Veciños de Ferrolterra reclaman o monte Cha como espazo comunal

b_450_0_16777215_00_archivos_Administradores_Maurício_2016-03_130316_mont

Un grupo de veciños realizou unha “ocupación activa” do monte Cha cunha acción na que se plantaron especies autóctonas. O monte Cha sitúase no cumio da montaña entre a entrada da ría de Ferrol e o val de Doniños. Conta con 230 hectáreas que na actualidade están xestionadas polo Concello de Ferrol. Unha situación que non lle gusta aos veciños de varias parroquias que consideran que este espazo arbóreo é deles.

Por iso, a Asociación Montes Veciñais do Cha realizou este sábado unha “ocupación activa” nos Montes do Cha (Ferrol) para reivindicar este espazo como monte veciñal. A veciñanza de Brión e San Román de Doniños leva décadas loitando polo monte de seu e por iso organizaron esta acción, co obxectivo de implicar á cidadanía na defensa do carácter comunal dese monte.

A súa acción consistiu na plantación de acivros, carballos e outras árbores autóctonas, nun acto no que non faltou a música, un xantar e refrixerios para os que colaboraron con esta ocupación simbólica e temporal dun monte veciñal. A comunidade veciñal quere que o seu monte teña a mesma condición que outros tantos 3.000 montes veciñais en man común en Galicia, no que a propiedade do monte recae nos veciños e veciñas que residen de forma habitual nese territorio. Así, din, poderían autoxestionar o monte dunha forma sustentable e entre todas as mans.

“Apoiar este encontro supón acreditar no potencial desta comunidade veciñal, que leva moito tempo traballando en común e de forma activa pola recuperación dun monte que no pasado, dende tempos inmemoriables, era propiedade da comunidade veciñal do lugar”, sinalan.

Info tirada de Galiza Confidencial

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: