Crónica incompleta da loita contra o Circo Coliseo en Ciudad Real

A loita realizada polxs compañeirxs manchegxs supón un exemplo antiautoritario do desenvolvimento de campañas con obxectivos inmediatos desde unha proxectualidade propia, que con vontade e determinación poden resultar un aporte moi enriquecedor no contexto da loita pola liberación total, como ximnasia da acción directa. Aquí unha crónica de autoría anónima sobre a loita contra o Circo Coliseo en Ciudad Real, achegada e traducida por B. Castrón para Abordaxe:

 

O Circo Coliseo estivo instalado en Ciudad Real máis de 15 días, desde o último fin de semana de febreiro, pero as actuacións non comezaron ata o día 3, sendo diarias ata o domingo 13, cando marcharon da cidade. Os sábados e domingos as funcións eran dobres.

Foi realmente emocionante ver como a resistencia e a loita contra a explotación animal da que este circo se beneficia non cesou desde o primeiro día que apareceron os cartaces ata o día que se foron, literalmente. Dicimos que a crónica é incompleta porque as accións foron moitas e espalladas durante varios días polo que estamos segurxs de que ignoramos moitas delas por descoñecemento. Das que sabemos é polos choriqueos dxs explotadorxs, pola prensa local ou porque simplemente atopámonos con elas.

Desde que apareceron os primeiros cartaces (calculamos que puxeron uns 300 en total) comezaron a destrozarse. Foi un continuo atoparse con cartaces arrincados, pintados ou rotos, e se nun principio só se arrincaban cando os volvían a poñer a xente empezou a destrozálos e tirar os restos onde non puidesen ser recuperados. Tamén a noite antes da primeira función varios deles apareceron cun papel no que puña “cancelado”. Pode parecer que isto non afecta moito ao circo pero polas queixas do xerente parece que sí: por uns cartaces arrincados nunha das primeiras noites cifran o dano en 1500 euros e admiten que recibiron moitas chamadas preguntando se se cancelaba finalmente a función.[1]

Máis da metade dos cartaces quedaron feitos anacos ou tiveron que ser retirados e reparados. Tamén apareceron pintadas nun dos camións que anunciaban as funcións e varios coches do circo foron danados: raiados, e algún cos retrovisores rotos e as rodas pinchadas. Durante case todos os días de función houbo xente repartindo panfletos contra o uso de animais nos circos polo centro da cidade, polos arredores do circo cando quedaba pouco tempo para que empezase ou na mesma cola das taquillas. Fixéronse varias pegadas de cartaces, a primeira antes de que comezasen as funcións centrada nos colexios da cidade e durante o tempo que estivo o circo foron aparecendo máis, principalmente en zonas céntricas.

O sábado 12 antes das dúas funcións pola tarde e nun parque moi transitado, de camiño a onde estaba instalado o circo colgouse unha faixa e lanzáronse decenas de panfletos. O domingo derradeiro día do circo na cidade pegáronse dúas faixas polo mesmo paseo do parque.

Ademais sabemos que o hostigamento foi continuo e que durante o tempo que pasaron aquí non estiveron moi tranquilxs, varias noites chamaron á policía porque a xente lles berraba ou pitaba ao pasar polo seu lado e antes de cada función a policía ficaba polos arredores do circo un bo rato. As súas queixas recoñecendo que sufren boicot en moitas vilas e cidades a onde van e o ridículo panfleto que reparten tras cada función (totalmente desarmado na noticia que se enlaza por certo)[2] demostran que elxs saben que o fin dos circos con animais está perto.

Por Dumbo, Aleksandre, Sabana, Mary, Javier Recabarren, Pipo e tantxs outrxs… Animais que nos ensinan a incríble forza que ten a loita por ser libres.
Por elxs, pola liberación total. ¡Ata destruír todas as gaiolas!

[1] …rotura de los cartaces, que teñen un coste que supera los 1.500 euros, por lo que se ha presentado la correspondiente denuncia […]

[…] De la Torre señaló que se han enterado del boicot porque “muchas personas” se pusieron ayer en contacto con el circo para preguntar si era verdad que se había cancelado […]

Fonte: Diario Lanza.

[2]…Aseguran que, aunque en algunas localidades se han encontrado algún gesto de rechazo por emplear animales en el espectáculo, lo que ha ocurrido en Ciudad Real supera con creces lo habitual […]

http://www.miciudadreal.es/2016/03/06/naci-aqui-y-no-es-verdad-que-no-veo-la-luz-del-sol-vivo-muy-tranquilo-los-animales-de-circo-cuentan-su-experiencia-en-un-diptico/

Fonte: Miciudadreal. Diario digital de Ciudad Real.

Advertisements

Unha resposta to “Crónica incompleta da loita contra o Circo Coliseo en Ciudad Real”

  1. […] do Continental e Nacho Pedrera probaron a convertelo nunha acción que puidese golpear e anular a loita contra a explotación animal nos circos que nesta cidade está realmente activa. Desde que volveron os circos con animais a Ciudad Real tras uns anos nos que non viñan non […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: