No mundo dos patróns todos somos estranxeiros

Texto do Grupo Autónomo da Facultade de Física de Tesalónica (Grecia), escrito sobre a cuestión migratoria. 

12227636_10208486882873445_6725210887086544740_n

Durante o último ano estamos a seguir de preto e con angustia o drama que se está desenvolvendo no tema dos inmigrantes (refuxiados). A sociedade grega e os medios de desinformación masivos de súpeto mostraron «sensibilidade» e unha careta caritativa cara aos inmigrantes, mentres que hai uns anos facíase referencia a eles da peor maneira. Tamén, vemos que unha parte da sociedade non dubida en expresar os seus reflexos racistas. Non temos, con todo, ilusións sobre a xestión das relacións de Poder que ocorren ao noso arredor.

Desde logo, o que se nos escapa é que sempre houbo inmigrantes, sendo a parte máis extremamente infravalorada (menosprezada) da sociedade. Debido á situación en que se atopan, son discriminados e explotados, polo que en períodos de desenvolvemento constitúen a man de obra barata do Capital, mentres que en tempos como o actual, que aumentou significativamente o número dos inmigrantes no medio dunha crise financeira, o capitalismo europeo non é capaz de explotalos e absorbelos, así que os cualifica como man de obra excedente e redúceos a unha parte do problema (migratorio).

Durante os últimos meses vimos como a Soberanía xestiona problemas como as discriminacións, a reclusión, os valos e a represión.

Fíxose unha discriminación entre refuxiados e inmigrantes. Os primeiros son os que foron botados dos seus países debido a guerras, enfermidades ou desastres naturais, polo que se lles dá o dereito de cruzar a fronteira. Todos os demais son cualificados como inmigrantes (termo que durante os últimos anos adquiriu un carácter negativo na sociedade grega), xa que a fuxida do seu país de orixe foi debida a motivos económicos, políticos e outros. Estes motivos non son suficientes para que sexan considerados «axeitados» de entrar en Europa, polo que poden afogarse nas augas do Exeo. Desde logo, se teñen «sorte», serán devoltos aos seus países de orixe con procesos curtos. Os que non logran entrar en Grecia, darán coa «hospitalidade» grega, a cal está constituída por controis puntillosos, a súa reclusión durante un tempo indeterminado nos campos de concentración modernos baixo condicións miserables, e desde logo a represión cruel de calquera tentativa de opoñerse a estas condicións.

Ao mesmo tempo as fronteiras seguen reforzándose con tropas do Exército e con estruturas permanentes, dificultando aínda máis a entrada (dos inmigrantes) en Europa, e contribuíndo ao aumento dos que tentan entrar nela.

Simultaneamente, a través dos medios de desinformación masivos, o Estado trata de coar a súa careta humanitaria, valéndose ao máximo das súas posibilidades como medios de engano, e deixando a parte material-práctica da axuda aos inmigrantes ás Ong e aos fondos europeos. Así que temos unha chea de voluntarios e Ong, que cobren o baleiro que deixa o Estado. Os primeiros sénteno como unha obrigación moral ao próximo e ao país, e as segundas queren montar un negocio lucrativo. Xunto con empresarios especuladores está a montarse unha rede de economía e economía mergullada, asumindo o Estado o rol do garante da paz social. Isto nótase na súa tentativa de reprimir as estruturas horizontais de solidariedade cos inmigrantes.

É obvia a tentativa do Estado grego de machucar ao xa extremadamente menosprezado grupo social dos inmigrantes. Desde a súa reclusión nos campos de concentración, ata a retórica racista do Estado e os medios de desinformación, e a agudización dos reflexos racistas da sociedade, decatámonos do intento da Soberanía de ilegalizar a propia existencia dos inmigrantes. A súa reclusión nos centros de retención contribúe á súa exclusión social, e impídeos atoparse cos demais segmentos explotados da sociedade, e organizar as súas resistencias á explotación que están a experimentar.

Na tentativa de indicar aos inmigrantes como inimigo interno dos que son partidarios da identidade grega-ortodoxa (fascista), estamos a observar a fascistización dunha parte da sociedade grega. Esta fascistización maniféstase cos «cidadáns indignados» e os comités racistas de veciños, quen se volve contra os inmigrantes, temendo «pola súa seguridade e a desvalorización das súas fortunas». Moitas veces estes comités son alimentados ou apoiados por varias facetas organizadas do Poder (maderos, medios de desinformación masivos, Mencer Dourado) con tal de reforzar as discriminacións falsas entre os segmentos indixentes da sociedade, e a eliminación das resistencias colectivas contra as relacións de explotación.

Nós optamos por estar á beira dos parias desta Terra, non como expertos chamados a xestionar as vidas dos inmigrantes, senón como persoas que queremos edificar loitas comúns e relacións de igualdade entre eles e nós. Decatándonos da desvalorización extrema dos inmigrantes por parte do Estado e a patronal, deducimos que a ilegalización da vida dos humanos beneficia só ao Capital. O emprego mergullado, o traballo non remunerado, a exclusión social e por suposto a incapacidade de opoñerse ás condicións de vida miserables que experimentan, compoñen o conxunto da política contra os inmigrantes e da súa ilegalización.

Por conseguinte, esiximos a legalización da existencia de todos os e as inmigrantes, esiximos papeis para todos e todas, montando barricadas contra a ofensiva cruel do Estado e do Capital contra as nosas vidas. Esiximos que poidan organizarse xunto connosco, nos lugares de traballo, nas escolas, nas universidades, nos barrios. A través da edificación de redes de solidariedade e de procesos de loita que anulen as discriminacións entre nativos e inmigrantes. Creamos as relacións e condicións para a emancipación e a reivindicación da nosa dignidade e a nosa vida en común, lonxe das discriminacións e as distincións que se impoñen «desde arriba», así como coa nosa loita continua xunto cos oprimidos deste mundo.

Non hai gregos, non hai estranxeiros, non hai humanos legais e ilegais. Papeis para todos e todas. Loita continua contra a explotación da nosa vida, pola destrución de fronteiras, valos e campos de concentración.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: