Resumo da segunda sesión do xuízo dxs compañeirxs Mónica Caballero e Francisco Solar

audiencia-nacional

A longo do día de onte, mércores 9 de marzo, desenvolveuse a segunda sesión do xuízo contra Francisco e Mónica, compañeirxs acusadxs de pertenza a organización terrorista, estragos, lesións e conspiración, cargos polos que a fiscalía pide 44 anos de cárcere a cada un.Mentres se desenvolvía a sesión na sala 4ª da audiencia nacional, un grupo de solidarixs concentrouse nos arredores do recinto, berrando consignas de apoio que puideron ser escoitadas polxs compañeirxs desde o interior da sala.
Aínda que a vista de onte centróuse na declaración de Mónica, de Francisco e das testemuñas (policiais e presenciais) que presentou a fiscalía, a de hoxe comezou coas testemuñas que chamou a declarar a defensa para pasar posteriormente ás declaracións periciais.

As 4 testemuñas que presentou a defensa confirmaron as declaracións que no seu momento deron á policía, nas cales ningunha das características que describiron correspóndense coas de Mónica e Francisco. As testemuñas dos peritos (todos policías) que foron citados pola fiscalía centráronse en varios aspectos:

  • Perigo do artefacto explosivo: os policías que declararon (nacionais, científica e TEDAX) seguiron a mesma liña de querer magnificar o suposto perigo da explosión e a posibilidade de causar danos á vida humana. Quíxose apoiar cientificamente este argumento a partir dun estudo teórico do impacto dun artefacto de 3 quilos de pólvora negra en campo aberto. Esta argumentación foi rebatida pola defensa xa que aínda que o expediente fala dunha carga entre 2 e 3 quilos, e o comunicado reivindicativo da acción describe o uso de 2 quilos de pólvora, os informes realizáronse baixo o criterio teórico dun de 3 quilos, o que evidencia a intencionalidade da policía.
  • Análise antropométrica: estes informes comparan imaxes de Francisco e Mónica extraídas da internet (sen saber os policías se foron ou non manipuladas) con imaxes da cámara de vídeo vixilancia do metro de Barcelona. Conclúen unha alta probabilidade de coincidencia para o caso de Francisco e unha probabilidade menor no caso de Mónica. Cabe sinalar que ningún dos declarantes ten titulacións relacionadas con peritaxes antropométricos. A intervención da defensa permitiu poñer de manifesto as debilidades do sistema informático utilizado, que só pode arroxar probabilidades pero non pode establecer identidades sen asomo de dúbidas.
  • Pertenza a organización terrorista: a argumentación policial baséase en considerar que FAI-FRI, GAC e Comando Insurreccional Mateo Morral forman parte dunha mesma organización terrorista. Os policías que elaboraron o informe sobre a FAI-FRI como organización terrorista sinalaban que así se considera nunha Disposición Europea de 2001, pero descoñecían que desde 2009 xa non aparece considerada como organización terrorista na mesma disposición. Ademais, citan nos seus informes varios procesos levados a cabo contra a FAI-FRI en países europeos. Preguntados polas fontes consultadas para coñecer os devanditos procesos manifestaron que os obtiveron de fontes abertas (internet, prensa) e en ningún caso de ningún organismo oficial (xulgado, corpos de policía, etc). Para establecer o vínculo entre a FAI-FRI e os GAC apelan a que estes últimos responden ao chamado á acción directa, a solidariedade e o apoio mutuo que realiza a FAI-FRI. Outro argumento que expón a policía para afirmar que os GAC son unha organización terrorista é a temporalidade. Sinalan que con posterioridade ao primeiro comunicado que aparece dos GAC realízase a primeira acción coordinada no Estado Español. Na descrición que realizan do funcionamento dos GAC sinálase que existe un certo tipo de liderado informal. Tamén se sinala como indicio da pertenza de Mónica e Francisco a unha organización terrorista os diferentes comunicados internacionais onde se solidarizan con elxs, por exemplo os que se realizan a partir do chamamento do decembro negro; tamén se menciona o escrito solidario que achega Mónica ao libro “Mapeando el fuego”  cando estaban a ser procesados en Chile polo caso bombas.

Por último, na sesión da tarde declarou o perito médico que citou a acusación particular da muller lesionada onde certifica principalmente as secuelas psicolóxicas derivadas da vivencia no Pilar. Finalizouse a xornada cos policías encargados da peritaxe de impresións dixitais e ADN, que certificaron non atopar nin un nin outro nos lugares inspeccionados en Zaragoza (restos de explosivos e cabina telefónica desde onde se realizou a chamada de aviso de bomba).

Mañá sera o ultimo dia do xuízo contra xs compañeirxs. É de esperar que a defensa solicite a súa liberdade, a espera da sentenza, que se entregará perto dun mes despois.

 

Información de Publicación Refractario

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: