[A coruña] Palestra, «Micromachiños: Grupo de Masculinidade de Compostela»

Difundimos esta nota de prensa que recibimos no correo. A palestra é hoxe.

micromachinhos

Micromachinhos falará da súa experiencia na procura de novas masculinidades dentro das Jornadas Feministas da Coruña

O centro social A Comuna acollerá a palestra do Grupo de Masculinidade de Compostela este xoves a partir das 20.00 horas

A Coruña, 17 de Febreiro 2016 – Rexeitamento do poder patriarcal, denuncia de todas as formas de violencia machista e recoñecemento de todas as diferentes identidades humanas. Esas son algunhas das propostas reflectidas no concepto de novas masculinidades. O Grupo de Masculinidade de Compostela, Micromachinhos, disertará sobre a súa propia procura destes valores e de cómo tomaron conciencia e se organizaron. A Charla comezará as 20.00 horas no Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, 35) e tratará de ser unha forma de difundir a experiencia do colectivo.

Micromachiños fará tamén un repaso as actividades dos seus últimos anos como a queima de gravatas do día Internacional contra a Violencia de Xénero a modo de exorcismo simbólico para contribuir a erradicar esta lacra. A súa experiencia parte nun primeiro momento de cómo os membros deste colectivo se decataron de cales eran os roles masculinos aceptados e asimilados na sociedade. Por este motivo un dos seus obxectivos é o autocoñecemento para poder certas barreiras que están enraizadas nos individuos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: