Semana de solidariedade con Mónica Caballero e Francisco Solar

afiche-monicayfranciscoDifundimos este chamado recollido de barcelona.indymedia.org

Facemos unha chamada á solidariedade coas nosas compañeiras Mónica e Francisco, a semana do 29 de Febreiro ao 6 de Marzo, para informar e visibilizar a súa situación!

NON NOS PODERÁN PARAR

Os días 8, 9 e 10 de marzo de 2016 celebrarase na Audiencia Nacional de Madrid o xuízo contra os anarquistas Mónica Caballero e Francisco Solar. Ambas, hai máis de dous anos que están en prisión preventiva a espera de xuízo.

As acusacións que pesan sobre elas son tres estragos, conspiración e pertenza a organización criminal con fins terroristas, polas cales a fiscalía pide unha condena de 44 anos de prisión para cada unha.

A súa detención, foi a primeira dunha serie de operativos antiterroristas en Cataluña, Madrid e Palencia, operativos coñecidos co nome de Operación Pandora e Piñata que suman máis de 40 persoas imputadas por formar parte desta presunta organización «terrorista».

Pero que é esta organización?

As siglas da coordinadora de grupos anarquistas GAC son as que tomaron as operacións policiais para construír esta imaxinaría organización.

Pero que é concretamente GAC?

É un proxecto de coordinación, a nivel estatal, de grupos anarquistas, cuxa intencionalidade é contribuír a crear un movemento anarquista forte e cohesionado. Unha coordinación baseada nos principios de solidariedade, apoio mutuo e acción directa. Que realizou campañas públicas en apoio ás presas anarquistas, que durante o 2013 publicaron un libro denominado «Contra a Democracia», onde se realiza unha análise de diferentes estruturas políticas acompañado de propostas, realizadas baixo o prisma da liberdade individual e o anti autoritarismo, etc.

Sexa como sexa, o feito evidente é que en ningún caso é unha organización terrorista, posto que ningunha das accións das que lles acusan a Mónica e Francisco ou ás outras imputadas no resto de operativos, foron reivindicadas con estas siglas.

A presunta organización terrorista «GAC», é unha construción absolutamente policial á que xuíces e fiscais déronlle crédito, unha boa oportunidade para desacreditar, criminalizar e borrar do mapa unha ideoloxía e unhas prácticas que contribuíron historicamente e contribúen á loita contra o poder e os seus múltiples mecanismos.

Xa dende tempo, antes da detención de Mónica e Francisco, en novembro de 2013, nun período de tensión crecente e de contestación sociais nas rúas, púidose ver como a represión foi aumentado contra aquelas que loitan contra a opresión, anarquistas incluídas. Neste contexto tamén se executaron significativos cambios legais para incrementar a represión, como a lei de seguridade cidadá, a reforma do código penal e a firma dun novo pacto antiterrorista.

Tamén fomos testemuñas de como estes cambios traducíanse en constantes detencións, xuízos e condenas a persoas que loitan, lembramos moitos procesos abertos como as procesadas da folga do 29M, as de Can Vies, as do caso do Parlament, os 3 de Lleida,etc. pero tamén ás que ousan mostrar o seu descontento; outros procesos xudiciais son por cousas tan ridículas como meros comentarios nas redes sociais ou letras de cancións, mesmo corroborando así ata onde chega a broma uns titeriteiros que acabaron en prisión por «enaltecemento do terrorismo», cando criticaban na súa obra a represión contra os anarquistas.

O xuízo de Mónica e Francisco, non é o xuízo final, senón un inicio que pode sementar un precedente que pode repercutir ás loitas actuais e futuras.

Creando unha ficticia organización onde todo o mundo ten cabida.

O que parece unha burla ao sentido común deixa de selo cando cada vez máis xente enche as prisións do estado español.

A acusación de terrorismo, ou na súa falta a de «enaltecemento», serve como unha especie de varilla máxica coa cal o Estado busca facer desaparecer as diversas formas de oposición á súa omnipresencia e represión.

Facemos un chamamento á solidariedade cos compañeiros Mónica e Francisco a semana do 29 de Febreiro ao 6 de Marzo, para informar e visibilizar a súa situación! E por suposto, para facer sentir a Mónica e Francisco que non están soas fronte a este aparello que quere devorar a súa liberdade e as súas vidas!

Liberdade Mónica e Francisco!

Para máis información: https://efectopandora.wordpress.com/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: