[Galiza] Novas edicións da Distribuidora Anarquista Polaris

10440801_10203310896367194_532945768638380345_n

Dende pontevedra a Distribuidora Anarquista Polaris envíanos ao correo unhas reseñas das súas novas edicións e os links de descarga. Colamos o correo recibido.

Boas a todas, compañeiras!

Dende a Distribuidora Anarquista Polaris (Pontevedra) queremos presentar as nosas últimas edicións, dous traballos relacionados nesta ocasión coa temática da liberación animal e a súa transversalidade coa crítica ao colonialismo e ao imperialismo centradas nas perspectivas indíxenas, que agardamos sexan do voso agrado e interese. Por suposto, agradecemos calqueira axuda na difusión, así como críticas tanto positivas como negativas (pero sempre constructivas) que queirades aportar. Sen máis, deixámosvos cos materiais e os textos de presentación/introducción correspondentes, xunto aos enlaces de descarga. Saúde, cariñitos e que vivan os fanzines!

Colonialismo, Imperialismo e Liberación Animal

Como persoas veganas e comprometidas coa liberación animal e a loita
antiespecista, témonos atopado con moitos xeitos distintos de tratar de
desacreditar ou de criticar mediante falacias o estilo de vida vegano, e
as eleccións políticas e éticas tanto sociais como persoais que implica.
Unha das máis recentes é aquela que plantexa o veganismo coma un suposto privilexio “primermundista”, que as brancas clase media ou alta
tratarían de impoñer a outras sociedades, civilizacións e culturas do mundo.

Non obstante, pasando por alto que o noso obxectivo nunca foi nin será
privar a ninguén dos medios para a súa subsistencia (de feito, é ao
contrario, e son o especismo e a sociedade industrial os que semellan
perseguir ese fin, e non só con animais de outras especies), e pese a
ser conscientes de que a viabilidade dun estilo de vida vegano varía en
función das condicións de cada territorio, non podemos obviar que as
análises e ensaios de numerosas autoras, dende Jason Hribal e Gary
Francione ata o texto “Bestias de carga” de Antagonism and Practical
History, demostraron que a explotación de animais non-humanos, e toda a maquinaria de cosificación e devaluación sistemática que sempre
sustentou a moral e a ideoloxía especista, son principalmente (aínda que
non soamente, sendo honestas) froito dun Occidente podre, codicioso e
invasor, mentras que aquelas sociedades orixinarias que sufriron a colonización imperialista que roubou as súas terras, esmagou as súas culturas e exterminou ás súas poboacións, mantiveron na súa maioría (con excepcións, claro) unha relación cos animais baseada no respecto contemplándoas coma iguais incluso cando, por necesidade (e non por capricho nin por unha cruel demostración de forza) cazábanos.

De feito, son varias as persoas que, orgullosas da súa orixe indíxena e
nativa, defenderon e asumiron un estilo de vida vegano, ao ver as
conexións que vencellan a opresión que sufriron os seus pobos coa
opresión e exclusión que sufran as animais non-humanas e a natureza.
Nalgúns casos, foron estas compañeiras quenes levaron os seus
compromisos ata as últimas consecuencias e puxeron a súa propia vida e
liberdade en xogo para liberar do seu cautiverio a animais, ou para
destruir os medios usados para a súa explotación. Exemplo disto é a
Western Wildlife Unit, unha célula da Fronte de Liberación Animal que
actuou en EEUU contra a industria peleteira e os seus accionistas, e
cuxas integrantes, nativas americanas, pertencían á Nación Coiote.

Considerando todo isto, para nós, pese a ser un colectivo de persoas
brancas que viven en Europa, non ten sentido plantexar o veganismo coma unha custión imperialista centrada en impoñer os nosos perfectos valores morais occidentais a todo o mundo. Do que se trata é de visibilizar a dinámica de opresión implícita no especismo e con iso amosar os paralelismos existentes entre as distintas formas de dominación,
artellando un movemento forte, capaz de subvertir todas esas estructuras
véndoas coma unha soa, sen perder de vista as particularidades e
aspectos concretos que caracterizan cada unha delas.

Por iso, decidimos traducir ao galego e editar este texto, coa sá
intención de profundizar no debate, e de deixar claro dunha vez por
todas que o veganismo non só é compatible co respecto e a valoración das costumbres e cultura dos demáis pobos do mundo, senón que de feito é o imperialismo occidental o que, con frecuencia, exporta a mentalidade especista a outros lugares e sociedades onde non existía, e impón un xeito único de relacionarse cos animais e coa natureza.

Para descargar en galego:

– Portada:
https://distripolaris.noblogs.org/files/2016/02/Portada-zine-Colonialismo-galego.pdf
– Corpo:
https://distripolaris.noblogs.org/files/2016/02/Colonialismo-Imperialismo-e-Liberación-Animal.pdf

Para descargar en castelán:

– Portada:
https://distripolaris.noblogs.org/files/2016/02/Portada-zine-Colonialismo.pdf
– Corpo:
https://distripolaris.noblogs.org/files/2016/02/Colonialismo-Imperialismo-y-Liberación-Animal.pdf

·····

Veganismo e lendas Mi’kmaq: As nativas feministas comen tofu

O texto que presentamos aquí é un escrito de Margaret Robinson,
activista e investigadora feminista, vegana e bisexual de orixe nativa e
que actualmente vive en Toronto. Os campos do seu traballo van dende a
saúde mental e a patoloxización das identidades de xénero ou as
orientacións sexuais non heteronormativas, ata a teoría queer, a
socioloxía ou as ciencias políticas, pasando pola teoloxía feminista e a
influencia ecofeminista nas comunidades nativas postcoloniais.

En “Veganism and Mi’kmaq legends: Feminist natives do eat tofu”
(Veganismo e lendas Mi’kmaq: As nativas feministas comen tofu), Robinson realiza unha reinterpretación das principais lendas do folclore Mi’kmaq, coa intención de atopar paralelismos que conecten a ética antiespecista coa construcción moral e social Mi’kmaq da súa relación coas e cos animais non-humanos, y coa natureza. A través desta revisión, Robinson racha co estereotipo especista que asocia o veganismo a un privilexio “primermundista” das persoas blancas, económicamente solventes e urbanitas, e demostra que o veganismo non só é compatible coa cultura, tradicións e identidade do pobo Mi’kmaq, senón que de feito é, posiblemente, o único xeito que hoxe en día o pobo Mi’kmaq ten para conservar o seu arraigo ante as deformadas versións das súas tradicións que lles devolveron os xenocidas colonizadores, e ser consecuente coa súa propia historia e pasado, un pasado por outra banda en continua revisión.

Para nós, este texto supón un importante paso na configuración dunha
historiografía rupturista coa hexemonía ideolóxica do especismo,
prominente na cultura branca e occidental, pero bastante ausente sen
embargo en moitas culturas indíxenas ou nativas onde, con todo,
desenvolveuse artificialmente debido ao contacto forzado e tardío destes
pobos coa cultura e os mitos da sociedade branca, xudeocristiá,
imperialista, industrial e patriarcal de Occidente, dende a época
colonial ata a era contemporánea. Por esta razón, decidimos traducir o
texto ao galego dende a súa versión orixinal en inglés, e difundilo nun
formato accesible, pola rede e na rúa.

Agardamos aportar con isto o noso propio graniño de area na demolición
dos mitos antropocentristas, e no avance da ética cara unha nova
posición na que sexan valorados e considerados os intereses de todas as
especies, independentemente de se teñen pico, colmillos ou mandíbulas
rumiantes, se corren, voan, saltan ou nadan, se muxen, ouvean, graznan
ou falan.

Por un mundo sen gaiolas nin autoridade, pola liberación total…

Para descargar en galego:

– Portada:
https://distripolaris.noblogs.org/files/2016/02/Portada-galego.pdf
– Cuerpo:
https://distripolaris.noblogs.org/files/2016/02/Veganismo-e-lendas-Mikmaq.pdf

Para descargar en castelán:

– Portada: https://distripolaris.noblogs.org/files/2016/02/Portada.pdf
– Cuerpo:
https://distripolaris.noblogs.org/files/2016/02/Veganismo-y-Leyendas-Mikmaq.pdf

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: