O preso anarquista Nahuel pode por fin acceder a unha dieta vegana

Difundimos o comunicado da Plataforma pola liberdade de Nahuel e recordamos o que foi a operación ICE 
Por fin chégannos boas noticias!

Hai poucos minutos chegounos a noticia de que Nahuel, que ata agora non puidera levar unha dieta vegana, vai comezar a recibila.

Grazas polo apoio e pola difusión que se deu por redes pedindo unha dieta vegana para Nahuel. Non descansaremos ata romper as cadeas que manteñen a Nahuel secuestrado da súa liberdade. Seguiremos loitando día tras día para que a súa estancia en prisión sexa o máis digna posible. E non pararemos ata que estea de novo con nós.

Plataforma Pola Liberdade De Nahuel

A operación ICE

O pasado 4 de novembro de 2015, 6 integrantes do colectivo Straight Edge Madrid foron detidxs e acusadxs por parte do tribunal de excepción a Audiencia Nacional. Durante a súa detención viron vulnerados os seus dereitos como detidxs. O seu único crime é a súa ideoloxía anarquista, vegana e en contra de todo tipo de drogas. O seu traballo é coñecido por facer xornadas antiespecistas e festas libres de drogas nas que se fomenta un lecer alternativo e saudable para a mocidade.

Por mor desa operación represiva catro persoas saíron en liberdade con cargos, con fianzas entre os 3.000 e os 10.000€, e as outras dúas persoas ingresaron en prisión preventiva sen fianza. Unha delas foi Nahuel, que actualmente segue secuestrado polo Estado en Réxime F.I.E.S. 3 articulado (destinado a persoas perigosas ou conflitivas). A súa estancia en prisión está marcada pola excepcionalidade, permaneceu en illamento durante 30 días, non lle están permitindo levar unha dieta libre de ingredientes de orixe animal, con traslados que foron comunicados ao preso con menos de 24 horas de antelación, e cuxo obxectivo non é outro que a desconexión e inadaptación de Nahuel. Así como a redución das súas chamadas, o control nas comunicacións e mesmo a prohibición de usar o ximnasio .

Ata mediados de decembro o proceso estivo baixo segredo de sumario, o que implicou unha vulneración no dereito á defensa xudicial, por non ter os avogados coñecemento do que estaban acusadxs. Mentres os medios de comunicación do Réxime, tiñan acceso a información á que nin xs acusadxs nin os seus avogados podían acceder. Actualmente o caso está en proceso de instrución polo que a investigación segue aberta.

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: