[Vigo] Manifesto e video da concentración solidaria cos titiriteiros

A Asamblea Aberta de Coia remítenos o comunicado solidario cos titiriteiros detidos e acusados de enaltecimento do terrorismo, asinado por diferentes organizaciós políticas e sociais de Vigo e o Baixo Miño. Acompañámolo tamén dun video da cocentración realizada na cidade olívica o pasado venres 12 de febreiro.

 Todas terroristas! Todas criminais! Todas perigosas!

Titiriteiros, precarias, sindicalistas, independentistas, anarquistas, rapeiros, estudantes, xente que para despexos ou que loita polos dereitos sociais nunha rotonda. O mesmo da para eles. Calquera que se organice, que cuestione o sistema , que loite polos dereitos é un perigo. E non dubidan en empregar a represión, o medo para tratar de acalar as loitas das que, dende abaixo, pulan por outras formas de vida.

Os colectivos que convocamos esta concentración amosamos todo o noso apoio para Alfonso e Raúl, os dous titiriteiros detidos e acusados de enaltecemento de terrorismo e apoloxía da violencia por representar a obra “La bruja y Don Cristóbal”. Para eles e para os seus familiares e amizades todo o noso agarimo e apoio. Cualificamos de intolerable a actuación da mal chamada xustiza española e lamentamos uns feitos que cheiran a ditadura.

Abonda xa de represión! Esiximos que arquiven o caso destes dous compañeiros. Esiximos tamén que deixen a un lado a violencia e a represión fronte a quen defende os dereitos. Esiximos que desboten as “leis mordaza” e que realicen unha amnistía social para as persoas que foron e son criminalizadas por defender a xustiza social ou coma neste caso, por expresar a través da arte a súa disconformidade co orde establecido.

Absolución para os titiriteiros! Pola liberdade de expresión! Contra a represión! Amnistía xa!

Asemblea Aberta de Coia | ODS-Coia | G.A.S. | Vigo contra Represión | CNT Vigo | CSOA “A quinta da Carmiña” | Verdegaia | Os verdes | PAH Vigo Tui-Baixomiño | Os ninguéns | RSP Vigo | C.S.A. A Cova dos Ratos | C.S. O Fuscalho | C.S. Faisca | Árbore | Ceivar | As Ghatas Salvaxes | CS A Revolta

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: