[Libro] Ned Ludd y la Reina Mab. Ediciones MOAI.

Nova publicación que podedes descargar aquí.

«Ned Ludd y la Reina Mab. Destrucción de máquinas, Romanticismo y los Comunales de 1811-1812.»

Con este libro presentamos o que pretende ser edicións MOAI. Publicamos a tradución a castelán do texto do historiador americano Peter Linebaugh «Ned Ludd & Queen Mab. Machine-Breaking,Romanticism and the Several Commons of 1811-1812». Optamos por unha edición limitada de 100 exemplares con portada en cartolina e serigrafía. O texto consta de 67 páxinas que relatan de maneira amena, nova e rigorosa a historia do luddismo inglés a principios do século XIX. O prezo é de 4 euros para particulares e 3 euros para distribuidoras. Podedes pedir os exemplares que queirades en blogmoai@gmail.com. Tamén vos deixamos o arquivo para descargar de maneira gratuíta do que quen o desexe pode facer as copias que queira. No noso blogue (http://archivomoai.blogspot.com.es/ )podedes atopar outros materiais para ler ou descargar.

Un brillante amencer espera o día humano,
cando todo intercambio dos agasallos naturais da terra
sexa un comercio de boas palabras e traballos;
cando a pobreza e a riqueza, a sede de fama,
o medo á infamia, á enfermidade e á aflición,
a guerra cos seus millóns de horrores, e o fero inferno
só vivan na memoria do tempo.

A raíña Mab, P.B. Shelley

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: