[Pontevedra] O alcalde do BNG a prol de facilitar á BRILAT seu desfile do 50 aniversario polas rúas da cidade

12650803_1685812328343398_7470273283344364443_n Colamos de Pontevedra Viva (a imaxen está recollida dunha rede social) este artigo de Carolina Buceta, onde o alcalde do BNG amosase disposto a facer comandita con as forzas armadas españolas(???) e colgan un audio con estas súas declaracións: “temos unha relación institucional ampla en muitos sentidos porque a BRILAT sempre colabora co concello en actividades deportivas, de voluntariado, no tema de incendios forestais e tal, e por tanto nós estamos abertos a colaboración e se eles necesitan espazos para facer actividades e tal, pois nós vamos a buscar a maneira de compaxinar todo e facelo posible (sic).

O xeneral xefe da Brigada de Infantería Ligera (Brilat), Luís Cebrián Carbonell, propón ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a celebración do desfile militar de conmemoración do seu 50 aniversario no centro da cidade. Sería a primeira vez que o acto co que a Brigada celebra cada ano o seu aniversario se celebrara polas rúas de Pontevedra e farase este ano porque se trata dos seus 50 anos.

A proposta inclúe tamén o desenvolvemento doutras actividades complementarias, como unha exposición de materiais ou un concerto con pasarrúas de bandas militares, todo co obxectivo de os pontevedreses poidan “asistir al acto libremente y mezclarse con la que es su brigada”, declarou Cebrián Carbonell. Suporía que ‘invadisen’ o centro uns 2.200 soldados, o plantel actual da Brigada na base General Morillo de Figueirido.

Os actos levaranse a cabo no centro da cidade a principios do próximo mes de setembro, posiblemente durante o segundo fin de semana. No caso do desfile, trátase do tradicional desfile militar realizado o 7 de xuño na base de Figueirido, pero este ano non se poderá realizar nestas datas, debido a un exercicio militar da Alianza Atlántica en Polonia, no que participarán preto de 1.000 soldados da base. Ao atoparse fora de España, no podería celebrarse o desfile nas súas datas habituais e queda posposto.

Presentación da noticia por Xan do Can

Advertisements

3 Respostas to “[Pontevedra] O alcalde do BNG a prol de facilitar á BRILAT seu desfile do 50 aniversario polas rúas da cidade”

  1. […] 10ª [Pontevedra] O alcalde do BNG a prol de facilitar á BRILAT seu desfile do 50 aniversario polas rúa… […]

  2. […] do seu apego militarista quando em fevereiro de 2016 celebrara a BRILAT, com grande boato, o seu 50 aniversário desfiando polas ruas da cidade do Lérez; e mais quando há só uns dias faziam-se eco da notícia que remitia ás palavras do novo general, […]

  3. […] do seu apego militarista quando em fevereiro de 2016 celebrara a BRILAT, com grande boato, o seu 50 aniversário desfiando polas ruas da cidade do Lérez; e mais quando há só uns dias faziam-se eco da notícia que remitia ás palavras do novo general, […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: