[Madrid] “Todo por Hacer” cumpren 5 anos!!

Colamos (traducido) este seu artigo ao respeito (a imaxen é do seu nº 1 de febreiro de 2011) e desde aquí dámoslle os nosos sinceiros parabéns e manifestamos o noso desexo de que sigamos colabourando por muitos anos:

Parece mentira que o xornal leve vendo a luz, mes tras mes, todo un lustro. É encomiable a cantidade de tempo e recursos que se investiron para logralo.

Estamos profundamente agradecidos/as a todas as persoas que pasastes por este proxecto, e ilusionados/as ante a perspectiva de que cheguedes outros/as novos/as. Ás veces contentos/as, outras fartos/as, ilusionados/as e queimados/as, con novas propostas, ideas, seccións, tolemias, un proxecto sempre presente nas nosas cabezas. Un esforzo sen fin para dar un punto de vista diferente da actualidade ou unha volta de porca aos temas que nos tocan de preto ou nos chegan de lonxe.

Un espazo en papel para toda a xente que queira achegarse ás ideas libertarias. Unha posta en práctica daquilo no que cremos. Unha dirección: a loita é o único camiño Unha mensaxe: aínda está todo por facer.

Grazas a todos/as os/as que o facedes posible. Seguimos adiante.

Unha resposta to “[Madrid] “Todo por Hacer” cumpren 5 anos!!”

  1. […] do seu site, de onde podedes descargar (aquí) o nº 61 de febreiro desta publicación que, como contábamos onte, cumpriu 5 anos de […]

Deixa unha resposta a [Madrid] Xa está dispoñible para descargar o nº 61 de “Todo por Hacer” (Febreiro 2016) | abordaxe Cancelar a resposta