8, 9 e 10 de Marzo datas para o xuízo contra xs compañeirxs Francisco e Monica
Colamos (traducido) da Publicación Refractario:
Tras mais de dous anos en prisión preventiva, a nauseabunda Audiencia Nacional decidiu fixar para os días 8, 9 e 10 de Marzo do 2016 o xuízo contra xs compañeirxs Monica e Francisco.
Durante aqueles días xs compañeirxs serán levadxs ao altar da súa xustiza, nun novo ritual inquisitorio contra coñecidxs compañeirxs anarquicxs.
Desde as prisións e no pulso da guerra, Monica e Francisco non deixaron de combater e enfrontar ao dominio, así en Chile como en España.
Os miserables de toga defensores do Estado, o Rey e a caste clerical pretenden encarcerar os corpos de nosxs compañeirxs por 40 anos máis. Ninguén cun corazón que latexa pola liberación pode permanecer indiferente.
Hoxe a distancia non pode ser escusa, non serve nin a magoa nin a inxenua preocupación sen un actuar revolucionario e concreto.
Esperar? Non hai nada que esperar!. A Desatar Toda A Nosa Solidariedade!
Todo xesto, forma e iniciativa serve para frear as intencións de exterminio da xustiza española. Desde o panfleto ata a acción, desde a axitación aos feitos, que o apoio multiforme tómese as rúas.
Solidariedade insurrecta e internacionalista con xs compañeirxs Monica Caballero e Francisco Solar!
A construír redes solidarias pola liberación de Monica e Francisco!
Deixar unha resposta