Data de xuízo de Mónica Caballero e Francisco Solar

Traducimos este comunicado que nos remiten por correo dende Barcelona.

justice

O pasado mércores 3 de febreiro fixouse a data do xuízo de xs anarquistas Mónica Caballero e Francisco Solar, no que terán que enfrontar unha petición fiscal de 44 anos de prisión polos cargos de ?pertenza a organización terrorista, estragos, lesións e conspiración?. O xuízo levará a cabo na sede da Audiencia Nacional de San Fernando de Henares os días 8, 9 e 10 de Marzo e nos próximos días serán trasladadxs a cárceres madrileños.

Case seis anos despois da construción do denominado Caso Bombas por parte do Estado chileno, onde ambxs foron ercarceradxs, xuzgadxs, condenadxs e finalmente absoltxs, e máis de dous anos despois das súas detencións no Estado español, Mónica e Francisco volverán estar nun tribunal ante xuíces e fiscais. O proceso legal contra xs compañeirxs visualizou o traballo de xestión conxunta dos Estados chileno e español en materia antiterrorista, acompañado do habitual linchamento mediático propio destes casos. Foi tamén a punta de lanza do actual contexto represivo que se abalanza contra as loitas, xa que se tratou da primeira da serie de operacións antiterroristas preparadas polo Estado durante estes dous últimos anos contra anarquistas e antiautoritarixs, que imputaron ao redor de 40 persoas por terrorismo.

Ante as arremetidas do Estado e as súas diferentes formas de illar, intimidar ou perseguir as loitas e a quen formo parte delas, xs anarquistas e loitadores/as temos a capacidade de afiar as nosas palabras e prácticas cuestionando as súas moldes cidadáns, atopando noso propio abecedario para a superación da linguaxe do inimigo e defendendo as nosas loitas e vínculos evitando caer en posturas victimistas, máis aló da lóxica inocentista e/ou culpabilizadora. Desde este lugar enfrontáronse Mónica e Francisco ao peche e desta forma impulsamos a solidariedade.

Na negación da autoridade e a súa lexitimidade creada para xulgarnos, na reafirmación das ideas, prácticas e complicidades rebeldes, pola axitación constante e a solidariedade combativa. Sempre cxs que loitan.

FORZA E LIBERDADE PARA MÓNICA E FRANCISCO E TODXS XS LOITADORES/AS PRESXS E PERSEGUIDXS! LIBERDADE PARA TODXS!

ABAIXO TODOS OS MUROS!

Barcelona, febreiro de 2015

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: