[Turquía] Compañeiro vegano eco-anarquista preso Osman Evcan inicia unha nova folga de fame

Nova enviada ao correo por «Sin Banderas Ni Fronteras».

Ningún compromiso co Estado! Osman Evcan en folga de fame.

Osman

A pesar das opresións como o exilio, os cacheos a corpo espido, as cámaras nas celdas, as prohibicións de cartas e visitas e o bloqueo da comida vegana, Osman Evcan non deu un paso atrás e comezou a súa folga de fame indefinida a partir do 22 de febreiro de 2016.

Porque o medo, a submisión e a obediencia, esmaga os corpos baixo a pesadez do poder do Estado, os esforzos do Estado para despersonalizar politicamente aos individuos con presións sistemáticas deben ser esmagados baixo a resistencia de Osman. Non hai termo medio co Estado que establece a política de eliminación dxs presxs coa lóxica do premio/castigo. A loita de Osman Evcan é contra a autoridade. A única maneira de probar que non obedece á autoridade, que non acepta a autoridade, é expoñer o seu corpo. Só asasinando poden destruír e dividir as identidades políticas, non coas prácticas carcerarias.

Chamamos a todxs a compartir a loita de Osman Evcan, que está a loitar contra o Estado, a vixilancia e o control, xa sexa fora ou dentro das gaiolas. A insurrección é esencial para a liberdade.

Lume ás celdas!

CNA Istambul

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: