[A Coruña] O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) disertará sobre software libre e soberanía tecnolóxica.

Según informa o CS A comuna:

12742158_1558601934452436_8210982093657323243_nO membro do colectivo e profesor de informática da UDC, Emilio J. Padrón, explicará porqué o software libre contribúe á sustentabilidade e á equidade

Como utilizar o software libre para compartir o coñecemento, fomentar o desenvolvemento local, crear comunidades e cambiar de modelos de negocio no mundo da tecnoloxía será o fío condutor da palestra que o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) dará ó vindeiro 25 de Febreiro no Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, 35) a partires das 20.00 horas.

A soberanía tecnolóxica é un concepto que propugna a necesidade do empoderamento colectivo no eido tecnolóxico, dende as aplicacións máis básicas do coñecemento científico ata as coñecidas como novas tecnoloxías. Intimamente relacionadas con esa idea de soberanía podemos atopar o que se coñecen como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano (TpDH), que pasan por orientar o progreso tecnolóxico cara a promoción dun desenvolvemento baseado nas tres dimensións básicas consideradas como indicadores polo Índice de Desenvolvemento Humano (IDH): cubrir con equidade os dereitos e servizos básicos, asegurar as posibilidades de produción e participación social  e facilitar a sustentabilidade e autonomía mediante unha axeitada xestión do coñecemento.

As tecnoloxías que cumpren eses preceptos coñécense habitualmente como Tecnoloxías Axeitadas ou Adecuadas. O software libre está intimamente relacionado con estes valores e considérase unha Tecnoloxía Axeitada: o seu código está aberto e calquera persoa pode usalo, modificalo e redistribuílo libremente, en clara contraposición a outro tipo de tecnoloxías baseadas no control e o poder, que no caso do software podemos atopar no que denominaremos software privativo, pola privación de liberdade que exerce sobre as súas usuarias. Son exemplos deste tipo de software a maior parte dos produtos de corporacións como Microsoft ou Apple.

O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) nace en 1998 para difundir e promocionar o uso do software libre e dos estándares abertos e a súa filosofía de desenvolvemento en rede, fortemente baseada na cooperación entre pares, horizontal e participada, e que medrou en paralelo á rede Internet, cuxo modelo de funcionamento e expansión debe moito aos primeiros hackers e activistas do movemento do Software Libre.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: