[Vigo] Concentración en solidariedade cos titeriteiros

Segun nos informan terá lugar mañá, venres 12 de febreiro ás 20:00h diante do Marco.

12feb

Diversos colectivos da cidade queremos amosar a nosa condena á detención e encarceramento o pasado 5 de febreiro de Raúl e Alfonso, integrantes da compañía “Títeres desde Abajo” pola representación da obra satírica “La bruja y Don Cristóbal”.

Parécenos intolerable a actuación do Xuíz da Audiencia Nacional que decretou de forma inmediata a prisión provisional e sen fianza dos artistas, baixo a acusación de enaltecemento do terrorismo e apoloxía da violencia, por amosar, entre outras cousas, na obra, unha pancarta co lema “Gora alka-eta” e representar o aforcamento dun monicreque caracterizado de xuíz.

Esta actuación por parte do estado e do seu “aparato xudicial”, supón unha mostra, gravísima e desproporcionada, do proceso de criminalización que está a sufrir a loita e a denuncia social.

Asistimos estupefactas á utilización política da xustiza por parte do poder, ás detencións de compañeiras polo mero feito de berrar contra este sistema que nos oprime, ás montaxes policiais contra as “disidentes”, á represión pola forza da liberdade de expresión,…

Estamos fartas de que nos criminalicen e nos esmaguen. En solidariedade con todas as represaliadas do Estado, esiximos o arquivo dos cargos contra os artistas.

Pola xustiza social. Pola liberdade de expresión. Contra a represión.

Amnistía social xa!

Vigo, 10 febreiro de 2016

Convoca: Asemblea Aberta de Coia
Apoian: ODS-Coia, G.A.S., Vigo contra Represión, CNT Vigo, CSOA “A quinta da Carmiña”, Verdegaia, Os verdes, PAH Vigo Tui-Baixomiño, Os ninguéns, RSP Vigo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: