Esperemos que vos interese e inspire.
Saúde!
[Radio] Dous programas novos de «tokata y fuga» e «cabezas de tormenta».
Vos deixamos dous novos programas radiofónicos dende valencia e madrid:
Tokata Y Fuga 6-II-2016. As Mulleres e o cárcere: Vulnerabilidade e insumisión.
Escoitamos unha charla da antropóloga feminista Dores Juliano sobre as condicións de vulnerabilidade e a capacidade de resistencia das mulleres fronte ao sistema penal. Falamos despois con Vane e Pisa do contido da charla; da veterana militante comunista, feminista e anticarceraria Ángela Davis, que está de visita en Euskal Herria, e da insubmisión electoral de Nuria Zurita, que foi condenada recentemente por un tribunal «democrático». Mencionamos, entre outras cousas a data de xuízo contra Mónica e Francisco, fixada recentemente para marzo, cunha petición fiscal de 44 anos para cada un.
Cabezas de tormenta #111 – De Porto Alegre a Manoteras (pasando por Lavapiés)
Neste programa fixémonos eco da concentración do día 11 de xaneiro contra as agresións machistas e a transfobia, no barrio de Lavapiés. Tamén tivemos a dúas compañeiras chegadas desde Porto Alegre que nos falaron sobre o control social e o antiterrorismo como forma de goberno (quizá vos soe familiar?). Un compañeiro da Ofiam falounos da campaña de apoio a Esther, unha muller de Manoteras á que queren encarcerar por roubar roupa nunha gran superficie. Apuntamos tamén ?O cárcere e as súas consecuencias: a intervención sobre a conduta desadaptada?, de Jesús Valverde Molina. Aquí deixámosvos o pdf.
Deixar unha resposta