Edición do texto “Réquiem por un viaje sin retorno” de Nikos Romanós

Sin-título-1-725x1024

La Rebelión de Las Palabras ven de editar o texto do compañeiro anarquista Nikos Romanós, actualmente secuestrado nas prisións do Estado grego:

Ola compañeirxs. Vimos de editar en formato fanzine
o texto “Réquiem por un viaje sin retorno”, do compañeiro Nikos
Romanós, anarquista preso en Grecia por participar no doble atraco de
Velvendós, Kozani. Polo de agora, só temos unha versión en castelán, pero estamos traballando nunha versión en galego que agardamos poder poñer á vosa disposición canto antes. 

Ademáis do propio texto de Nikos, incluímos tamén un texto de elaboración propia, co que pretendemos resumir o que foi a traxectoria revolucionaria do compañeiro, conscientes de que nos deixamos moitas cousas que o propio compañeiro non quixo relatar ou expresar aínda, e de que o noso obxectivo non é mitificar ou idealizar ao compañeiro, senón devolver ao presente unha determinada traxectoria de loita que nos parece portadora dunha gran coherencia e dunha forte determinación. Este texto noso, titulado “Crónica de una lluvia de estrellas” foi distribuído pola rúa e en distris locais de onde vivimos, fai non moito, e para contextualizar mellor o texto de Nikos para posibles lectorxs que non estean ao corrente da súa situación ou da súa historia, engadímolo ao fanzine, pese a que nun primeiro momento a idea era simplemente dar un formato impreso fácil de distribuir ao texto escrito por Nikos, xa que nos parece realmente digno de ler.

Para ler online/descargar o fanzine:

 – Portada:

https://vozcomoarma.noblogs.org/files/2016/02/Portada-zine-Nikos.pdf

– Corpo:

https://vozcomoarma.noblogs.org/files/2016/02/Nikos-Romanos-zine.pdf

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: