[Tesalónica, Grecia] Accións previas con motivo da folga xeral de hoxe 4 de febreiro

Hoxe en Grecia hai declarada unha Folga Xeral e con tal motivo en Tesalónica, a “Asemblea aberta dos barrios occidentais” e a “Colectividade de anarquistas do leste” realizaron varias accións uns días antes. A continuación publicamos o texto dalgúns dos volantes tirados durante as accións, e o texto informativo sobre elas, que traducimos e recollimos do Verba Volant:

O texto dalgúns dos volantes tirados (foto):

É bonito vivir pacíficamente, pero só baixo a condición de que non sexas escravo.

O traballo por 500 euros é motivo de guerra.

O traballo ata os 67 anos e o non poder conseguir unha pensión que che asegure unha supervivencia decente é motivo de guerra.

O proxecto de lei-sepultureiro da seguridade social é motivo de guerra.

O traballo sen seguridade social, o traballo con vouchers, o traballo temporal por cinco meses, os contratos individuais, o traballo en domingo, os horarios flexibles, son motivo de guerra.

O texto informativo:

Desde Kordelió ata Kalamariá, machucamos aos fascistas e aos patróns.

Tendo en conta esta consigna, e con motivo da colaboración entre as nosas colectividades para as mobilizacións da folga do 4 de febreiro contra a lei que disolve a seguridade social, compañeiros e compañeiras da “Asemblea aberta dos barrios occidentais” e da “Colectividade de anarquistas do leste”, realizamos accións extensas nos barrios do leste e do oeste de Tesalónica.

Repartíronse miles de textos, tiráronse miles de volantes, pegáronse ducias de carteis que chaman á folga, que articulan un discurso contra o fascismo e o menosprezo das nosas vidas no nome da crise, que poñen de manifesto a necesidade da organización dos oprimidos sen xerarquías, nos lugares de traballo, nas escolas, nas universidades e nos barrios. Á vez realizáronse intervencións (accións) coordinadas, despregando pancartas, nas zonas industriais situadas nos arredores da cidade: Na zona oeste en Sindos (ver fotos), e na zona este en Termi.

Contra a ofensiva continuada e intensificada do Estado e do Capital contra “os de abaixo” deste mundo, contra o racismo, a delegación, o derrotismo, propoñemos a solidariedade, a auto-organización, a resistencia. Para non traballar ata morrer, e para non vivir como escravos.

O 4 de febreiro e cada día, todos e todas á rúa. Organización e loita en cada barrio.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: