[Compostela] Piden cinco meses de prisión para tres estudantes da USC por un escrache contra un profesor homófobo en maio de 2015

Colamos da web La rebelión de las palabras

56c1bc42e14f2-10420133_474320756057752_4752429793466799863_n

Noticia redactada a partir da información obtida de Praza Pública.

«A sociedade está enferma e enganada pola homosexualidade, un tema do que xa non se pode opinar», «Os homosexuais carecen de hombría e non poden educar», «A homosexualidade é contaxiosa» ou «Non se pode permitir a parellas do mesmo sexo adoptar, posto que lles pasarían o mal aos seus fillos» son algúns dos comentarios emitidos polo homófobo Domingo Neira, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, nas súas clases de Didáctica e profesión docente, dentro do grao de Educación Primaria de Maxisterio, nas que ademais empregaba un libro escrito por el mesmo que redundaba nestas ideas, xunto a outras vinculadas ao racismo, o machismo e a homofobia. Varixs novos estudantes desta universidade denunciaron a situación hai dous anos, dando lugar a unha polémica que percorreu todo o territorio ibérico.

Este profesor, tras unha revisión interna, foi suspendido de traballo e soldo durante o que restaba do curso 2013-2014. Con todo, tras esa insignificante reprimenda, o profesor regresou á docencia no curso seguinte, nesta ocasión a cargo da materia de Deseño, Desenvolvemento e Innovación Curricular. Perdeu o seu posto de coordinador e os seus libros deixaron de figurar na bibliografía recomendada. Con todo, con toda a razón do mundo, o alumnado expresou abertamente a súa indignación e enfado polo regreso de semellante energúmeno ao Campus, pero sen obter finalmente que Neira fose expulsado definitivamente. O curso continuou, e en maio de 2015, un grupo de 70 estudantes decidiu realizar unha acción contra o profesor, que consistiu nun escrache para esixir que se lle botase da facultade e se lle impedise seguir exercendo a docencia por ser unha personaxe homófoba, machista e racista, con valores e opinións propias da España franquista. A acción, que en ningún momento incorreu en ningunha forma de violencia nin tampouco de agresións cara ao profesor, consistiu exclusivamente en berros e apupos cando o profesor saía dunha aula tras terminar a súa clase, e na exposición de carteis alusivos á súa mentalidade retrógrada. Con todo, a USC considerou oportuno non só facer caso omiso das razóns dxs estudantes e manter no seu posto a esta escoria, senón tamén denunciar a catro de estxs estudantes, que foron chamadxs a declarar o pasado mes de decembro de 2015 por un presunto delito de coaccións. Agora, tres de esxs estudantes (que serían recoñecidxs por fotografías onde se lles vía participando no escrache) enfróntanse a un xuízo onde se lles pide unha posible pena de cinco meses de prisión por un presunto delito de desordes públicas.

Unha das estudantes imputadas, Antía, declarou que «a acción non foi violenta en ningún momento; esperamos ata o final da clase, e cando só faltaban cinco minutos para o final e o profesor estaba a recoller iniciamos a protesta, con berros e carteis, pero de forma totalmente pacífica».

Ademais, xs estudantes reiteran as súas críticas a Neira e afirman que «non se pode permitir que a USC manteña no seu cadro de persoal a este elemento mentres que para as persoas que nos negamos a que isto suceda esíxense penas de prisión» e engaden que «se queremos transformar a nosa sociedade para que sexa respectuosa co dereitos sexo-afectivos das persoas temos que poñer especial atención na educación. E de aí a importancia da denuncia pública dos comportamentos como os que acabamos de describir, que se sitúan fóra dos parámetros democráticos e da docencia que é responsabilidade das institucións públicas». Para terminar, critican e poñen de manifesto a «complicidade da directiva da USC con este docente e a súa conduta homófoba», afirmando que a denuncia foi formulada pola Secretaría Xeral da USC e a Vicedecana da Facultade de Ciencias da Educación.

Advertisements

4 Respostas to “[Compostela] Piden cinco meses de prisión para tres estudantes da USC por un escrache contra un profesor homófobo en maio de 2015”

  1. […] que nos ocupa hoje, a atuaçom das membros da direçom na USC raia o esperpento ao apresentar umha denúncia nos julgados, assinada pola Secretária Geral da USC, Consuelo Ferreiro Regueiro, e a Vice-decana da Faculdade […]

  2. […] que nos ocupa hoje, a atuaçom das membros da direçom na USC raia o esperpento ao apresentar umha denúncia nos julgados, assinada pola Secretária Geral da USC, Consuelo Ferreiro Regueiro, e a Vice-decana da Faculdade […]

  3. […] que nos ocupa hoje, a atuaçom das membros dadireçom na USC raia o esperpento ao apresentar umha denúncia nos julgados, assinada pola Secretária Geral da USC, Consuelo Ferreiro Regueiro, e a Vice-decana da Faculdade […]

  4. […] que nos ocupa hoje, a atuaçom das membros dadireçom na USC raia o esperpento ao apresentar umha denúncia nos julgados, assinada pola Secretária Geral da USC, Consuelo Ferreiro Regueiro, e a Vice-decana da Faculdade […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: