Breve reflexión sobre a práctica do sometemento por parte de quen di pretender abrir unha fenda na lóxica das relacións de dominación

Sinto noxo por aquelas persoas (home ou muller) que abusan doutros individuos (dame igual se son dunha especie ou doutra, dame igual que sexan dun sexo/xénero ou doutro, e tamén dame igual se o abuso é sexual ou doutro tipo). Odio ao home que lle mete a unha muller na cona a súa pirola pola forza, igual que odio ao gandeiro que lle mete forzadamente á vaca un pene de plástico na cona para inseminála artificialmente. Porque tanto a muller como a vaca son individuos que parten da mesma capacidade para experimentar sufrimento.

Unha vez que a vaca estea embarazada por inseminación artificial, comezará a producir leite para a súa futura cría. Quen bebe leite viola indirectamente, ou pior, paga a outro para que viole. Cando algunhas persoas adheridas a distintos ismos comprendidos como antiautoritarios, que asumen a impregnación do especismo nas súas loitas e prácticas cotiás, veñen a molestarme e a dar leccións morais con tono prepotente, soamente me veñen á cabeza as vacas ás que violan. Non quero escoitar as vosas leccións, sodes o que sodes, violadores/as.

Irene Antelo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: