[Brasil/Chile]: Entrevista ao avogado de Mauricio Hernandez Norambuena a 14 anos da súa detención (Vídeo)

Recollemos (traducido) da Publicación Refractario este vídeo da entrevista realizada polxs compañeirxs de Voz en Fuga e máis o recordatorio da historia do chileno Mauricio Hernandez Norambuena membro do Frente Patriótico Manuel Rodríguez (FPMR), quen hoxe a 14 anos de peche en brutais condicións de illamento no Brasil, cos seus 57 anos de idade segue digno e facéndolle fronte ao exterminio sistemático con que pretenden sometelo, cun réxime de 22 horas de peche e 2 horas de patio, mantén unha visita semanal que dificilmente se realiza debido ás extensas e agrestes distancias xeográficas.

O 30 de Decembro de 1996 un helicóptero fuxía/rescataba a 4 prisioneiros subversivos, membros do FPMR, desde o Cárcere de Alta Seguridade deixando en ridículo as condenas impostas pola inquisición democrática.

6 anos despois, o 02 de Febreiro do 2002 Mauricio Hernandez Norambuena é detido xunto con outras seis persoas en Brasil acusadas de participar no secuestro do empresario Washintong Olivetto no marco de accións internacionalistas para recadar fondos.

Durante os primeiros anos, ata o 2007 Mauricio permaneceu detido baixo un réxime de extremo illamento denominado “Réxime disciplinario Diferencial”, que se caracteriza por un illamento completo 24 horas só sen poder falar nin cos carcereiros. Tras este extenso período de illamento completo foi trasladado á prisión de Paraná (próxima á fronteira con Paraguai) ata o agosto do 2010 onde volveu ser trasladado ao cárcere federal de Campo Grande, en Matogueira Grosso do Sul. Finalmente en marzo do 2015 Mauricio volve ser trasladado, esta vez ao cárcere federal de Porto Velho, en Rondonia, en plena selva amazónica, illado de calquera cidade dificultando en extremo calquera visita ou contacto co exterior.

Solidariedade con Mauricio Hernandez!

Solidariedade con xs prisioneirxs da Guerra Social!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: