Palabras de Mónica Caballero sobre os módulos de respecto no Estado español

F_Keith-Carter

A continuación deixámosvos unhas palabras da compañeira anarquista Mónica Caballero en relación á lóxica e o funcionamento dos módulos de respecto aplicados en múltiples cárceres do Estado español. Co propósito de controlar de maneira directa á poboación alí encerrada e, coa escusa preventiva de «resolver» friccións entre individuos na convivencia -forzada-, estes módulos están destinados fundamentalmente a evitar problemas graves entre as presas e a institución, freando calquera impulso rebelde ou actitude que cuestione o consenso imposto. E traballando sobre a base da submisión a regras e protocolos que manteñan a orde, na procura da participación e colaboración das encerradas.

Indubidablemente, atopamos similitudes coa lóxica do de «fóra», xa que o proxecto cárcere fai parte vital do sistema na súa totalidade polo que reproduce as mesmas formas da Dominación existente.

Lembramos tamén que Mónica Caballero e Francisco Solar enfrontarán xuízo o 8, 9 e 10 de marzo de 2016 na sede da Audiencia Nacional en Madrid.

Así como en todo este proceso de longos anos de prisión preventiva, levados con dignidade e firmeza e coa conviccións intactas, as compañeiras nesta ocasión tampouco estarán soas.

Todo o noso desprezo a policías e xuíces e ao sistema que defenden e todo o noso amor en loita e revolucionario para as nosas compañeiras e para moitas das perseguidas e encerradas polos Estados. Que a solidariedade sexa a nosa responsabilidade sempre. Liberdade para todas!

Abaixo todos os muros, morte ao Estado e viva a anarquía.

[Neste momento as compañeiras atópanse no cárcere de Villabona pero serán trasladadas dun momento a outro a cárceres de Madrid]

Barcelona, 10 de febreiro de 2016.
Cárceres do Estado español. Mónica Caballero.

Os medios de control dentro como fóra das prisións están a ser cada vez máis sutís e efectivos. Para que instalar cámaras de vídeo vixilancia? Para que contratar máis carcereiros e policías? Se temos a moitos que realizan o traballo gratis. Con gran vocación cidadá están aí para manter a actual orde imperante, están en todas partes; pode ser o teu veciño de casa ou cela de á beira o posible delator.

Dentro dos medios de control nas prisións, os módulos de respecto (m-r) comezaron como unha iniciativa experimental na prisión de León, de aí exportouse o modelo á gran maioría de prisións españolas.

A base destes módulos é que os propios presos participen na xestión e mantemento do lugar como das súas actividades, etc., así créase unha sensación de dependencia e pertenza ao espazo. Idealmente preténdese que todos os internos xeren dinámicas-formas restritivas para si mesmos e o resto, ademais de premiar as boas condutas. Os carcereiros actuarían en casos extremos ou excepcionais.

A ex directora de I.I.P.P, Mercedes Gallizo, referíase a este tipo de módulos da seguinte forma: «O mero feito de conseguir unha convivencia ordenada e con normas básicas aceptadas por todos é un cambio transcendental para moitas persoas. Axúdalles a perder o medo á prisión e aos compañeiros e é o primeiro elo para diminuír a súa hostilidade cara o medo (e de paso á Institución) para transformar ese medo, a desconfianza e a agresividade en normalidade e cooperación». O exercicio de autoridade en primeira instancia o implantan os propios presos de «común acordo» coas regras básicas para normalizar e cooperar, a mesma institución carceraria fixa e incentiva a creación de roles e condutas con métodos sutís e/ou en base á chantaxe.

É innegable o medo que moitos poden sentir ao ingresar no cárcere, os m-R aproveitan ese medo, nel se sustentan. Implícitamente se non se cumpren as normas déixanche nun módulo normal, isto pode chegar a ser unha ameaza moi efectiva.

Estes módulos posúen varios tipos de incentivos e/ou recompensas, estas poden ir desde informes favorables ata máis horas de comunicacións (cara a cara), á súa vez tamén teñen máis formas de castigar o incumprimento das normas.

Suponse que o ingreso a este tipo de módulos é voluntario e neste ingreso comprométesche asinando unha especie de contrato no que queda estipulado entre outras cousas levar unha boa conduta, cumprir as normas e resolver os problemas polas canles establecidas. Un día calquera nun m-R comeza coa asemblea, dirixida por algún membro do equipo técnico (educador, traballador social e psicólogo), todos os presos teñen que asistir e ás veces participa algún carcereiro. A asemblea ten como función a resolución dos problemas cotiáns, este é o momento ideal para os chivatos e para que o equipo técnico transmita un patético discurso de reinserción social.

Algunhas dos labores do módulo son as actividades programadas e a limpeza. As primeiras son xestionadas polos presos, facendo cumprir a asistencia; na segunda (limpeza) os presos divídense en pequenos grupos dirixidos por un preso-representante, este representante dirixe os labores e nalgúns casos actúa como voceiro.

Outra peza importante no funcionamento deste tipo de módulos son os presos mediadores, estes teñen que interceder nos rozamentos ou enfrontamentos que teñan os presos e resolvelos, de non poder teñen que dar aviso aos carcereiros. Como é de supoñer estas prácticas xeran a perda de capacidade na resolución de problemas, no cárcere tes un mediador ou un carcereiro, como na rúa hai policías e xuíces.

Mónica Caballero desde o cárcere de Villabona.

Actualmente a compañeira atópase nun Módulo de respecto do cárcere de Villabona, Asturias. [Este texto foi escrito pouco tempo antes de que se fixase data de xuízo]

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: