[Grecia] Carta do compañeiro Nikos Maziotis sobre o intento frustrado de fuga en helicóptero e sobre a última sentencia a cadea perpetua dictada contra él

Tiramos e traducimos do blogue La Rebelión de las Palabras, que tira e traduce do inglés de 325, a seguinte carta do compañeiro Nikos Maziotis, anarquista preso en Grecia e membro de Loita Revolucionaria sobre o intento fallido de fuxir do cárcere de Koridallos en helicóptero o pasado 21 de febreiro e sobre as últimas sentencias dictadas contra él no segundo xuízo contra Loita Revolucionaria onde se xulgaban o intento de fuga, o tiroteo contra a policía no barrio de Monastiraki en Atenas no que Nikos foi ferido de bala e recapturado e algunhas expropiacións bancarias.

O intento de escapar da prisión de Koridallos en helicóptero o 21 de febreiro de 2016 – unha operación levada a cabo pola compañeira Pola Roupa, membro de Loita Revolucionaria – foi un acto revolucionario, unha acción de guerrilla pola liberación dxs prisioneirxs políticxs. Foi un medio de continuación da actividade de Loita Revolucionaria, unha resposta ás operacións represivas do Estado contra a nosa organización e contra outrxs presxs políticxs, compañeirxs que están en prisión por actividade armada tamén. Foi por tanto un acto de solidariedade exemplar de gran e única importancia. A operación de escape da prisión foi un paso cara continuar a actividade revolucionaria armada; promovendo a loita polo derrocamento do Estado e o Capital; Invertindo a política do establishment dos programas de rescate impostos pola Troika dos xefes supranacionais do país, a CE, o BCE e o FMI, para os cales o MEE (N. De T.: Mecanismo de Estabilidade Europea) foi engadido coa promulgación e implementación do terceiro programa de memorándum polo goberno de Syriza. A loita armada nas presentes circunstancias é máis oportuna e necesaria que nunca. O fallo desta operación non nos doblegará. Loitaremos mentras vivamos e respiremos.

mazio-1024x768

Loita Revolucionaria ten demostrado que permaneceu de pé ao longo dos anos, a pesar de sucesivos golpes represivos e sacrificios: O sangue do compañeiro Lambros Foundas, quen foi asasinado o 10 de marzo de 2010 nun tiroteo coa policía no distrito de Dafni, Atenas, durante unha acción preparatoria da organización; os nosos arrestos un mes despois, o 10 de abril de 2010, na véspera de que Grecia asinase o primeiro memorándum; o meu arresto o 16 de xullo de 2014 en Monastiraki, Atenas, onde fun ferido despois dunha persecución e tiroteo coa policía. Loita Revolucionaria permaneceu de pé porque asumimos a responsabilidade política pola nosa participación na organización – en Grecia, fumos a primeira organización armada anarquista e revolucionaria en facelo – e porque defendimos a nosa historia, as accións da organización e ao noso compañeiro Lambros Foundas, quen deu a súa vida para que o memorándum non pasara; para convertir a crise nunha oportunidade para a revolución social. Permanecimos de pé como unha organización porque non nos importaba para o custo e o prezo, porque non nos convertimos en traidores ou desertores, porque ningún/ha de nós tentou salvar o seu propio pelello no momento da represión. É precisamente porque reclamamos a responsabilidade política polo que permanecimos vivxs como unha organización na prisión en 2010-2011. Dimos unha batalla política contra o inimigo no primer tribunal especial. Unha vez liberadxs da prisión tras 18 meses de detención preventiva, escollimos non entregarnos ao inminente encarcelamento e pasamos á clandestinidade no seu lugar, para continuar a loita armada e a actividade da organización.

O ataque de Loita Revolucionaria – Comando Lambros Foundas o 10 de abril de 2014 contra o Banco de Grecia, unha sucursal do BCE – unha das máis popularmente odiadas organizacións que forman o cuarteto de xefes supranacionais – pero tamén un edificio que albergou a oficina do representante permanente do FMI en Grecia, anulou a operación represiva de 2010, e continuou a estratexia da organización que foi lanzada en 2009 cos ataques a sedes de Citibank e unha das súas sucursais, unha sucursal de Eurobank e a Bolsa de Atenas. Durante anos Loita Revolucionaria enfróntase coa punta de lanza da represión do Estado, posto que a cuestión de tratar coa organización e a actividade revolucionaria xeralmente armada é unha importante prioridade para a supervivencia do establishment, buscando eliminar o inimigo interno para a suave execución e aplicación de programas de rescate, que constitúen políticas de xenocidio social e limpeza de partes da poboación.

En 2007, o Departamento de Estado de EE.UU. e o Estado grego puxeron recompensas de 1 millón de dólares e 800.000 euros, respectivamente, tras o ataque da organización cun antitanque RPG á embaixada de EE.UU. en Atenas. En 2010, o goberno de Papandreou celebrou os nosos arrestos, e un funcionario do goberno declarou que previñeran un estalido que tería rematado coa economía, na véspera da firma do primeiro memorándum e no medio do terror polo colapso da economía grega. En 2014, despois de que pasáramos á clandestinidade e de que fósemos sentenciadxs a 50 anos de cárcere polo primeiro tribunal especial, o goberno de Samaras ofreceu unha recompensa de 2 millóns de euros polas nosas cabezas – un millón pola compañeira Roupa e outro millón por min. O meu arresto, tres meses despois do ataque de Loita Revolucionaria contra o Banco de Grecia, foi celebrado polas autoridades gregas. Funcionarios de EE.UU. felicitáronlles pola miña recaptura e fixeron declaracións sobre estabilidade política. Medidas especiais foron implantadas tras o meu arresto e, en decembro de 2014, fun transferido á recén inaugurada prisión de máxima seguridade de Tipo C, sendo este o primeiro traslado deste tipo dun presx políticx, xa pre-anunciado dende a miña recaptura. En abril de 2015, fun incluído na lista de “terroristas internacionais” designada polo Departamento de Estado, incluso a pesar de que eu estaba en prisión. As autoridades desataron agora unha caza humana para arrestar á compañeira Roupa. Todo isto demostra que combater a Loita Revolucionaria ten unha gran importancia para o establishment. É dicir, a represión contra Loita Revolucionaria e a aplicación de memorándums, xunto coa estabilidade política do establishment, van da man.

O último eslabón na cadea da represión do establishment contra Loita Revolucionaria é a decisión do 2º xuízo contra a organización, uns poucos días despois do intento de fuga da prisión. Fun sentenciado a cadea perpetua polo ataque explosivo contra o Banco de Grecia, mais 129 anos por dúas expropiacións a oficinas bancarias e por disparar aos policías que me perseguiron en Monastiraki.. A imposición da sentencia máis severa posible para o ataque da organización contra os xefes do país é unha decisión política consciente e non só unha esaxeración procesal. Como xa declarei, esta decisión apunta non a aterrorizarme a min – porque saben que non me arrepinto e que seguirei sen arrepentirme – senón a aquelxs que queiran optar pola loita armada, compañeirxs do ambiente anarquista/antiautoritario e outrxs loitadorxs dentro da sociedade. Esta decisión política – aplicada por primeira vez en Grecia en relación a un ataque explosivo que tivo lugar despois dun aviso por chamada telefónica, non causando feridos senón só danos materiais – está dirixida a múltiples recipientes e envía unha mensaxe intimidatoria, que xs loitadorxs que opten pola actividade revolucionaria armada serán tratadxs coa máxima severidade.

Esta decisión demostra a cada vez máis dura postura do establishment contra o seu inimigo número un – Loita Revolucionaria, xs loitadorxs armadxs. Non é difícil entender por que, nun momento no que o goberno de Syriza votou o terceiro memorándum, que é máis duro que os anteriores. A gran diferencia entre o trato penal no primeiro e o segundo xuízo contra Loita Revolucionaria podería dar lugar a malinterpretacións. Gustaríame, por tanto, apuntar o seguinte: Dende a creación de leis antiterroristas en 2001 e 2004, esta lexislación especial constitúe unha elección política do Poder para tratar do xeito máis efectivo posible coa guerrilla urbana en Grecia como unha ameaza maior para o establishment. Unha disposición na lexislación antiterrorista permite a cadea perpetua, non por homicidio, senón por explosión a resultado da cal houbese perigo para os seres humanos ou se producise algunha lesión. Eu fun sentenciado a cadea perpetua baixo esta disposición. As decisións do tribunal especial en xuízos contra loitadorxs armadxs son eminentemente decisións políticas: os elementos no dossier da acusación son a miúdo de importancia secundaria. Por exemplo, como quedou demostrado durante as audiencias do segundo xuízo contra Loita Revolucionaria en relación ao ataque da organización contra o Banco de Grecia, incluso a pesar de que houbo unha chamada telefónica dando un aviso 50 minutos antes da explosión, os funcionarios de seguridade permaneceron dentro do edificio baixo instruccións do supervisor de seguridade do Banco de Grecia. O propio supervisor de seguridade admitiu que existe unha regulamentación estándar que obriga ao persoal de seguridade a permanecer dentro do edificio a pesar da ameaza de explosión. O mesmo ocorreu na sede do Banco do Pireo localizada enfronte do banco de Grecia, onde os axentes de seguridade permaneceron dentro do edificio baixo instruccións do director de seguridade do banco. Como quedou demostrado no primeiro xuízo contra a organización, o mesmo pasou tamén o 2 de setembro de 2009 no ataque de Loita Revolucionaria contra o edificio da Bolsa de Atenas, onde o persoal de seguridade permaneceu dentro como lles foi ordenado polo director de seguridade.

