Acusan a un mozo de “enaltecemento do terrorismo” por disfrazase de monicreque no entroido de Ourense

O pasado 8 de febreiro na cidade de Ourense, a iso das 2.30 da madrugada e coincidindo co apoxeo das festas do entroido, un mozo foi identificado pola policía nacional por ir disfrazado de titiritero cun cartel no que se podía ler “Gora Alka-ETA” (en evidente referencia á esperpéntica detención e encarceramento dos membros de “Títeres desde abajo” ordenada pola Audiencia Nacional a semana pasada en Madrid). Así o recollía a web de ESCULCA (-Aquí), de onde tiramos a información. Tamén denuncian a identificación doutras dúas persoas que se interesaron pola sorte do represaliado, que foi abordado por sete ou oito madeiros na Praza Maior de Ourense. Despois de levalo ata un furgón co brazo retorto nas súas costas e tras tirarlle o cartel que motivou a intervención, comunicáronlle que elevarán á Audiencia Nacional a denuncia por se fose constitutiva dun delito de “enaltecemento do terrorismo”.

Deixamos tamén unha esclarecedora entrevista ao mozo represaliado que publicou “SermosGaliza” (-Aquí) :

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: