, explotadora e cómplice do Estado na represión, como ben o demostra a súa presencia en procedementos penais como o que nos ocupa, ou o seu papel noutros eidos represivos. Neste sentido, lanzamos multitud de accións contra esta empresa e só pararemos en caso de que decidan retirarse definitivamente do proceso penal contra os folguistas do 29-M.
  2. Reivindicar a folga do 29-M, así como en xeral defender a folga como o que realmente é: Unha ferramenta de confrontación da clase traballadora para loitar polos seus intereses. A folga é unha batalla de desgaste e só ten dous finais: ou victoria ou derrota. Dende esta perspectiva non se entende a óptica que se alimentou os últimos anos polos medios de comunicación coa complicidade dos sindicatos oficiais, na que se presenta a folga como unha mera protesta mais, e cárgaste contra os traballadores que deciden realizar accións directas, cortes de estrada, sabotaxes ou piquetes contundentes para facela triunfar. Dada a cantidade de desinformación verquida contra as folgas, xa sexan xerais ou de empresa, vémonos na necesidade de recordar que non é unha mera actividade de protesta, senón un episodio da loita de clases, na que as traballadoras poñemos toda a carne no asador e debemos facer todo o que sexa posible para gañala.
  3. Advertir da crecente represión por parte do Estado contra as traballadoras que participan en folgas e conflictos laborais así como manifestantes e militantes revolucionarios en xeral. Levamos uns anos vendo a multitude de persoas condenadas penalmente, moitas delas en prisión. Este feito ven acompañado dunha gran campaña por parte do Estado contra aquelas persoas que decidiron loitar por unha sociedade mais xusta ao marxe dos cauces políticos ou sindicais supostamente “oficiais”. Acúsasenos de causar disturbios, organizar folgas salvaxes, practicar extorsión contra as empresas ou directamente de ser terroristas. Mentras tanto, nunha época na que a clase política estaba completamente desacreditada, xorden novos partidos e organizacións “democráticas” para canalizar o malestar e a raiba dun amplo sector da sociedade, facendo unha gran separación entre quenes aceptan as regras da democracia parlamentaria e quenes non, tachando de antisistema, violentos e terroristas a estes últimos. Concretamente no eido da loita laboral, tamén nos gustaría advertir das maniobras da patronal e o Estado para tentar neutralizar as folgas, establecendo novas e máis estrictas regulacións que impidan que estas teñan incidencia na economía. Queren garantizar o “dereito ao traballo” e evitar o que chaman “folgas salvaxes”, ou o que é o mesmo, ilegalizar a folga como ferramenta realmente efectiva.
  4. Abrir un proceso de debate no seno do movemento libertario para afrontar este período represivo desde unha óptica política. Somos conscientes de que a represión é unha resposta natural do sistema estatal capitalista contra aquelas persoas que o poñen en cuestión, e que son potencialmente ameazas. Tamén somos conscientes de que a represión non busca anular a individuos concretos senón a prácticas colectivas, e por tanto abogamos por contestar colectivamente. Cremos que é hora de que deixemos claro que máis alá da inocencia ou a culpabilidade individual, os nosos colectivos e organizacións respaldan as accións revolucionarias orientadas a conseguir unha sociedade máis xusta, polas cales estamos sendo xulgados e levados a prisión.

Que fixemos ata agora?

Dende novembro do ano pasado levamos desenvolvendo unha campaña na liña descrita, á que se teñen sumado colectivos, sindicatos e organizacións anarquistas de todo o Estado. A parte máis visible foi a campaña de Boicot El Corte Inglés, a cal pódese seguir tanto nas webs e redes sociais de Acció Llibertaria de Sants e da CNT-AIT de Barcelona, coma nos hashtags #BoicotElCorteIngles e #lavagaquevolem onde se pode comprobar ata que punto se extendeu.

Agora, coas novas datas de xuízo, relanzaremos a campaña con máis forza se cabe para demostrar que aínda hai xente que defende a loita na rúa e nos centros de traballo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: