Sobre a aparente boa relación entre o anarcosindicalismo coruñés e os mass-merda

Recibimos por correo electrónico o seguinte escrito e compartimos:

Quixemos agardar unhas semanas, deixar unha marxe para a aclaración, pero dado que non recibimos nada salvo o silencio, quixéramos dar a coñecer un feito que chamounos a atención e que parécenos que require dunha reflexión seria.

Recentemente, no contexto da represión aos dous compañeiros da compañía teatral Títeres desde Abajo que foron encarcerados durante uns días e imputados formalmente por apoloxía do terrorismo por ter representado unha obra de monicreques en Madrid onde se amosaban escenas “incómodas” tanto para poderosos como para escravos satisfeitos, ocorreu un feito que nos levou, unha vez mais, a cuestionarnos a suposta relación de “compañeirismo” que como anarquistas e antiautoritarias mantemos co anarcosindicalismo coruñés.

699720109A diferentes destinatarias de e-mail chegou un comunicado, asinado polo Secretario do Sindicato de Oficios Varios “Unión Anarcosindicalista” de A Coruña, e que ía dirixido ao medio de comunicación comercial La Voz de Galicia, en referencia ao xeito no que o devandito falsimedio reflexou a nova da detención dos compañeiros. Nunha ao noso entender ridícula mostra de “buenrollismo”, o comunicado correxía parte da des-información verquida pola Voz de Galicia, medio ao cal califican literalmente de “medio de referencia informativa” (???).

Ademáis de referirse deste xeito a La Voz de Galicia, no seu comunicado dirixido a este falsimedio, o Secretario do SOV da Unión Anarcosindicalista de A Coruña afirma, textualmente, o seguinte:

“Sabemos ben das dificultades que entraña o desenvolvemento do xornalismo riguroso e comprometido do seu médio polo que comprendemos perfectamente a absoluta ausencia de contraste nas informacións que verteu onte sobre este tema.”

Non entendemos por que unha organización que se di libertaria, e inimiga dos intereses e valores deste sistema (e entendemos por tanto que tamén dos seus voceiros oficiais), concede esa “palmadiña nas costas” a un medio de comunicación que durante anos funcionou (e segue funcionando) baixo os compases que marcan os amos, publicando case calcados os informes e atestados que lles achegaba a policía (alguén esqueceu o programa Vía V emitido en V Televisión, canle de La Voz de Galicia, o 29 de abril de 2013? Sí, aquel no que repetían coma un loro as mentiras policiais alarmistas sobre “o incremento de anarquistas na Galiza” co obxectivo de “infiltrarse nos movementos sociais” e confundían o nome dunhas xornadas chamadas Novembro Negro por ser realizadas en novembro do ano anterior, 2012, co nome dun presunto “grupo anarquista”), xustificou a detención de loitadoras sociais tanto anarquistas como doutras tendencias, silenciou casos de brutalidade policial e de mortes en prisións tanto galegas como doutros puntos do Estado, reproduciu as mentiras nas que se apoian socialmente os megaproxectos que asolaron os ecosistemas galegos nos últimos anos, e que en definitiva representa un dos medios de información máis poderosos e importantes do cuarto poder galego.

Ao mellor andamos faltas de perspicacia e por iso cústanos captar a retranca desta comunicación, no momento en que a entendemos como unha falta de responsabilidade libertaria, pero o que vemos é un exemplo mais da sempiterna tentativa dalgunhas organizacións sociais de procurar consideración dentro dos medios de comunicación que actúan como voceiros das élites ás que esas organizacións sociais presumen de enfrontarse, e iso parécenos patético. En lugar de escribir comunicados procurando coidar a súa imaxe nos medios de intoxicación informativa ao tempo que mostran un abandono total dos seus propios órganos de expresión ou dos medios de comunicación libertarios, pensamos que se cadra sería máis constructivo que realizasen un exercicio de autocrítica e responsabilidade propias dunha organización libertaria. Porque xestos como este non fan máis que confirmar o que xa se ten demostrado en ocasións anteriores, unha comunicación interesada e unha coligazón prácticamente nula coas loitas e proxectos específicamente anarquistas deste país, e ao tempo, unha prioridade pola imaxe que incluso pasa por riba das propias loitas anarquistas, poñamos de exemplo a reacción canallesca do sindicato coruñés nos sucesos da manifestación na cidade herculina durante a folga do 14-N de 2012.

Non pretendemos con isto iniciar un debate cibernético insulso nin tampouco poñer en evidencia a ninguén, pero pensabamos que era necesario visibilizar este feito, que chamounos a atención e seméllanos intolerable. Os medios de comunicación dos amos son parte intrínseca non só das estructuras que nos dominan na súa totalidade (xa que son creadores de opinión, e polo tanto de valores, conductas e ideas, cun gran poder de influencia sobre a sociedade) senón que fan parte dos corpos represivos, os cales non poderían lexitimar boa parte das súas maniobras e operacións contra loitadoras sociais de non ser polo traballo de manipulación e criminalización desempeñado por eses medios.

Por isto, os falsimedios como a policía, os xuíces, os patróns e as demáis persoas representantes das distintas formas de opresión e autoridade que padecemos diariamente, son os nosos inimigos, e non queremos caerlles ben. Porque preferimos ser infames antes que traidoras, e porque como dicían Los Planetas nunha canción…

“Todos os xornais minten”

Algunhas individualidades anarquistas galegas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: