[Vigo] Comunicado do CSOA Quinta da Carminha en apoio aos titiriteiros detidos.

O pasado día de cinco de febreiro, dous artistas, Alfonso e Raúl, foron detidos e continúan en prisión sen fianza, por facer unha SÁTIRA HUMORÍSTICA dos métodos policiáis cando crean unha montaxe para deter a “elementos subversivos” do estado.

A compañía Títeres desde Abajo, compañeiros e amigos que viñeron representar unha obra ao noso Centro Social hai uns meses, foi contratada polo Concello de Madrid para facer unha representación teatral con títeres. Non viron a representación previamente (se cadra, nin saben o que son os títeres de cachiporra nos que temos visto pegar a bispos, lobos, bruxas, caciques…), catalogada polos autores coma obra para adultos, e a programaron ás catro da tarde, momento no que o lugar da actuación estaba cheo de nenos e pais IMBÉCILES que, ao considerar que o contido da obra non era acorde aos seus gustos ou axeitado para ser visto polos seus fillos, non atoparon unha solución mellor que interrumpir a obra e chamar á policía. Preguntamonos se iso é o que fan cando o contido dun programa da televisión non lles parece axeitado para os seus fillos, en lugar de cambiar de canle, chaman á policía para que deteña ao dono da televisión. Se cadra lles parecen axeitados os contidos de Telecinco ás catro da tarde. Os artistas foron inmediatamente detidos e acusados de enaltecemento do terrorismo e apoloxía da violencia (nin máis nin menos) xa que na obra, un policía pegaba a un manifestante, e unha vez inconsciente, lle poñía unha pancarta de Gora AlkaETA para sacarlle unha foto e poder practicar a detención do manifestante por enaltecemento do terrorismo. Como se puido ver a continuación, debese tratar dunha obra hiper-realista.

A situación poderíase comparar coa detención dun cineasta que tenta retratar os momentos de máxima actividade de ETA en Euskadi e que, rodando unha escea dunha manifestación, exhibise unha pancarta de Gora ETA. Ou coma se rodase unha escea das SS para incluila nunha película da Segunda Guerra Mundial na que se maltrata a un prisioneiro xudeu e o director fora detido por apoloxía do odio etnico. Neses casos, non sería lóxica a súa detención para ninguén. No caso que nos ocupa, nin sequera había unha situación tan explícita. Lembramos que os títeres son bonecos de trapo.

Pero para nós, o máis grave non é a súa detención nin as acusacións que se lle imputan, nin que o equipo de Goberno do Concello de Madrid fora o IRRESPONSABLE que os programou e os chama irresponsables ao tempo que presenta unha denuncia contra eles, nin que foran tan IGNORANTES que consideran que calquera obra teatral feita con títeres, por considerala un xénero menor, é apta para público infantil, nin que Podemos non se posicione en contra destas detencións, nin que a actuación do xuiz Ismael Moreno sente un precedente legal verdadeiramente alarmante ao tratar un boneco coma un instrumento de propaganda. Nin sequera que vivamos nunha sociedade tan esaxerada, superficial, finxida e chea de demagoxia que os pais afectados sexan tratados coma víctimas. TODO ISO NOS PREOCUPA, OFENDE E ENFADA. O que nos parece máis grave é que a sociedade na que vivimos quede retratada unha vez máis coma un grupo de RETRÓGRADOS, IGNORANTES, DESGRACIADOS, ABURRIDOS, FANÁTICOS, SOBERBIOS e ANALFABETOS INTELECTUÁIS E FUNCIONÁIS, e non coma un grupo de individuos do século XXI que respecta a liberdade de expresión e artística, que é do que presumen as sociedades occidentáis desenvolvidas. Se cadra o noso desenvolvemento é só tecnolóxico e, se ben xa o imaxinabamos, toparnos coa situación na que estamos, nos deprime, máis aló de ofensas e enfados: DEPRIMENOS ATA A FARTURA!!

Na Quinta da Carmiña, tratamos de facer un traballo pedagóxico que expanda o pensamento dos individuos que forman parte da nosa sociedade, por medio de actividades artísticas, sociáis, culturáis, políticas, filosóficas ou de calquera outro tipo, organizadas de xeito colectivo, sen ánimo de lucro e partindo da crítica do que non nos parece que funcione ben na nosa sociedade, alonxándonos de dogmatismos e prexuizos. Non esperamos que isto lle teña que gustar a todo o mundo, esperamos que se respecte, e punto. Iso mesmo é o que tratan de facer os detidos coas súas representacións.

É por iso que tamén actuaron no noso Centro Social, representando outra obra, “La Plaza de mi Pueblo” hai uns meses. Tamén de temática para adultos, satírica, irónica e humorística, á que tamén acudiron algúns adultos acompañados dos seus fillos pequenos. Moitos dos pais que acudiron, teñen posicionamentos polítcos e ideolóxicos alonxados dos nosos e dos da propia compañía teatral, e non sabían moi ben de que trataba a obra antes de vela. A pesares de ser unha obra para adultos, os nenos desfrutaron co que entenderon, xa que o humor non ten idade, e os pais riron con eles e se declararon felices de ter levado aos seus críos a ver a obra.

Por suposto, non toda a sociedade queda representada na actuación que leva á detención dos nosos compañeiros, pero o feito de que haxa unha soa persoa adulta que non comprenda o humor satírico coma un xeito máis de expresión, e os títeres coma unha representación artística, insistimos, resulta deprimente.

Nin a pena merece que falemos de toda esa RECUA DE MERDENTOS INDECENTES QUE PARTICIPAN EN TERTULIAS DOS MEDIOS MASIVOS DE COMUNICACIÓN escrita, radiofónica e audiovisual que ofenden profundamente á intelixencia humana utilizando argumentos arcaicos ou sen valor dialéctico para defender a actuación de pais, policía, goberno e xudicatura neste caso, sen teren, sequera, a dignidade de ver aquelo do que falan antes de xulgalo.

E mentres, dobre moral, Je Suis Charlie!!!, pero Títeres desde Abajo na cadea sen fianza, porque rirse de Alá está moi ben por ser un deus alleo, pero rirse da policía está mal porque é unha deidade patria.

Dende o CSOA A Quinta da Carmiña denunciamos a represión contra os artistas e as súas obras, esiximos a posta en liberdade dos nosos amigos Alfonso e Raúl, a retirada da figura xurídica de Enaltecemento do Terrosirmo que, queda constatado polas estatísticas que é unha ferramenta do estado para acabar con calquera que presente unha posición intelectual ou política diferente da que o poder promove, ofrecemos calquera apoio ou colaboración que a compañía e os seus integrantes poidan precisar e lles podamos brindar e continuaremos a loitar para tratar de atenuar os comportamentos enfermizos da nosa sociedade coma conxunto e, por ende, algúns dos seus enfermizos integrantes.

Saúde e liberdade para Alfonso e Raúl, e un cerebro novo para boa parte do resto!!

LIBERDADE PARA ALFONSO E RAÚL XA!!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: