Actualización da situación de Francisco Solar e Mónica Caballero

Como é público dende hai varios días, os compañeiros enfrontarán xuízo ante a Audiencia Nacional os días 8, 9 e 10 de marzo. Por ese motivo solicitouse con antelación a Institucións Penais o seu traslado os cárceres de Madrid, para continuar coa preparación do seu xuízo cos avogados, xa que os compañeiros atópanse dispersados no cárcere de Villabona, Asturias ( a centos de quilómetros do lugar no que habitaban e desenvolvían a súa vida militante e afectiva). 

É así como o día 21 de febreiro, o compañeiro Francisco Solar é trasladado desde Villabona -sen previo aviso como ocorre sempre nestes casos- cara a León, onde fai noite, para ser trasladado novamente, esta vez cara ao cárcere de Palencia. Alí, unha vez ingresado, é posto en illamento onde o manteñen totalmente separado do resto de presos, quítanselle prácticamente todas as súas pertenzas e impídeselle realizar chamadas, salvo unha puntual para comunicar onde se atopa. Lembramos que en situación «normal» o compañeiro ten aprobadas por Institucións Penais oito chamadas semanais, que cunha visita de 40 minutos á semana e as cartas que recibe, representa todo o seu contacto co exterior.

Presentouse un escrito ao Xulgado de Vixilancia Penal solicitando:

-O traslado inmediato a Madrid a unha prisión mixta, xa que debido a estar reagrupado familiarmente con Mónica, correspóndelle comunicación con ela.

-O cesamento da incomunicación e a devolución das súas pertenzas.

-A comunicación cos avogados sen biombo cando estea en Madrid.

Doutra banda, a compañeira Mónica Caballero ten pendente aínda o seu traslado, atopándose aínda en Villabona.

Seguiremos difundindo a súa situación os próximos días, e reafirmando a nosa solidariedade irrenunciable coas compañeiras sempre…

Barcelona, 26 de febreiro de 2016.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: