Non queremos flores, queremos memoria para a loita!

Traducimos este artigo publicado orixinamente no periódico chileno «El anárquico», nº2, Marzo 2015.

Porque non hai nada que celebrar pola morte de mulleres traballadoras a mans de patriarcas capitalistas. Porque non hai que contentarse con recibir flores, chocolates, peluches ou cartas que expresen o amor romántico e dominante. Porque non hai que domesticarse e estar feliz, porque polo menos un día na historia, «eles» celébrannos. Por unha memoria negra ás loitadoras de toda a vida.

mujeres_637x330

Na actualidade o 8 de marzo coñécese a nivel internacional como a conmemoración do día internacional da muller, e ocultándose certos aspectos deste institucionalizouse o paternalismo. Pois nos felicitan, regálannos cousas e trátannos ben e con amor. Pero o 8 de marzo é un día dentro da loita de décadas das mulleres de varias partes do mundo que, chegando a consenso, puideron elixir un día da historia para falar da súa loita pola emancipación.

Temos que entender o contexto imperante na época, pois é a inicios do século XX cando empeza a consolidarse o modelo económico capitalista no mundo e necesita validarse dunha maneira rápida e empezar a producir. Por ese motivo o capitalismo non discrimina, nenos e nenas, mulleres e homes caen nas súas redes, con condicións de vida e laborais paupérrimas, xornadas de 12 horas, sen protección á maternidade, sen seguridade nos lugares de traballo, con salarios míseros e un trato despectivo, entre moitos outros aspectos. Todo o anterior sumado ao patriarcado reinante, con traballos nas téxtiles soamente para mulleres, pois elas non podían desenvolverse noutros traballos e mantíñaselles ameazadas para que non se mobilizasen.

Aínda así, a pesar de todo o que tiñan en contra, as mulleres decidiron organizarse de maneira reiterativa, facían mitins e trataban de quebrantar esas malas condicións esixindo dignidade.

Como data relevante considérase en 1909 o 28 de febreiro, cando se celebrou en Nova York o «Woman day», data que se conmemoraba ata o ano 1913. Esa é a data da primeira celebración cara ás mulleres de carácter nacional, conmemorando a folga das traballadoras téxtiles de 1908, cando unhas 15.000 mulleres saíron ás rúas.

En novembro dese mesmo ano tamén se mobilizaron as mulleres, no chamado «levantamento ou revolta das 20.000», elas eran traballadoras dunha textil de fabricación de camisas, recoñecéndose entre as loitadoras a Clara Lemlich e Rose Schneiderman.

En 1910, en Copenhague, celebrouse a II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, onde se aprobou o establecemento do «Día internacional da muller traballadora», proposto pola alemá Clara Zetkin, quen era socialista.

Xa como data de carácter internacional, pódese recoñecer no ano 1911 o 19 de marzo, motivado por un encontro en Europa de mulleres que empezaron a pensar e a crear ideas para apropiarse das súas vidas e reivindicar certos dereitos que polo momento tiñan prohibidos polo feito de ser mulleres. Entre as súas esixencias atópanse: «Os dereitos das mulleres, polo benestar da infancia e pola paz europea e mundial», «A paz das nacións, contra o militarismo e pola abolición dos exércitos existentes». A comunista alemá Clara Zetkin realizou a proposta apoiada por Rosa Luxemburgo, ambas as fundadoras da liga Espartaquista alemá. Todo isto non é moi recoñecido, pois se tratou de desvincular o carácter político da conmemoración do día, para quedar máis que nada nunha reivindicación de dereitos civís.

Sumado ao anterior, o 25 de marzo de 1911, foi o terrible incendio provocado pola inhumanidade do dono da fábrica téxtil «Triangle Shirtwaist Company» en Nova York, onde se pechaban con chave as portas para que as obreiras non puidesen saír e así traballen as horas que lles correspondían. No incendio morreron 146 folguistas de entre 14 e 31 anos, unhas queimadas, outras estreladas contra o piso ao tratar de esquivar o lume lanzándose desde altura. Este é o feito que se conmemora na actualidade, esquecendo a organización e loitas anteriores, pois a historia oficial ve este atentado contra as 146 mulleres como un feito de violencia contra a muller, pero sen salientar o carácter patriarcal e capitalista.

Tamén na rexión española existen evidencias do día, pois Teresa Claramunt, obreira téxtil e xornalista anarcosindicalista en 1889, xunto a Ángeles López de Ayala e Amalia Domingo formaron a Sociedade Autónoma das Mulleres, o primeiro grupo de autoemancipación das mulleres traballadoras. Elas e outras loitadoras apoiaron que o 8 de Marzo fose celebrado como un día reivindicativo.

E finalmente chega o consenso, pois foi o 8 de marzo de 1917 no extenso territorio de Rusia dominada polo Tsar que, como consecuencia da escaseza de alimentos, amotináronse. É un dos primeiros sucesos que dá inicio á Revolución Rusa, e que a historia oficial non conta, pois na historia que nos contan a participación da muller é anecdótica, lamentablemente é só feita por homes e para homes.

Pola relevancia deste suceso e sobre todo porque foron as mulleres quen o levou a cabo situouse definitivamente no día 8 de marzo o Día Internacional da Muller Traballadora, sendo froito dun proceso de anos, de dores pola violencia e as mortes, onde non se deron por vencidas e empezaron a construír un pensamento de emancipación feminina.

A modo de reflexión, podemos dar conta de que a pesar da organización, loita e morte de mulleres obreiras, hoxe en día celébrase un día practicamente comercial, onde os «mozos» regálanlles flores e ofrécenlle un día de consumismo, onde se desvirtúa a loita pola liberdade, existindo discursos que falan do poder e a muller, cando foi o poder o que mantivo durante anos á muller sumisa e nun estado de latencia, onde somos bombardeadas con publicidade para cambiar os nosos corpos, para esconder a nosa realidade e onde temos que proxectar unha imaxe de muller exitosa e en progreso, onde as loitas das mulleres foron gañadas só para poder optar a dereitos como o votar, o de acceder a cargos públicos e usar saia curta e bikini, a iso chegou hoxe a emancipación da muller.

Esta foi unha pequena achega ao entendemento do nacemento deste día conmemorativo ás mulleres traballadoras e as súas loitas que, sen medo convocaban a mitins, folgas xerais, manifestacións, nun contexto de violencia inusitada contra elas, dando cara ao patriarcado. Por iso, neste marzo negro, non podemos deixar de lembrar ás mulleres loitadoras: Norma Vergara, Flora Sanhueza, Paulina Aguirre, Cecilia Magni, Claudia López, entre moitas outras «descoñecidas xigantes, que non hai libro que as aguante». Ademais parécenos necesario lembrar ás compañeiras que actualmente se atopan en prisión, como Tamara Farías Vergara, Nataly Casanova, Mónica Caballero e a quen foron golpeadas en España pola Operación Pandora.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: