[Actualización] O anarquista grancanario Ruymán Rodríguez enfróntase hoxe a 5 anos de prisión

[Actualización] Según informa  «Ya acabó. Gracias a todos ustedes Ruymán no entrará en prisión preventiva. De oficio se imputa al guardia torturador».

Hoxe 16 de febreiro, o compañeiro canario Ruymán Rodríguez, enfróntase a un xuízo no que solicitan unha pena de ata cinco anos de prisión por participar no proxecto comunitario de okupación de vivendas “La Esperanza”, en Gran Canaria. Deixamos a continuación un video, varios enlaces, e un comunicado da Federación Anarquista de Gran Canaria, nos que se pon en contexto e relevo a situación do compañeiro:

 

 

O ano pasado (30 de abril de 2015) o compañeiro Ruymán foi detido sen xustificación algunha como parte da campaña policial para desestabilizar o proxecto da Comunidade “La Esperanza” (o propio compañeiro contouno aquí: Torturas a un militante da FAGC. Logo dun período de deliberación, o xuíz acabou considerando que o denunciado pola Garda Civil como delito de “atentado á autoridade” debía ser xulgado como unha simple falta de “desobediencia”.

A Garda Civil, a cal o principal interese neste caso é meter en prisión ao compañeiro e sacálo de circulación, recorreu a decisión xudicial e levou o caso ao Provincial. O Provincial aceptou o recurso e agora ao compañeiro vólveselle imputar un delito de “atentado á autoridade”, e a pedírselle penas de prisión máis a multa e indemnización correspondentes. O próximo xuízo é este 16 de febreiro (2016). Outro dato a destacar é que, curiosamente, o xuíz que rebaixou a imputación de delito a falta foi substituído e agora o xulgara outro maxistrado.

Un dos axentes que o denuncia, o principal responsable das torturas, non aporta como proba de devandito “atentado” máis que un parte de lesións que se reduce, literalmente, a “unha rozadura no muslo”. O mesmo, declarou abertamente nos corredores dos xulgados, que se volvía a desestimarse o caso como delito contaba con todo o apoio do corpo para volver recorrer e leválo ata o Supremo. Repetimos que todo é parte dunha manobra para neutralizar ao compañeiro e segregalo da loita social.

Parte deste despropósito é que ao compañeiro reclámalle a seguridade social os gastos médicos provocados pola asistencia que requiriu logo das torturas recibidas (aquí vense algunhas das lesións: Evidencias fotográficas das torturas).

A todo isto tamén se suma unha ondanada de denuncias administrativas demenciais, nas que por exemplo se lle reclama que abone unha multa de tráfico, malia non ter vehículo nin carnet de conducir nin conducir nunca. Algunhas destas multas, que lle chegan agora, datan ata dende o 2011 e provocan embargos, como esta mesma, de ata 220 euros:

Como vemos, á represión puramente policial súmase a administrativa, que secuestra contas bancarias e nóminas e condena á morte civil ás súas vítimas. É unha guerra de desgaste e agotamento que obriga ao afectado a defenderse en varias frontes e a iniciar unha vía de reclamacións que soamente supoñen máis gastos e un entorpecimento da súa actividade militante.

Como sabemos que esta loita é longa repetimos o noso chamado á solidariedade feito fai algúns meses (A FAGC e a Represión), para que si logo deste xuízo as cousas empeoran aínda máis, o compañeiro conte con cobertura mediática e todo o apoio que nos posible. Para polo menos tentar que non lles resulte tan fácil saírse coa súa.

“Sei que non se pode competir contra o formidable arsenal do que dispón a sociedade. Sei que serei vencido, que son o máis débil; pero espero facervos pagar cara a vosa vitoria” (Octave Garnier, carta aberta ao prefecto de policía, 19 de marzo de 1912).

Advertisements

Unha resposta to “[Actualización] O anarquista grancanario Ruymán Rodríguez enfróntase hoxe a 5 anos de prisión”

  1. nihilnecnemo Says:

    Reblogged this on NIHIL NEC NEMO.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: