Desmontando o andamio – Algunhas reflexións persoais tras o xuízo contra Mónica e Francisco

Tirado e traducido dende o blogue La Rebelión de las Palabras.CdBvEGIXEAAWFUP
Estes días, moitxs compañeirxs chegadxs de distintos puntos do Estado español démonos cita en Madrid co obxectivo de amosar a nosa solidariedade e acompañar axs compas Mónica e Francisco no seu xuízo na Audiencia Nacional. Un bó grupo concentrouse no exterior do edificio, berrando consignas que lograron traspasar os muros e abrazar a Mónica e Francisco, cuxa actitud digna, firme e consecuente durante o xuízo foi tamén para moitxs de nós un empurrón, un alento, un motivo máis para sentirnos cómplices e decididxs a seguir adiante, sexan cales sexan as artimañas que o inimigo poida tramar para pecharnos. Mentras, outrxs tantxs puideron entrar á sala. Para se enterar mellor dos pormenores de cada unha das sesións, recoméndovos moito a lectura dos 3 resúmenes que foron publicados por outrxs compañeirxs no Indymedia Barcelona (podedes acceder clickando a continuación no enlace correspondente: primeira sesiónsegunda sesión, terceira sesión). O obxectivo deste escrito non é tanto relatar os feitos senón leelos, compartir reflexións do durante e do despois, coa fin de tentar achegar un pouco máis a situación a compañeirxs doutros territorios do planeta ou do propio Estado español pero que polas razóns que fosen non puideron desprazarse a Madrid.

“Non importa o que ocurra, porque o fodido é que a sentencia xa estaba escrita antes do xuízo, pero coma sempre a democracia precisa un paripé que lexitime a súa represión.

Non lle falta razón, e aínda que podería matizarse e completarse ata o infinito, esa afirmación súa aínda que simple reflicte bastante ben un sentimento que comparto. E é que o xuízo contra Mónica e Francisco non foi máis que un teatro, unha obra representada sobre os escenarios mediáticos e xudiciais nos que o sistema lexitima e valida socialmente todas as súas cadeas, onde os cadeados e as sogas que encerran e estrangulan ás súas adversarixs toman a forma de ficheiros, e de declaracións e probas tan falsas como a máscara de presunta imparcialidade e obxectividade tras a cal unha xuíza covarde e prepotente rise de nós.

Din por ahí que a Xustiza (así, en maiúscula, coma unha institución suprema de criterio absoluto) é obxectiva, que é cega, que é (ou debería ser) imparcial. Non obstante, quenes levamos un tempo neste lado das cousas sabemos moi ben que todos eses mitos só convencen ao cidadán medio, feligrés ad-hoc da relixión democrática.

No que a nós respecta, o xuízo cumpriu (e quizá superou) as nosas expectativas. Nin o tan hilarante como irrisorio despregamento de “probas” presentadas pola fiscal e polxs distintxs peritos policiais, nin a constante e descarada tentativa por parte da xuíza de entorpecer/silenciar/obstaculizar as declaracións da defensa (especialmente aquelas menos convenientes para a súa andamiaxe represiva, dado que desarticulaban as falacias que a apontoan) sorprendéronnos, aínda que si fixeron aflorar unha vez máis a ira e a impotencia, sentimentos aos que estamos tristemente acostumadxs.

Nin impresións dixitais nin ADN dxs compañeirxs foron atopados nin nos restos do explosivo detonado na Basílica do Pilar de Zaragoza nin na cabina telefónica usada para facer a chamada que deu o aviso de bomba; Os supostos vídeos de seguridade, aínda que segundo a fiscal e os peritos policiais amosarían a persoas con “a vestimenta e o xeito de andar” (¿?) de Mónica e Francisco, carecen da calidade mínima estipulada (en canto a cantidade de píxeles e definición das imaxes) para servir como proba, e ademais as análises antropométricas realizáronse en relación a imaxes recollidas aleatoriamente da internet (tal e como os propios peritos policiais recoñeceron nas súas declaracións) sen poder estar seguros de se esas fotografías foran modificadas ou alteradas mediante programas e aplicacións de montaxe fotográfica, e isto por non falar de que non hai unha soa das imaxes de cámaras de Zaragoza onde se vexa axs compañeirxs ou a alguén que se lles pareza, limitándose todo a imaxes do Metro de Barcelona, cidade onde elxs residían; Non houbo rastro algún dos presuntos “boletíns internos” dos GAC que xs compañeirxs posuirían, nin tampouco ningún documento que certificase os supostos “achados” dos madeiros, como as “notas sospeitosas” en “cadernos de tapa negra” ou os supostos “manuscritos”; As mentiras pronunciadas pola acusación na sala cando dixeron que Mónica e Francisco foran condenadxs por terrorismo en Chile (dentro da Operación Píntega/Caso Bombas) e que a súa absolución debeuse a un “erro procesal” (¿?) son directamente falsas; Ademais, as 4 testemuñas que presentou a defensa confirmaron as declaracións que no seu momento deron á policía, nas cales ningunha das características que describiron dxs individuxs que lles chamaron a atención (idade, aspecto, acento da fala…) correspóndense coas de Mónica e Francisco, e isto por non falar de que, a pesar de que mantén as acusacións por estragos e lesións e continúa solicitando unha condena de varios anos de cárcere (aínda que de 12 anos e medio, moito menor que a petición de 44 anos que solicitou a fiscalía) e unha indemnización de máis de 100.000 euros, o avogado da muller que dixo sufrir dano nun oído por mor da explosión do artefacto por cuxa colocación se acusa a Mónica e Francisco retirou a acusación por terrorismo, recoñecendo a pesar de ser parte da acusación que non existen probas reais que confirmen que a FAI/FRI é unha organización terrorista (dado que desde 2009, de feito, non figura como tal na Disposición Europea, dato que, por certo, os “profesionais” peritos policiais descoñecían cando tentaron soster os seus argumentos apuntando que na disposición de 2001 si aparecía). En fin, nin unha soa proba consistente máis aló das declaracións de testemuñas da fiscal (que casualmente, son TODXS policías) baseadas exclusivamente en innumerables imprecisións e probas inválidas que a defensa, afortunadamente, puido ir refutando e desmontando unha por unha, para escarnio da xuíza e os seus colegas.

Podería poñerme a desmenuzar todas as especulacións e fantasías de película ianki de acción que unha das peritos policiais que declarou para a acusación soltou ao redor da suposta vinculación de Mónica e Francisco cos GAC e á suposta conexión destes coa Federación Anarquista Informal. Con todo, ademais de que debo recoñecer que me dá bastante preguiza, interésame centrarme aquí nun aspecto particular disto, en concreto na persistente tentativa do Estado por criminalizar e converter en proba xudicial os lazos de afinidade e solidariedade que unen axs compañeirxs máis aló das fronteiras e as distancias. Durante esa parte do xuízo, correspondente á segunda sesión, feitos como a contribución de Mónica ao libro “Mapeando o lume” (editado en distintos territorios e idiomas e que contén palabras de diversxs compañeirxs anarquistas presxs ao redor do mundo en solidariedade cxs presxs anarquistas da Conspiración de Células do Lume en Grecia), ou como os saúdos solidarios que anarquistas presxs doutras partes do planeta enviaron no seu día a Mónica e Francisco (mencionáronse o chamamento ao Decembro Negro dos compas Panagiotis Argyrou e Nikos Romanós desde Grecia e un comunicado reivindicativo dunha acción de sabotaxe realizada en Barcelona no marco desta mesma campaña, por exemplo) convertéronse por encantamento en “evidencias” da presunta “pertenza” de Mónica e Francisco a FAI/FRI (como sempre, partindo da base de que a FAI/FRI posúe algún tipo de estrutura formal/fixa, con determinados “liderazgos” e roles marcados, o cal simplemente é falso) e por tanto en elementos importantes para a aplicación de sentenzas condenatorias. Non entendo (nin me importa) en que medida unha persoa é responsable de que outrxs envíenlle saúdos ou lle dediquen as súas accións, pero sí é fácil dilucidar e resolver as intencións que tal exercicio de criminalización trae consigo. O que se busca e pretende é silenciar e afogar calquera berro que cruce as fronteiras, que voe sobre os muros que esta sociedade enferma levanta compulsivamente ao noso ao redor, e supere as barreiras que impoñen as elites para agarimar o rostro de quen permanece baixo chave, noutro punto xeográfico, noutro momento, pero baixo as mesmas regras demenciais. É importante incidir sobre isto, pois casos anteriores de estrutura e desenvolvemento similares aos da Operación Columna e aos deste xuízo derivado da mesma indícannos que a solidariedade se paga cara, e que mesmo cando son unhas simples palabras de afecto, sen máis vínculo que o agarimo que, ao saber das súas palabras e feitos consecuentes, espértannos determinadas persoas engaioladas ou non, o atrevemento de saudar a aquelxs a quen o Poder quere ver illados, sós e acurralados, ten consecuencias. Igual de destacables son os intentos (unha vez máis) por parte dalgúns peritos policiais, e da xuíza e a fiscal, de presentar o apoio mutuo e a solidariedade como prácticas exclusivas da FAI/FRI (¿?), coma se a solidariedade e o apoio que distintxs presxs anarquistas (á marxe de se foron ou non encarceladxs por accións reivindicadas no seu momento baixo estas siglas) mostráronse entre si fosen factores determinantes á hora de afirmar a pertenza das devanditas persoas a esa organización. Por esa regra de tres, todas as persoas que algunha vez escribimos unha carta a compañeirxs presxs, ou que participamos en concentracións e manifestacións de apoio, ou que repartimos panfletos e pegamos carteis informativos, ou que difundimos ou solidarizamos de calquera xeito con anarquistas prisioneirxs, poderiamos ser propensas a ser sinaladas como supostas membros desta organización? Calquera que se documentara minimamente sobre os aspectos máis básicos e superficiais da teoría e práctica anarquistas sabe perfectamente que a solidariedade e o apoio mutuo son valores e actitudes propios de toda persoa que se diga anarquista, xa que, cos seus moitos matices e diferenzas segundo o criterio da persoa á que preguntes (non todxs entendemos a solidariedade ou o apoio mutuo do mesmo xeito, aínda que compartamos unha base de mínimos común), ambos fortalecen a negación deste mundo, e expoñen a cooperación e a relación entre iguais como oposición a un mundo baseado na competitividade, o canibalismo social e o illamento, onde se nos empurra continuamente a entregarnos a unha malograda cultura do capricho irracional sen prestar atención ás consecuencias que os nosos actos teñen para outrxs, nin ás opresións ás cales estamos a contribuír con eles. A criminalización e os esforzos renovados por facer da solidariedade e do apoio mutuo elementos de sospeita non son casuais e responden á desesperación dos represores por illar toda práctica non recuperable e non asimilable polo seu sistema.

“A solidariedade e o apoio mutuo non só deberían ser unha práctica anarquista senón da humanidade no seu conxunto… Morte ao Estado e viva a anarquía!”

– Extracto da última declaración da compa Mónica Caballero durante a sesión final do xuízo antes de ser interrompida pola xuíza (que irritada e amolada pola actitude firme dxs compañeirxs desquitouse desaloxando toda a sala e expulsando axs solidarixs entre berros de apoio a Mónica e Fran).

Ademais de todo o expresado ao redor da criminalización da solidariedade e do apoio expreso axs anarquistas presxs tanto por parte doutrxs presxs como por parte de individualidades afíns na rúa, tamén quería mencionar outro aspecto da retórica da fiscal, que apunta neste caso ao intento, tamén persistente, de criminalizar os nosos medios de contrainformación. Durante as súas preguntas axs compañeirxs Mónica e Francisco, a despreciable fiscal da Audiencia Nacional Teresa Sandoval formulou varias preguntas axs compañeirxs (que se negaron a responder e só contestaron as preguntas das súas avogadas) entre as cales estaban as seguintes:

“Ten un folleto titulado ‘O Pracer armado’?”
“Usa a páxina web contrainfo.espiv.net?”
“Usa o correo electrónico riseup?”

Estas preguntas, aparentemente simple froito da ignorancia da fiscal sobre os temas que estaba a tratar, non teñen nada de inocentes.

En primeiro lugar, a mención por parte da fiscal do texto “O pracer armado” de Alfredo Maria Bonanno chama a atención, sobre todo por tratarse dun escrito cuxa publicación e difusión en Italia trouxo consigo tamén casos represivos do mais estrambótico. Lembremos que ao seu autor, Alfredo Maria Bonanno, escribir ese texto custoulle 18 meses de cárcere e que o Estado italiano levou a cabo unha queima de libros por todo o país e todas as librerías, bibliotecas ou editoriais que tiñan un exemplar recibiron unha carta do Ministerio do Interior ordenando a destrución destes e a pesar de que algúns libreirxs ou bibliotecarixs negáronse a destruír os volumes comparando con moito acerto esa medida coa queima de libros dxs nazis tanto a súa difusión como a súa consulta están actualmente prohibidas en Italia, o que demostrou onte e segue demostrando hoxe o incómodo que resulta o seu contido a fiscais, xuíces e madeiros. Cando hai uns anos a Operación Píntega (nome oficial do mediáticamente denominado Caso Bombas) sacudiu varios espazos anarquistas en Chile iniciando a caza de bruxas que hoxe nos trae ata aquí, lembremos que Carlos Aqueveque Bastidas, membro da DIPOLCAR chilena e perito que se encargou entón de realizar unha “análise” dos comunicados reivindicativos dalgunhas das accións que, por entón, imputábanse axs acusadxs (entre xs cales estaban Mónica e Francisco) xa tentou torpemente vincularlles con Bonanno, demostrando que a Operación Píntega (e a súa extensión no Estado español, a Operación Columna) son unha copia cutre do denominado Proceso Marini, polo cal Bonanno, xunto a outrxs anarquistas italianxs, foron detidxs e procesadxs acusadxs tamén de pertencer a unha suposta “organización terrorista” que a fiscalía se inventou. Agora, o pobre Bonanno volve ver o seu nome aparecer nun proceso contra anarquistas, aínda que polo menos, como podemos comprobar, algúns medios de comunicación chilenos nin sequera molestáronse en contrastar a información, e referíronse a él como Roberto Maria Bonanno, e non como Alfredo. A captura de pantalla a continuación foi extraída dunha noticia do medio de comunicación chileno La Tercera, aquí, e se tomei o pantallazo é por se acaso dálles por corrixir a información para tentar agochar os erros froito do seu banal e superficial trato da “información” que reciben directamente de fontes policiais:

la tercera mentira

Por outra banda, é sabido por todxs nós que determinados medios tecnolóxicos, e Internet especialmente, serven aos fins da dominación. O control social increméntase e aumenta as súas facultades cada día que pasa grazas aos avances tecnolóxicos que empresas e corporacións de todo tipo poñen a disposición de corpos policiais, militares, xudiciais e demais, mentres que aos medios disidentes resúltanos cada vez máis complicado adecuarnos ás necesidades da nosa seguridade persoal e colectiva en cada momento. Actualizar unha cultura da seguridade é importante (e isto dígoo sendo consciente das miñas propias carencias neste tema, e de que eu mesmo necesito poñerme as pilas con iso) e unha parte do abanico de ferramentas das que dispoñemos para iso é o servidor norteamericano Riseup, unha plataforma de correo electrónico administrada e sostida por e para medios e individualidades activistas, que non cede ás chantaxes de madeiros e xuíces que esixen información das súas contas, e que fan un gran traballo por preservar e mellorar a seguridade das súas usuarixs. Debido a isto, non é a primeira vez que o uso de correos electrónicos Riseup é empregado como elemento de sospeita contra compañeirxs en xuízos. Aquí, na Península Ibérica, podemos citar sen ir máis lonxe as declaracións do xuíz Bermúdez da Audiencia Nacional no contexto do proceso contra xs 11 anarquistas detidxs en Barcelona dentro da Operación Pandora, cando entre outras cousas, o xuíz sinalou como indicio para xustificar o seu encarceramento preventivo que “os acusados usaban correos con medidas de seguridade extremas, como riseup.net” (facendo click aquí pódese ler máis información disto en catalán, na web do semanal alternativo La Directa).

Ao respecto da pregunta da fiscal sobre se xs acusadxs consultan ou non a páxina web de contrainformación anarquista Contra Info, isto tampouco está exento de importancia nin de precedentes. Axs representantes do Poder sempre lles preocupou o traballo que as webs de contrainformación anarquista como Contra Info, como este mesmo blogue, ou como tantas outras webs, blogues, xornais e publicacións, realizamos ao dar voz e eco na medida das nosas limitadas posibilidades a todas aquelas visións, noticias, ideas, reflexións, debates e materiais que cuestionan a orde dominante desde unha óptica antiautoritaria e revolucionaria. Proba diso é a detención en xullo de 2012 dentro da Operación Ousadía de Elisa di Bernardo e Stefano Gabriele Fosco, dous compañeirxs italianxs que administraban un blogue de contrainformación anarquista chamado Culmine. Arrestadxs xunto a varixs compañeirxs máis, foron acusadxs, entre outras cousas, de instigar/facer apoloxía da comisión de actos terroristas por difundir e dar espazo a comunicados reivindicativos de accións ou a cartas e palabras de prisioneirxs anarquistas, de acordo a unha presunta violación da lei de información. Apuntaban xs compañeirxs Stefano e Elisa nunha entrevista concedida en 2012 axs compañeirxs da publicación anarquista Aversión (a entrevista atópase dispoñible en castelán para a súa lectura facendo click aquí) o seguinte:

Estamos plenamente convencidxs de que estamos a vivir un período novo dentro do anarquismo. Os blogues e os sitios web permiten a difusión de comunicados, escritos e elaboracións de maneira veloz en todos os lugares do planeta, que permiten o intercambio de ideas e propostas entre compañeiros e compañeiras que probablemente non terían nunca a posibilidade de atoparse fisicamente. Trátase dunha verdadeira revolución nas relacións entre anarquistas. Somos ben conscientes dos grandes límites presentes nesta nova maneira de relacionarse, xa sexa porque o instrumento utilizado non é neutro, senón que está xestionado e controlado polo inimigo, como porque os riscos que hai son moi elevados, como ocorreu con Culmine, o cal con todo non elixiu o anonimato.

Polo tanto, comprobamos como os métodos e a estratexia represiva seguidos pola Audiencia Nacional non crean un escenario puntual nin illado senón que reproducen os mesmos montaxes torpes pero non por iso menos perigosos que vimos antes en Chile, Italia, e outros territorios. Os intentos por perseguir e criminalizar socialmente ferramentas como as ferramentas de cifrado e seguridade informática ou as páxinas web de contrainformación son só unha parte dun armazón represivo moito máis amplo e complicado que nos afecta a todxs, e que é prioritario ter presente sempre que o Estado, o Capital e os seus secuaces pretendan empregar a falacia infame para encarcerar axs nosxs compañeirxs ou a nós mesmxs.

Dito isto, persoalmente non quixera adiantar acontecementos sobre cal será a sentenza, e ademais penso que non ten demasiado sentido poñernos a especular sobre o que podería ocorrer ou sobre cal pode ser o desenlace do xuízo. Vexo a utilidade que tales diálogos teñen dentro de círculos afíns máis íntimos e próximos, como valoración de posibilidades e reflexión conxunta, pero non no público. O que teña que vir, virá, e tocaranos (sobre todo axs compañeirxs Mónica e Francisco) afrontalo coa mesma integridade e ánimo cos que ata agora estivemos solidarizando e afiando teoría e prácticas, cos nosos erros e acertos e desde as distintas adversidades, contradicións e límites que expoñan os nosos escenarios e circunstancias particulares. Con todo, é importante lembrar que, como xa dixeron e escribiron outrxs compañeirxs antes que eu, definirnos como persoas opostas a este mundo e os seus valores, esquemas e maneiras implica inevitablemente establecer un enfrontamento. Que poderiamos esperar do noso inimigo principal neste enfrontamento salvo un esforzo e desexo de destruírnos? Nada. Non esperamos nada da Democracia, nin dos seus xuíces, nin dos seus policías, fiscais, xornalistas mercenarios e mentireiros, carceleiros e tecnócratas salvo o seu desexo sincero de eliminarnos, de esmagar e enterrar a disidencia, sexa a dous metros baixo terra ou baixo as non menos terribles lápidas do illamento carcelario. Por iso, lamentarse das estratexias represivas articuladas polo inimigo, ou medir tales estratexias segundo se son ou non “farsas”, se son ou non “xustas”, se pretenden ou non “culpabilizar” a “compañeirxs inocentes” etc. é un erro que debemos ir pulindo, pois aínda que todxs (eu incluído) caiamos con frecuencia nesa vara de medir, son os seus valores os que se representan aí, non os nosos, e non digo con isto que debamos calarnos e apechugar cada vez que o Estado tente encarcerar axs nosxs compañeirxs con acusacións froito da súa perversa e maquiavélica imaxinación, porque facelo sería validar tales métodos e procedementos, e iso é inaceptable. Só digo que se cadra debemos replantexarnos as formas de expresar a nosa frustración e a nosa raiba ante iso.

Cada hora sentada no banco dxs acusadxs síntome sucia de ser parte deste proceso democrático, non teño nada que probarlle a ningún xuíz, a única opinión que me importa é a dos meus cómplices do crime de loitar pola liberdade e a anarquía. Quéreseme encarcerar por non bicar a cruz do arrepentimento, por non baixar a cabeza. O panorama é difuso… poida que logren encarcerar o meu corpo agora ou quizais nun futuro próximo… xs disidentes do Capital teñen unha pasaxe reservada ao cárcere; son os custos de querer expropiarlles as nosas vidas axs verdugos dos amantes da orde.

– Extracto da contribución da compañeira Mónica Caballero ao libro “Mapeando o lume”.

Os nosos afectos, as nosas afinidades, as nosas complicidades, as miradas que intercambiamos, os corazóns encolléndose cando lemos as palabras ou escoitamos as declaracións valentes dxs nosxs ante as inquisicións modernas da Audiencia Nacional ou de calquera outro tribunal non teñen prezo, non son valorables segundo criterios de legalidade ou de culpabilidade e inocencia, e non poden ser comprendidos por quenes consagrachedes as vosas tristes e noxentas vidas a manter custe o que custe unha orde social que se ergue sobre a maior das hecatombes, sobre millóns de cadáveres, sobre unha natureza morta e podre, e sobre innumerables soños enterrados.

Algún día, a liberdade brotará das cinzas da ignominia capitalista. Ata entón… Facemos nosas as palabras dxs nosxs compañeirxs Mónica e Francisco ante a xuíza, e deixamos aquí plasmado o noso forte desexo de que pronto poidan volver pisar a rúa e apertar axs seus seres queridxs…

Si, son anarquista porque entendo que é a liberdade afastada de toda coacción. Penso que a creatividade individual xorde cando non hai autoridade nin ordes nin mandamentos reitores, que só atrofian e degradan a conduta humana. O Estado implica subordinación e é contrario a todo intento de liberdade, implica tamén a existencia de usureiros e explotadores…

– Extracto da declaración do compañeiro Francisco Solar, antes de ser interrompido pola xuíza miserable, que tentou calar axs compañeirxs.

A solidariedade é a nosa mellor arma!
Forza e decisión a Mónica e Francisco! Forza e decisión axs que loitan!
Morte ao Estado e viva a anarquía!!

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: