[Cangas] 1º Ciclo de cine documental

ciutat morta copia.jpg

O próximo martes 23 de febreiro en Cangas, según nos informan por correo, terá lugar a proxección de «Ciutat morta» e posterior coloquio. Será na Fonte do galo ás 20:30h.

SINOPSE

En xuño de 2013, un grupo de 800 persoas ocupan un cinema abandonado do centro Barcelona para proxectar un documental. Rebautizan o antigo edifcio en honra a unha moza que se suicidou dous anos antes: Cinema Patricia Heras. Quen era Patricia? Por que se quitou a vida e que ten que ver Barcelona coa súa morte? Isto é exactamente o que se quere dar a coñecer con esta acción ilegal e de gran impacto mediático: que todo o mundo saiba a verdade sobre un dos peores casos de corrupción policial en Barcelona, a cidade morta.

UN DOS PEORES CASOS DE CORRUPCIÓN POLICIAL

A noite do 4 de febreiro de 2006 terminou cunha carga policial no centro de Barcelona. Foi nos arredores dun antigo teatro okupado no que se estaba celebrando unha festa. Entre os golpes de porra, empezaron a caer obxectos desde a azotea da casa okupada. Segundo relatou por radio o Alcalde de Barcelona poucas horas despois, un dos policías, que ía sen casco, quedou en coma polo impacto dunha maceta.As detencións que viñeron inmediatamente despois do tráxico incidente relátannos a crónica dunha vinganza.Tres novos detidos, de orixe suramericana, son gravemente torturados e privados de liberdade durante 2 anos, á espera dun xuízo no que pouco importaba quen fixera que.

Pouco importaba que o obxecto que feriu o policía fose tirado desde unha azotea mentres que os detidos estaban a pé de rúa. Outros dous detidos aquela noite -Patricia e Alfredo- nin sequera estaban presentes no lugar dos feitos: foron detidos nun hospital próximo e achados sospeitosos pola súa forma de vestir. Pouco importaba se había probas ou evidencias que exculpaban a todos os acusados. Naquel xuízo non se estaban xulgando a individuos senón a todo un colectivo.Tratábase dun inimigo xenérico construído pola prensa e os políticos da Barcelona modélica. Barcelona, a cidade que acababa de estrear a súa chamada “ordenanza de civismo”, unha lei higienista, marco legal perfecto para os plans de xentrificación dalgúns barrios céntricos, destinados ao turismo. Os mozos detidos aquela noite eran cabezas de turco que encaixaban perfectamente, pola súa estética, coa imaxe do disidente antisistema: o inimigo interno que a cidade modélica había ido xerando aqueles últimos tempos.

Anos despois, dous policías son condenados a inhabilitación e penas de prisión de máis de 2 anos por haber torturado a un mozo negro. A sentenza demostra que os axentes menten e manipulan probas durante o xuízo. Para encubrir as torturas, acusan o mozo de ser traficante de drogas, pero o xuíz descobre unha montaxe: o negro é en realidade, fillo dun diplomático: o embaixador de Trinidad e Tobago en Noruega.Estes axentes resultan ser os mesmos que habían torturado aos mozos detidos aquela noite do 4 de febreiro de 2006 e algúns das testemuñas que declararon na súa contra durante o xuízo. O mesmo modus operandi en ambos os casos. A única diferenza: a orixe social das vítimas.A enésima historia de impunidade policial, acompañada por boas doses de racismo, clasismo e a vulneración de dereitos fundamentais, todo iso amparado por un sistema xudicial herdeiro do réxime franquista e uns políticos obsesionados có negocio inmobiliario que brinda a Marca Barcelona á conta dos seus cidadáns.

PATRICIA HERAS, A POETA DEFUNTA.

Máis aló da cidade de Barcelona, o personaxe principal de CIDADE MORTA é Patricia, a quen vou coñecendo a través da súa poesía e a testemuña das súas amigas e exparellas sentimentais. Trátase dunha nova estudante de literatura, extremadamente sensible, que esconde as súas inseguridades detrás dunha estética excéntrica, alimentada pola cultura queer coa que se identifca.

A experiencia que lle atravesa a partir daquela mañá do 4 de febreiro de 2006, cando é detida xunto co seu amigo Alfredo nun hospital, dá un xiro radical á súa vida. Dous anos de angustia á espera do xuízo, esgotando todos os aforros da súa vida para pagar avogados. Tres anos de condena no cárcere. A parte de esnaquizar a súa vida, estes feitos disparan a súa produtividade literaria que vai quedando rexistrada nun blogue que titula de forma premonitoria: Poeta Morta.

Patricia se suicida durante unha saída do cárcere, en abril do 2011. Esta película pretende ser unha homenaxe a ela.

https://ciutatmorta.wordpress.com/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: