[A Coruña] Concentración pola liberdade de expresión e en apoio aos titeriteiros
A Plataforma Antirrepresiva da Coruña convoca para este domingo ás 12 A.M. no Obelisco da Coruña unha concentración en defensa da liberdade de expresión e solidaria cos titiriteiros detidos en Madrid, así como co mozo represaliado en Ourense por disfrazarse parodiando ese ridículo suceso.
Deixamos aquí o texto da convocatoria:
Concentración no Obelisco o Domingo 14 ás 12:00, en solidariedade cos casos recentes de represión aos titiriteiros en Madrid por un suposto cartaz que puña “GORA ALKA-ETA”, sumado ao da identificación por parte da policía a un mozo de Ourense cun disfraz co mesmo cartaz.
Por este motivo, convocase esta concentración, a cal vos convidamos a que asistades cunha pirulETA ou cun cartaz cunha frase en referencia ao xogo de palabras e en defensa da liberdade de expresión. Unha liberdade de expresión que neste Estado non existe para a clase obreira como quedou demostrado neste caso que forma parte dunha longa lista.
ABSOLUCIÓN TITIRITEROS.
Difunde entre as túas amizades e acude!
Deixar unha resposta