Queda así demostrado que aquelxs que son responsables de poñer en perigo a humanxs son os executivos do poder económico e os mecanismos e estructuras centrais do establishment, tales coma os bancos e a bolsa, que consideran ás persoas e á poboación enteira como prescindibles, e incluso os axentes de seguridade das súas instalacións. Porque, para elxs, os seus beneficios pasan por enriba de todo; os seus beneficios, que están bañados en sangue e miseria, pasan por enriba da vida humana en sí mesma. Estes son os mecanismos que o pobo grego considera responsasbles da política implementada nos últimos seis anos, a cal resultou en milleiros de mortes e millóns de persoas pobres, indixentes e famentas. Estes son os mecanismos a cuxos executivos (banqueiros, accionistas principais, grandes empresarios) o pobo grego considera xunto aos seus subordinados (políticos dos gobernos gregos) responsables pola devaluación da vida de millóns de persoas, polos suicidios e a pauperización; non axs loitadorxs de Loita Revolucionaria. Os ataques de Loita Revolucionaria contra ditos mecanismos e estructuras son en gran medida popular e socialmente aceptados.

No primeiro e o segundo xuízo contra a organización, fun coherente en encarar ao inimigo en tribunais especiais. Isto implica tomar a responsabilidade política, a defensa política da actividade de Loita Revolucionaria, da loita armada e da Revolución polo derrocamento do Estado e o Capital, sen importar o custo nin o prezo. Este é o deber de todx loitador/a, de todx anarquista, de todx revolucionarix que se enfronte cxs xuíces/zas e os órganos do inimigo. A sentenza de 50 anos de cárcere no primeiro xuízo estivo baseada na asunción da responsabilidade política. Por esta razón fomos condenadxs como cómplices en 16 accións da organización polo teorema da responsabilidade colectiva, en lugar de ser condenadxs como autorxs reais. A resposta do Estado ao feito de que eu permaneza coherente na miña traxectoria como loitador e continúe defendendo Loita Revolucionaria, e por extensión a loita armada e a perspectiva da Revolución e o derrocamento do establishment, foi o resultado do segundo xuízo, onde fun sentenciado a cadea perpetua por unha acción, o ataque explosivo contra o Banco de Grecia. A miña traxectoria enteira tras os arrestos iniciais en 2010, o feito de que Loita Revolucionaria permanecese viva durante a detención preventiva en 2010-2011, o feito de que a compañeira Roupa e eu defendésemos a actividade da organización no primeiro tribunal especial, a nosa elección de non entregarnos á prisión, de pasar á clandestinidade e continuar a loita armada e a actividade da organización co ataque contra o Banco de Grecia, toda esta traxectoria e todas esas eleccións están baseadas na asunción da responsabilidade política pola nosa participación en Loita Revolucionaria despois de ser capturadxs en 2010. Isto é o que o Estado tentou esmagar por medio da decisión no segundo xuízo contra a organización.

A miña cadea perpetua en prisión foi unha mensaxe para xs loitadorxs que asumen a responsabilidade política e non rexeitan a súa actividade nin a súa pertenza ás súas organizacións.

As cousas estánse volvendo cada vez máis claras para xs loitadorxs que queiran resistir e xs presxs políticxs. O dilema “rexeitamento ou cadea perpetua” (nos vellos tempos era a execución por pelotón de fusilamento) faise efectivo; un dilema posto ahí polo Poder, un dilema que nos vellos tempos era “rexeitamento ou morte”.nikos1416329156

Co tempo, para suprimir calquera perspectiva revolucionaria, o Estado non só non se limita á predominancia militar sobre os seus rivais, senón que tamén tenta a súa derrota política obrigándolles ao rexeitamento político. No caso da guerrilla urbana de Europa occidental nos ’70 e ’80, especialmente en Italia, o obxectivo do repudio político non foron as conviccións ou a identidade política dun/ha mesmx, senón máis ben a loita armada como un dos medios da loita e as organizacións de guerrilla urbana. En Grecia, o dilema exposto polo Poder foi unha vez este: Ou o rexeitamento do comunismo ou o encarceramento e, noutras circunstancias, a execución por pelotón de fusilamento. Hoxe en día, máis indirectamente, o dilema é este: Ou a elección da loita armada revolucionaria con fortes custos e consecuencias, ou a renuncia da loita armada revolucionaria a ser un dos medios de loita. Ou a asunción da responsabilidade política pola participación dun/ha nunha organización armada e a defensa da súa actividade, ou a aceptación da procura do Estado do rexeitamento a unha organización armada e á pertenza dun/ha a ela, e por extensión da loita armada, ante o medo a ir a prisión.

Noutros períodos máis difíciles como a ocupación e a guerra civil, o prezo a pagar pola loita era o pelotón de fusilamento, e non só para a loita armada. Moitxs loitadorxs que se enfrontaron co dilema de “rexeitamento ou morte” preferiron o pelotón de fusilamento; por suposto non porque quixesen converterse en mártires, senón porque creron que o rexeitamento era unha vergoña e unha desgraza; como tal, era considerado peor que a morte. Houbo militantes armadxs e guerrillas do ELAS (Exército de Liberación do Pobo Grego) e do DSE (Exército Democrático de Grecia) pero tamén loitadorxs que non emprenderon a loita armada, que permaneceron sen arrepentirse e foron enviadxs por milleiros ao pelotón de fusilamento durante a Ocupación e a Guerra Civil; Foron executadxs en Goudi, no campo de tiro de Kessariani, nos campos de Chaidari e Pavlou Mela, en Makronissos e Corfu, en Yedi Kule. De maneira similar en España, tras a vitoria de Franco, miles de anarquistas armadxs que loitaron pola Revolución entre 1936-1939, e que emprenderon a guerra de guerrillas ata 1975, foron enviadxs a pelotóns de fusilamento en Campo da Bota, Montjuïc, Carabanchel, ou estranguladxs polo método do garrote vil – usado como medio de execución para xs herexes durante a Inquisición.

A loita polo derrocamento do Estado e o Capital é unha actividade que require conviccións inquebrantables, responsabilidade, coherencia, compromiso, compromiso político, vontade férrea e coñecemento político e teórico dos principios e experiencias da tradición revolucionaria histórica. Como podemos sequera falar de loita, de liberación social, revolución, anarquía, pedíndolle a outrxs que participen nunha loita subversiva con todos os custos e consecuencias que implica, se nós mesmxs non somos quen de asumir a responsabilidade polas nosas eleccións políticas?

Por primeira vez en décadas – desde a era do Estado de posguerra, cando as guerrillas do ELAS que foron excluídas polo Tratado de Varkiza de 1945, que non recoñecía a súa actividade como política, así como aquelxs do DSE permaneceron en prisión durante polo menos 15 anos – hai unha perspectiva de que xs presxs políticxs sentenciadxs a 25 anos ou a cadea perpetua pola acción armada revolucionaria permanecerán moitos anos nas prisións do contemporáneo Estado grego-marioneta da élite económica supranacional. Estamos a atravesar un período onde o Poder mesmo está a tentar indirectamente expor dilemas para educir credenciais unha vez máis, como no pasado, para rompernos co espectro do encarceramento de longa duración.

A loita pola Revolución Social, polo derrocamento do Estado e do Capital, debe continuar a pesar das dificultades, os custos e as consecuencias. Nunca entregaremos as armas da nosa loita.

NON HAI PAZ, NON HAI TREGUA CO ESTADO E O CAPITAL.
LOITA ARMADA POLA REVOLUCIÓN SOCIAL.
HONOR PARA SEMPRE AO COMPAÑEIRO LAMBROS FOUNDAS, MEMBRO DE LOITA REVOLUCIONARIA.

Nikos Maziotis, membro de Loita Revolucionaria

Advertisements

Unha resposta to “[Grecia] Carta do compañeiro Nikos Maziotis sobre o intento frustrado de fuga en helicóptero e sobre a última sentencia a cadea perpetua dictada contra él”

  1. […] no barrio de Pagrati, Atenas, o pasado 29 de marzo. O acto reivindícase en solidariedade co anarquista membro de Loita Revolucionaria Nikos Maziotis e cos compañeiros Giorgos Petrakakos e Antonis Stamboulos xa que os tres foron condenados […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: